Diferenzas entre revisións de «Parede celular»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
(lingua)
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
A '''parede celular''' é unha capa ríxida situada por fóra da [[membrana plasmática]] nas [[célula]]s de [[planta]]s, [[alga]]s, [[Fungo (bioloxía)|fungofungos]]s, [[bacteria]]s e [[arquea]]s. Protexe o contido da célula, dá rixidez á estrutura celular, funciona como mediadora en todas as relacións da célula co seu contorno e actúa como compartimento celular. Ademais, no caso de fungos e plantas, define a estrutura e outorga soporte aos tecidos.
 
A parede celular constrúese de diversos materiais dependendo da clase de organismo. Nas [[plantae|plantas]], a parede celular componse sobre todo dun [[polímero]] de [[carbohidrato]] denominado [[celulosa]], un [[polisacárido]], e pode actuar tamén como almacén de carbohidratos para a [[célula]]. Os fungos presentan paredes celulares de [[quitina]], outro polisacárido, e as algas teñen tipicamente paredes construídas con polisacáridos e [[glicoproteína]]s. Non obstante, algunhas especies de algas poden presentar unha parede celular de composición inorgánica [[silicio|silícica]] ([[diatomeas]]) ou carbonatada (Dasycladales). A miúdo aparecen outras moléculas accesorias integradas na parede celular.
Nas [[bacteria]]s, a parede celular componse de [[peptidoglicano]]. Entre as [[archaea|arqueaarqueas]]s atopamos paredes celulares con distintas composicións químicas, incluíndo [[capa S|capas S]] de [[glicoproteína]]s, [[pseudopeptidoglicano]] ou [[polisacárido]]s.
 
== Parede celular vexetal ==
Considéranse proteínas estruturais da parede celular vexetal as seguintes: [[extensina]]s ou proteínas ricas en [[hidroxiprolina]], proteínas ricas en [[prolina]], proteínas ricas en [[glicina]] e [[arabinogalactana]]s.
 
Incluídas na rede de polisacáridos e proteínas, encóntranse diversas proteínas solubles, algunhas delas son [[enzima|encimaencimas]]s relacionados coa produción de nutrientes como a [[glicosidase]], encimas relacionados co metabolismo da parede como as xiloglucano-transferases, [[peroxidase]]s e [[lacase]]s, proteínas relacionadas coa defensa, e proteínas de transporte.
 
=== Bioxénese da parede celular vexetal ===
A parede celular vexetal orixínase durante a [[división celular]], a partir de vesículas que proveñen do [[aparato de Golgi]]. Estas vesículas, cheas dos compoñentes da parede celular, localízanse no [[fragmoplasto]], formado por un conxunto de microtúbulos e vesículas dispostos no centro da célula en división. No '''fragmoplasto''' fusiónanse as vesículas do aparato de Golgi, formando a chamada '''[[placa celular]]''' a cal crece desde o centro da célula en división, ata poñerse en contacto coas paredes laterais, orixinando a parede divisoria. Os [[plasmodesmo]]s fórmanse á vez que esta parede.
 
Unha vez formada, a parede celular crece por deposición de capas sucesivas de '''celulosa'''. En cada capa, a orientación das microfibrilas de celulosa está guiada polo [[citoesqueleto]] do interior da célula, concretamente polos [[microtúbulo]]s corticais, os cales alinean o complexo encimático responsable da síntese de celulosa, que é a [[celulosa sintase]] da membrana plasmática.
Os [[Oomycetes]] son un grupo de fungos patógenos [[saprotrofia|saprotróficos]] das plantas que teñen paredes celulares anómalas de celulosa. Ata hai pouco tempo críase que eran fungos, pero datos estruturais e moleculares<ref>[http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e33/33.htm Interactions between Plants and Fungi: the Evolution of their Parasitic and Symbiotic Relations], P. v. Sengbusch, accessed 8 December [[2006]]</ref> levaron á súa reclasificación como [[Heterokontophyta]]. Este é un grupo de [[protista]]s que inclúe a [[autótrofo]]s tales como [[alga parda|algas pardas]] e [[diatomea]]s.
 
Tamén os [[dictiostélido]]s, antes clasificados entre os fungos, e similares a amebas, que forman colonias, teñen células con paredes celulósicas nalgunhas partes da súa colonia e nas esporas.<ref name="Raper 1984">Raper, Kenneth B. (1984). ''The Dictyostelids''. Princeton, NJ: Princeton University Press, 99-100. [[SpecialEspecial:Booksources/0691083452|ISBN 0-691-08345-2]].</ref>.
 
== Parede celular bacteriana ==
[[Ficheiro:Mycobacterial cell wall diagram.png|miniatura|200px|dereita|Esquema da '''parede celular''' de ''[[Mycobacterium]]'' (do filo [[Actinobacteria]]), unha bacteria Gram-positiva: a grosa parede celular (8) rodea a membrana plasmática (5).]]
 
