Partos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "elexido" por "elixido"
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 8:
O nome [[latín|latino]] ''Parthia'' deriva do [[lingua persa|antigo persa]] ''Parthava'' ou ''Partawa'', que era a designación que se daban a si mesmos os partos no seu [[lingua parta|idioma]], e que significaba "dos partos".
 
== Xeografía ==
Partia correspóndese en liñas xerais coa metade occidental do [[Gran Khorasán|Khorasán]]. Estaba limitada pola cadea montañosa [[Kopet Dag]] no norte, o que hoxe sería a fronteira entre Irán e [[Turkmenistán]], e o deserto de [[Dasht-e-Kavir]] no sur. Limitaba con [[Medos|Media]] no oeste, [[Hircania]] no noroeste, [[Marxiana]] no nordeste e [[Aria (Afganistán)|Aria]] no sueste.
 
Durante a época arsácida, Partia uniuse con Hircania, que hoxe queda en parte en Irán e en parte en Turcomenistán, como unha soa unidade administrativa, e esa rexión é polo tanto frecuentemente, segundo o contexto, considerada unha parte da propia Partia.
 
== Historia ==
=== Baixo os aqueménidas ===
Os partos orixinalmente eran una tribo pertencente aos [[escita]]s, que se distinguían por seren criadores de cabalos, camelos bactrianos e por seren comerciantes da [[Ruta da seda]], co nome de [[parnos]] (parni ou aparni), e que residían no sueste do [[Mar Caspio]]. Despois de conquistar a provincia persa de [[Partia]] adoptaron o nombre de '''partos''', derivado deste lugar.
[[Ficheiro:Darius-Vase.jpg|miniatura|160px|dereita|'''Darío I''', ''O Grande'', rei dos persas.]]
Liña 20:
Como unha rexión habitada polos partos, Partia aparece por primeira vez como unha [[entidade política]] nas listas [[aqueménidas]] dos gobernos locais ("satrapías") baixo o seu dominio. Antes diso, os pobos da rexión parece que estiveran sometidos aos [[Medos]],<ref>Diakonoff, I. M. (1985): "Media I: The Medes and their Neighbours", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2''. Cambridge University Press, páx. 127.</ref> e textos [[asiria|asirios]] do [[século VII]] mencionan un país chamado ''Partakka'' ou ''Partukka'' (aínda que pode que non coincidira topograficamente co que logo foi Partia).<ref>Diakonoff, ''Op. cit.'' páx. 104.</ref>
 
De calquera maneira, un ano despois de que [[Ciro I]] derrotase ao medo [[Astiaxes]], Partia converteuse nunha das primeiras provincias en recoñecer a Ciro como o seu gobernante, "e esta alianza asegurou os flancos orientais de Ciro e lle permitiron dirixir a primeira das súas campañas imperiais contra [[Sardes]]".<ref>Mallowan, Max (1985): "Cyrus the Great", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2'', Cambridge University Press, páx. 406.</ref> Segundo as fontes gregas, despois de que [[Darío I]] se fixera co trono aqueménida, os partos uníronse co rei medo [[Fraortes, rei medo|Fraortes]] para rebelarse contra el. [[Histaspes]], o gobernador aqueménida da provincia, conseguiu reprimir a revolta, o que parece que ocorreu contra aos anos [[522]] a.C. / [[520]] a.C.
 
