Pedre, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 15:
'''Santo Estevo de Pedre''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Cerdedo]], na [[comarca de Tabeirós - Terra de Montes]].
 
== Poboación ==
Segundo o INE, en 2010 vivían en Pedre 215 veciños (115 mulleres e 105 homes), un 2,38% máis que o ano anterior (había 210 veciños). Ata o 2005 (con 191 veciños), a parroquia tiña un modelo poboacional normal do rural galego (baixadas de poboación pequenas pero constantes). Pero dende ese ano, todo cambiou, a poboación volveu despegar e 3 anos despois eran 222 os residentes. Preséntanse dende entón subidas e baixadas dependendo do ano.
 
Liña 29:
A estes ritmos, en 2015 a poboación da parroquia será aproximadamente duns 240 veciños, case un 12% máis que en 2010.
 
== Historia ==
No lugar da Ponte do Barco foron paseados e asasinados o [[13 de agosto]] de [[1936]] [[Francisco Arca Valiñas]] e [[Secundino Bugallo Iglesias]], traballadores de [[Figueiroa, Cerdedo|Figueiroa]] e militantes da [[CNT]]. Na súa memoria, o 12 de agosto de 2006 a asociación ecoloxista e cultural [[Verbo Xido]] instalou nese lugar unha placa, coa inscrición "morreron pola liberdade". Esa placa sufriu tres ataques impunes en menos dun ano desde a súa inauguración, porén, foi reinstalada tódalas veces.
 
== Patrimonio ==
[[Ficheiro:SLSerrapio.jpg|miniatura|dereita|250px|Capela de San Lourenzo en Serrapio.]]
Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do [[século XVIII]]. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.
Liña 48:
En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Pedre, Cerdedo}}
<gallery>
Ficheiro:Ponteromanapedre.jpg|Ponte romana sobre o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]].
Liña 59:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Pedre ===
{{Lp Pedre}}
=== Parroquias de Cerdedo ===
{{Cerdedo}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Cerdedo]]
 
[[Categoría:Parroquias de Cerdedo]]