O Porriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 125:
[[Ficheiro:Escultura canteiro O Porriño.jpg|Escultura de [[Suso Balado]] en homenaxe aos [[canteiro]]s da zona.|miniatura|dereita|200px]]
En [[2007]], o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio, as ''sete marabillas do Porriño''. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes:
* '''Faro de Budiño''', un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña.
* '''Casa do Concello''', un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés [[Antonio Palacios]].
* '''Gándaras de Budiño''', unha zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da [[Rede Natura 2000]].
* '''Roteiro da rocha e a auga en Carracido''', un percorrido circular duns 4 quilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros, etcétera.
* '''Muíños de auga das parroquias''', elementos do patrimonio popular espallados polas sete parroquias, máis de corenta atópanse restaurados.
* '''A Risca''', zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
* '''Fonte do Cristo''', outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.
 
A casa do concello do '''Porriño''' foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por [[Antonio Palacios]] para este uso e inaugurado en [[1924]]. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación. O edificio ardeu no ano [[1976]], destruíndose o seu interior na práctica totalidade. A reforma iniciada posteriormente remata en [[1983]]. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e levou á ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.
Liña 137:
 
== Goberno e política ==
{{APArtigo principal|Eleccións municipais no Porriño}}
 
O alcalde do concello do Porriño é [[Nelson Santos Argibay]], único concelleiro elixido de [[Ciudadanos por Porriño]]. Acadou a alcaldía tras unha [[moción de censura]] en xaneiro de [[2010]], apoiada polo [[PPdG]] (cuxo actual portavoz no pleno é [[Manuel Carrera Punzón]]) e [[Independientes de Porriño]], de [[Gonzalo Ordóñez]]. Até entón, o alcalde fora [[Raúl Francés Rodríguez]], do [[BNG]], que gobernaba co apoio do [[PSdG-PSOE]] dende as [[Eleccións Municipais 2003 en Galicia|eleccións do 2003]], cando lle arrebatou a alcaldía ao popular [[Jose Manuel Barros González]].
Liña 231:
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes do Porriño}}
<gallery>
Ficheiro:Antonio palacios monument.jpg|Monumento a [[Antonio Palacios]].
Liña 242:
 
== Lugares do Porriño ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Porriño vexa: [[Lugares do Porriño]].
 
== Notas ==