A primeira mención irania indíxena de Partia está na [[inscrición de Behistún]] de Darío I, onde Partia está incluída entre as satrapías cerca de [[Drangiana]]. A inscrición data de ao redor do ano [[520]] a.C. O centro da administración "puido estar no [o que máis tarde sería coñecido como [[Hecatómpilo]]".<ref>Cook, J. M. (1985): "The Rise of the Achaemenids and Establishment of their Empire", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2'', Cambridge University Press, páxs. 200-291.</ref> Os partos tamén aparecen na lista de pobos sometidos aos aqueménidas de [[Heródoto]]; o historiador trata aos partos, corasmianos, sogdianos e areicos como pobos dunha soa satrapía (a 16ª),<ref>Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref> cuxo tributo anual ao rei di Heródoto que era de tan só 300 talentos de prata.<ref> Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref> Isto "causou con razón inquietude aos modernos eruditos".<ref>Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref>
Liña 26:
Na [[batalla de Gaugamela]], en [[331]] a.C., entre as forzas de [[Darío III]] e as de [[Alexandre Magno]], unha de tales unidades partas era comandada por [[Fratafernes]], que daquela era o gobernador aqueménida de Partia. Tras a derrota de Darío III, Fratafernes entregou o seu goberno a Alexandre cando o macedonio chegou alí no verán de [[330]] a.C. Fratafernes foi nomeado de novo gobernador por Alexandre.
 
=== Baixo os seléucidas ===
[[Ficheiro:BattleofIssus333BC-mosaic-detail1.jpg|miniatura|esquerda|250px|[[Alexandre Magno|Alexandre]] combate contra o rei persa [[Darío III]] na [[batalla de Issos]]. <br><small>Detalle do mosaico da ''Casa do Fauno de Pompeia''. (Museo Arqueolóxico Nacional de [[Nápoles]])</small>.]]
[[Ficheiro:AndragorasCoinHistoryofIran.jpg|miniatura|250px|esquerda|Moeda de Andrágoras, o último sátrapa seléucida de '''Partia'''. Proclamou a independencia de Partia ao redor do ano [[250]] a.C.]]
Liña 38:
En [[247]] a.C., despois da morte de [[Antíoco II Theos]], [[Ptolomeo III]] tomou o control da capital seléucida en [[Antioquía]], e "desta maneira deixou o futuro da dinastía seléucida por un momento en cuestión".<ref>Bivar, A. D. H. (2003): "Pre-Islamic History", ''Encyclopaedia Iranica, 11'', New York: Iranica.</ref> Aproveitando a incertidume da situación política, [[Andrágoras (século III a. C.)|Andrágoras]], o gobernador seléucida de Partia, proclamou a súa independencia e comezou a cuñar as súas propias moedas.
 
"Un home chamado [[Arsaces I|Arsaces]], de orixe escita ou bactriana, [foi] elixido líder dos [[Parni]]",<ref>Bivar, A.D.H. (1983), "The Political History of Iran under the Arsacids", in Yarshater, Ehsan, ''Cambridge History of Iran, 3.1'', London: Cambridge Umiversity Press.</ref> uns pobos iranios orientais do val do río Taxen, ao sueste do [[Mar Caspio]].<ref>Lecoq, Pierre (1987): "Aparna"", ''Encyclopaedia Iranica, 2'', New York: Routledge & Kegan Paul, páx. 151.</ref> Despois da secesión de Partia con respecto ao Imperio seléucida e a consecuente perda do apoio militar seléucida, Andrágoras tivo dificultades para manter as fronteiras e, contra o ano [[238]] a.C., baixo o mando de "Arsaces e o seu irmán [[Tirídates I de Partia|Tirídates]]"<ref>Bivar, ''Op. cit.'', páx. 29.</ref> os Parni invadiron Partia e tomaron o control de Astabene (Astawa), a rexión setentrional de aquel territorio, cuxa capital administrativa era Kabuchan.<ref>Bickerman, Elias J. (1983): "The Seleucid Period", in Yarshater, Ehsan, ''Cambridge History of Iran, 3.1'', Cambridge University Press, páx. 19.</ref>
 
Desde [[250]] a.C. a [[238]] a.C. os partos conquistaron, baixo o seu rei [[Arsaces]], as rexións persas do Imperio dos [[seléucida]]s e renovaron desta maneira o [[Imperio persa]].
 
