Ovo (alimento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 12:
 
[[Ficheiro:10-alimenti,uova,Taccuino Sanitatis, Casanatense 4182..jpg|miniatura|Unha muller recollendo ovos (ilustración de ''Tacuina sanitatis'', século XIV)]]
A cría de galiñas e o aproveitamento dos seus ovos para consumo xurde hai uns 8.000 anos, pero non pasa de ser unha actividade doméstica, ligada ó medio rural e a prácticas de autoconsumo ata ben entrado o [[século XX]]. A selección de [[raza]]s de galiñas poñedoras, xa diferenciadas das criadas para obter [[Galiña|polopolos]]s (é dicir, carne) comeza nos primeiros anos do século XX pero non se pode falar aínda de avicultura, como actividade gandeira especializada, ata os anos 60, nos que nace a avicultura intensiva, apoiada na fabricación masiva de [[penso]]s compostos e nas innovacións tecnolóxicas na cría. Hoxe é unha actividade moi tecnificada e cun alto potencial produtivo e económico.
 
Na actualidade (2006), España ocupa o terceiro lugar como produtor de ovos dentro da [[Unión Europea]], cun 11,9%, por detrás de [[Francia]] (17,7%) e do [[Reino Unido]] (14,6%)<ref>''La Voz de Galicia'', 20.08.2006, que toma os datos de fontes da UE e de ''Alimarket''.</ref>. A nivel mundial, [[China]] é con diferenza o maior produtor de ovos, cunha cota do 43% da produción mundial.
Liña 90:
 
=== Clara ===
{{APArtigo principal|Clara de ovo}}
Tamén chamada ''albume'' ou ''branco do ovo''. Trátase dun substancia acuosa e viscosa, practicamente transparente e sen olor propio, segregada por certas glándulas que as aves posúen no oviducto. A clara é rica en proteínas, de alta [[dixestibilidade]], e representa o 55-60% do peso total do ovo.
 
Liña 96:
 
=== Xema ===
{{APArtigo principal|Xema (ovo)}}
[[Ficheiro:Raw egg.jpg|esquerda|miniatura|250px|Xema de ovo]]
Situada centralmente e de forma esférica, é claramente máis densa cá clara e dunha cor amarela ou laranxa de intensidade variable e característica. Esta cor débese á presenza de pigmentos naturais ([[xantofila]]s e [[caroteno]]s) disoltos na graxa. A xema representa o 28-31% do peso total e nela concéntrase case exclusivamente a graxa do ovo.
Liña 380:
* ''Anuario de Estatística Agraria 2000''. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural [http://www.xunta.es/conselle/ag/public/aea2000/fr_118.htm]
 
[[Categoría:Alimentos de orixe animal]]
[[Categoría:Artigos destacados]]