Paratexto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 7:
Outra división é entre o [[peritexto]] (parte do paratexto inseparable do texto, como o título ou o índice de materias) e o [[epitexto]] (parte que circula fóra do texto, xa sexa editorial como [[publicidade]] ou aparición en [[catálogo]]s). Tamén se distingue entre os paratextos públicos e privados: unha entrevista radiofónica é un epitexto de autoría pública, mais un borrador ou un diario íntimo son un epitexto privado.
 
== Título ==
É o elemento máis externo e visible do [[informe]]. Debe referirse ao contido e resumilo, debe ser facilmente visible, e representar tanto o seu contido como a persoa autora.
 
== Resumo ==
É unha representación abreviada e precisa do contido do documento sen agregados de interpretación oo crítica e sen distinción de quen o escribiu. Este resumo debería ser preferentemente dun só [[parágrafo]], aínda que resulte extenso, ou de até tres parágrafos cunha extensión máxima de media páxina.
 
== Dedicatoria ==
A súa función é sinalar especialmente unha ou varias persoas a quen se ofrece o esforzo e logros da persoa autora. Sitúanse na páxina que segue ao título e debe ser breve, preferentemente con liñas curtas e estar cara á dereita. As dedicatorias adoitan estar dirixidas a persoas, institucións ou a quen se estime oportuno. Non se usan nos informes de investigación, pero si se poden usar nos informes de investigación de [[tese]]s ou [[seminario]]s de tese.
 
Unha dedicatoria famosa é a feita por [[Rosalía de Castro]] na súa obra ''[[Cantares Gallegos]]'', dedicada a [[Cecilia Böhl de Faber|Fernán Caballero]] e datada no [[17 de maio]] de [[1863]], o que deu pé á celebración ese día do [[Día das Letras Galegas]].
 
== Epígrafe ==
É unha cita real, atribuída falsamente a unha persoa ou atribuída a unha autoría imaxinaria ou [[anonimato|anónima]]. Xeralmente están na páxina seguinte á dedicatoria e anterior ao [[prólogo]]. Tamén pode haber un epígrafe no inicio dos capítulos.
 
Ten varias funcións: como comentario ou anexo xustificativo do título; como comentario do texto, precisando indirectamente a significación do mesmo, ou de [[padrinazgo]] indirecto, cando o importante non é o que di a cita, senón a identidade de quen o di.
 
O epígrafe, xunto co título (e a tapa se existe e está ben deseñada), estimulan o lectorado para elaborar [[hipótese (lóxica)|hipótesehipóteses]]s sobre o contido do texto.
 
== Prólogo ou prefacio ==
{{APArtigo principal|Prólogo}}
O [[prólogo]] ou prefacio é un discurso escrito pola persoa autora ou por alguén en quen delega, que fala sobre o texto que precede.
 
Liña 33:
Un exemplo de prólogo feito por outra persoa é o que fixo [[Eduardo Blanco Amor]] no libro de [[Valentín Paz-Andrade]] ''[[La anunciación de Valle-Inclán]]'', escrito por el logo de percorrer co autor as rutas vitais de Valle para preparar a obra.
 
== Epílogo ==
{{APArtigo principal|Epílogo (retórica)}}
Adoita ser usado pola persoa autora para facer comentarios á obra, pero que requiren coñecela xa de forma íntegra, ou para indicar eventos, sucesos ou ideas que xurdiron despois de estar xa rematada a redacción da obra.
 
== Índice ==
O grao de detalle depende exclusivamente do interese do autor por aclarar os contidos en profundidade desde o inicio. Hai diversos estilos, e a súa numeración pode facerse con números romanos, arábigos ou letras do alfabeto. Antigamente ían ao final da obra, mais na actualidade adoitan poñerse a continuación do prólogo.
 
== Citas ==
As citas adoitan complementarse coas notas a pé de páxina ou ao final do texto. Xeralmente van destacadas entre aspas ou en [[cursiva]]. Teñen varios obxectivos: probar un feito ou recoñecer unha idea que contribuíu ao traballo de investigación, remitir á fonte onde se confirma o feito ou se expón a idea, ou recoñecer un antecedente de traballo.
 
== Notas ==
As notas son advertencias, explicacións ou comentarios. Teñen por obxecto proporcionar información adicional sen interromper a secuencia lóxica, e adoita quedar a pé de páxina, ou ao final do texto. Tamén poden ser usados para incluír algún tipo de información sobre o texto que rompería a lóxica do informe se fose incluído no texto principal.
 
Liña 50:
Úsanse abreviaturas especiais cando alguén é citado máis dunha vez, para abreviar o número de coautores etc.
 
== Bibliografía ==
É a lista ordenada de autores e obras referenciadas, postas en orde alfabética segundo o apelido das persoas. O modo de consignar a obra depende de se é un libro, un artigo, un capítulo dunha obra de diversas autorías... As bibliografías inclúen o nome da persoa, o título da obra (e o capítulo ou páxinas concretas, se procede), a casa editorial e o ano de publicación.
 
== Glosario ==
O glosario é unha lista ordenada alfabeticamente de termos técnicos ou que, por algún motivo, poden presentar dificultades á persoa que os le, acompañados da súa definición. Son termos difíciles, pouco coñecidos, ou que poden ter varias acepcións mais son usados no texto con algunha en concreto. Adoitan ir ao final do texto.
 
== Apéndices o anexos ==
Neste apartado, situado ao final do texto, inclúense textos, cadros, documentos, testemuñas diversas, entrevistas en detalle, [[facsímile]]s, [[enquisa]]s etc. Son un complemento do texto que, por mor da súa extensión, non poden incluírse en forma de notas, ou ben que son incluídas á parte porque no medio do texto rompería coa lóxica da explicación que se está desenvolvendo.
 
== [[Tipografía]] ==
 
== Formato ==
 
== Portada ==
 
== Ilustracións ==
 
[[Categoría:Comunicación]]