Un pouco despois de que os parni tomaran o resto de Partia a Andrágoras, matárono no proceso. Aínda que unha inicial expedición punitiva dos seléucidas con [[Seleuco II]] non tivo éxito, os seléucidas baixo [[Antíoco III o Grande]] recuperaron o territorio controlado polos arsácidas en [[209]] do sucesor de Arsaces (ou Tirídates), [[Arsaces II]]. Arsaces II pediu a paz e aceptou un status de vasalo,<ref>Bivar, ''Op. cit.'' páx. 29.</ref> e non foi até o tempo do neto de Arsaces II (ou seu sobriño-neto) [[Fraates I de Partia|Fraates I]]
cando os arsácidas/Parni comezarían de novo a afirmar a súa independencia.<ref>Bivar, ''Op. cit.'', páx. 31.</ref>
 
== O Imperio parto ==
Desde a súa base en Partia, os [[Imperio arsácida|arsácidas]] co tempo estenderon o seu dominio até incluír nel a maior parte do [[Irán|Gran Irán]]. Incluso cuando os arsácidas só esporadicamente tiveron a súa capital en Partia, a base do seu poder estaba alí, entre as familias feudais partas, de cuxo apoio militar e financeiro dependían os arsácidas. A cambio do seu apoio, estas familias recibiron amplas concesións de terra nos territorios conquistados adxacentes a Partia, que a nobreza parta entón gobernou como gobernadores provinciais. As máis grandes destas [[entidade política|cidades-estado]] foron [[Kuchan]], [[Semnán]], [[Gorgan]], [[Merv]], [[Zabol]] e [[Yazd]].
[[Ficheiro:Imperio Parto.png|miniatura|esquerda|250px|Imperio parto na súa máxima expansión, a finais do [[século I]] a.C.]]
Liña 62:
 
[[Ficheiro:ParthianHorseman.jpg|miniatura|200px|Xinete parto, actualmente exposto no ''Palacio Madama de [[Turín]]''.]]
[[Ficheiro:ParthianWarrior.jpg|miniatura|200px|Reprodución dun arqueiro parto tal como está representado na [[Columna de Traxano]].]]
Pouco despois do seu primeiro encontro cos romanos, o Imperio parto convértese en rival de [[Roma Antiga|Roma]] para conseguir a hexemonía ao leste do [[Mediterráneo]]. Unha infinidade de confrontacións militares caracterizou desde entón a relación entre os dous estados.
 
Liña 87:
O poder militar dos partos residía sobre todo na súa cabalaría con arqueiros, a súa cabalaría pesada, os ''Katafraktoi'' ou [[catafracto]]s, e os ''Klibanoforoi''.
 
== O fin baixo os sasánidas ==
No [[século II]] d.C. as guerras con Roma e cos nómades, e as loitas internas entre a nobreza parta, debilitara aos arsácidas até o punto de que xa non podían defender os territorios sometidos. O imperio dividiuse conforme os vasalos comezaron a reclamar a súa independencia ou eran sometidos por outros. O ano [[200]] empezou un levantamento en Persia baixo [[Ardacher I]], membro da dinastía sasánida. Os arsácidas finalmente foron derrocados polos [[Imperio sasánida|sasánidas persas]], que anteriormente eran un vasalo menor do sueste de Irán. Ardacher matou en abril de [[224]] ao último rei parto [[Artabán IV]]. Ardacher foi coroado rei e fundou a dinastía dos [[sasánida]]s.
 
Baixo o goberno [[sasánida]], Partia foi incorporada á provincia recentemente formada, [[Gran Khorasán|Khorasán]], e por tanto deixou de existir como unha entidade política. Parte da nobreza parta seguiu resistíndose ao dominio sasánida durante algún tempo, pero a maior parte cambiaron a súa alianza cos [[Persia|persas]] moi pronto. Varias familias que reclamaban descender das familias nobres partas convertéronse nunha institución sasánida chamada as "[[Sete clans partos|Sete dinastías]]", cinco das cales son "con toda probabilidade" non partas, pero inventaron xenealoxías "para enfatizar a antigüidade das súas familias".<ref>Lukonin, Vladimir G. (1983): "Political, Social and Administrative Institutions", in Yarshater, Ehsan, ''Cambridge History of Iran, 3.2'', Cambridge University Press, páx. 704.</ref>
 