{{APArtigo principal|Parede celular bacteriana}}
 
A parede celular bacteriana está feita de [[peptidoglicano]] (tamén denominado [[mureína]]), que está formado por cadenas de [[polisacárido]] (formadas por unidades alternadas de [[N-acetilglicosamina]] e [[ácido N-acetilmurámico]]) entrecruzadas por [[péptido]]s inusuais que conteñen [[aminoácido]]s D.<ref>{{Cita publicación| autor= van Heijenoort J | título= Formation of the glycan chains in the synthesis of bacterial peptidoglycan | url=http://glycob.oxfordjournals.org/cgi/content/full/11/3/25R | revista= Glycobiology | volumen= 11 | número= 3 | páxinas= 25R – 36R | ano= 2001 | id = PMID 11320055}}</ref> As paredes celulares bacterianas son diferentes das paredes de plantas e fungos, feitas de [[celulosa]] e [[quitina]], respectivamente.<ref name=Koch>{{Cita publicación| autor= Koch A | título= Bacterial wall as target for attack: past, present, and future research | url=http://cmr.asm.org/cgi/content/full/16/4/673?view=long&pmid=14557293 | revista= Clin Microbiol Rev | volume= 16 | número= 4 | páxinas= 673 – 87 | ano= 2003 | id = PMID 14557293}}</ref> Tamén son diferentes das paredes de [[Archaea]], que non conteñen peptidoglicano. A parede celular é esencial para a supervivencia de moitas bacterias e o [[antibiótico]] penicilina pode matar as bacterias inhibindo un paso na síntese do peptidoglicano.<ref name=Koch/>
 
== Paredes celulares das arqueas ==
As paredes celulares das [[Archaea|arqueaarqueas]]s son bastante inusuais. O [[peptidoglicano]], que é un compoñente habitual das paredes das [[bacteria]]s está ausente nas paredes das arqueas,<ref name="White 1995">White, David. (1995) ''The Physiology and Biochemistry of Prokaryotes'', páxinas 6, 12-21. (Oxford: Oxford University Press). ISBN 0-19-508439-X.</ref> coa excepción do grupo das [[arquea metanóxena|metanóxenametanóxenas]]s.<ref name="Howland 2000" /> Pero mesmo nese grupo o peptidoglicano é unha forma modificada moi diferente da bacteriano.<ref name="White 1995" /> Hai catro tipos de paredes celulares entre as arqueas.
 
Un tipo de parede arqueana está formado por [[pseudopeptidoglicano]] (tamén chamado pseudomureína). Esta parede é propia das [[arquea metanóxena|arqueas metanóxenas]], como ''[[Methanobacterium]]'' e ''[[Methanothermus]]''.<ref name="Brock 1994">Brock, Thomas D., Michael T. Madigan, John M. Martinko, & Jack Parker. (1994) ''Biology of Microorganisms'', 7th ed., pages 818-819, 824 (Englewood Cliffs, NJ: Prentice Hall). ISBN 0-13-042169-3.</ref> A diferenza do peptidoglicano bacteriano o azucre [[ácido N-acetil-murámico]] é aquí substituído polo [[ácido N-Acetil-talosaminurónico]],<ref name="White 1995" /> e os enlaces glicosídicos son de tipo ''β'',1-3 en vez do ''β'',1-4. Ademais, os péptidos unidos ao polisacárido son L-[[aminoácido]]s en vez de isómeros D como en bacterias.<ref name="Brock 1994" />
 
Un segundo tipo de parede arqueana atopámolo en ''[[Methanosarcina]]'' e ''[[Halococcus]]''. Nestes xéneros a parede está composta enteiramente por unha capa de polisacáridos, os cales poden estar sulfatados no caso de ''Halococcus''.<ref name="Brock 1994" />.
 
Un terceiro tipo de parede arqueana consta de [[glicoproteína]]s, e aparece nas [[hipertermófilo|hipertermófilas]], ''[[Halobacterium]]'', e algunhas [[metanóxena]]s. En ''Halobacterium'', as [[proteína]]s da parede teñen un alto contido en aminoácidos con carácter ácido, o que lle dá á parede unha carga global negativa. A estrutura é estabilizada pola presenza de grandes cantidades do [[catión]] [[sodio]], que neutraliza a carga.<ref name="Brock 1994" /> Esa necesidade de sodio fai que ''Halobacterium'' só poida subsistir en condicións de alta salinidade.
 
Noutras arqueas, como ''[[Methanomicrobium]]'' e ''[[Desulfurococcus]]'', a parede parece estar composta só por unha capa superficial de proteínas,<ref name="Howland 2000">Howland, John L. (2000) ''The Surprising Archaea: Discovering Another Domain of Life'', pages 69-71. (Oxford: Oxford University Press). ISBN 0-19-511183-4.</ref> coñecida como ''capa S''. As capas S son tamén relativamente comúns en bacterias, nas cales pode ser o único compoñente da parede ou unha capa externa enriba da de polisacáridos. A maioría das arqueas son Gram-negativas.<ref name="Howland 2000" />
385.528

edicións