== Organización política ==
Politicamente tratábase dun estado [[feudalismo|feudal]] onde se instauraron condados dinásticos. O goberno central tiña pouca importancia, mentres que o poder dos [[nobreza|nobres]] si o era. A falta de autoridade sobre o Imperio por parte do rei conlevou a inestabilidade no trono, e as loitas internas eran constantes. No ámbito [[cultura|cultural]]l os partos eran tolerantes e estaban abertos sobre todo á [[helenismo|cultura helenística]], aínda que no comezo da nosa era empezaron a dar máis importancia á influencia irania.
 
== Lingua e literatura ==
{{APArtigo principal|lingua parta}}
Os partos falaban [[lingua parta|parto]], un idioma iranio noroccidental relacionado co [[lingua meda|medo]]. Non sobrevive nada da literatura parta anterior ao período sasánida na súa forma orixinal,<ref>Boyce, Mary (1983): "Parthian writings and literature", in Yarshater, Ehsan, ''Cambridge History of Iran, 3.2'', Cambridge University Press, páx. 1151.</ref> e parece que puxeron por escrito só unha pequena parte. Os partos, porén, tiveron unha cultura oral de poetas xograres, até o extremo de que a súa palabra para xograr –''gosan''– sobrevive até a actualidade en moitos idiomas iranios.
 
Liña 105:
Os arsácidas partos non parece que usaran o parto até relativamente tarde, e a linguaxe aparece por primeira vez en moedas arsácidas durante o reinado de [[Vologases I de Partia|Vologases I]] ([[51]] - [[58]]).<ref>Boyce, ''Op. cit.'', páx. 1153.</ref> A evidencia de que o uso do parto foi de todos modos amplo vén dos primeiros tempos sasánidas; as declaracións dos primeiros reis [[Persia|persas]] foron —ademais do seu persa medio nativo— tamén inscritas en parto.
 
== Sociedade ==
[[Ficheiro:ParthianWaterSpoutWithFaceOfIranianMan1-2ndCenturyCE.jpg|180px|miniatura|Gárgola parta, séculos I - II.]]
As cidades estado de "certo tamaño considerábel" existían xa en Partia tan cedo como no [[I]] milenio a.C., "e non só desde a época dos aqueménidas ou os seléucidas".<ref>Schippmann, ''Op. cit.'' páx. 532.</ref>
Liña 117:
Pouco se sabe da economía parta, pero a agricultura debeu de ter o máis importante papel nela. O comercio significativo ocorreu por primeira vez co establecimiento da ruta da seda, en [[114]], cando [[Hecatómpilos]] se converteu nun importante cruce de camiños.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Bickerman, Elias J. (1983): "The Seleucid Period" in ''Cambridge History of Iran'' volume 3.1. Cambridge University Press. Ed. Ehsen Yarshater, páxs. 3-20.
* Bivar, A. D. H. (1983): "The Political History of Iran under the Arsacids" in ''Cambridge History of Iran'' volume 3.1. Cambridge Unuiversity Press. Ed. Ehsen Yarshater, páxs. 21-99.
Liña 134:
* Yarshater, Ehsan (2006): "Iran ii. Iranian History: An Overview" in ''Encyclopaedia Iranica'', volume 13. New York: Iranica.
 
=== Outros artigos ===
* [[Dinastía aqueménida]]
* [[Imperio sasánida]]
* [[Persia]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.transoxiana.org/0106/venetis-mozoor_cristianismo_imperio_parto.html Venetis-Mozdoor - O establecemento e desenvolvemento do cristianismo no Imperio parto (Primeira centuria - 224/6 D.C.) - Transoxiana 6] {{es}}
* [http://revistaorientalia.blogspot.com/2007/07/se-encuentran-ceramicas-de-la-dinastia.html Cerámica da Dinastía parta] {{es}}