Novela policial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 2:
A '''novela policíaca''', tamén chamada '''novela policial''' ou '''novela detectivesca''', é un [[Xénero literario|subxénero]] dentro da [[novela]]. O seu principal móbil constitúeo a resolución dun enigma, xeralmente de tipo criminal. Adoita tratarse dunha estrutura novelística pechada.
 
== Historia ==
Se ben o xénero ten moi antigos precedentes (como os contos hebreos tradicionais sobre a sagacidade do [[profeta]] [[Daniel]] incorporados á [[Biblia]] no ''[[Libro de Daniel]]'', ou a traxedia de [[Sófocles]] ''[[Edipo Rei]]'', ou a [[novela picaresca]], ou a biografía de criminais, ou os libros de ''causas célebres''). O xénero é fundamentalmente tan moderno como a mesma literatura de [[ciencia-ficción]], e tense desenvolvido durante os séculos XIX e XX. Nos seus inicios foi cualificado como "literatura barata" ou "subliteratura" porque o crime era de por si un tema antiestético e non había transfondo moral nin artístico.
 
Pode dicirse que o creador da novela policíaca é o [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Edgar Allan Poe]], cos seus contos ''[[The Murders in the Rue Morgue]]'' (1841), ''[[The Mystery of Marie Rogêt]]'' (1842), ''[[The Purloined Letter]]'' (1844) e ''[[The Gold-Bug]]'' (1843). Os tres primeiros foron protagonizadas por [[Auguste Dupin]], o primeiro detective de ficción, que serviu de modelo a un dos personaxes arquetípicos do xénero, o detective [[Sherlock Holmes]] de [[Arthur Conan Doyle]]. Este, xunto a [[Agatha Christie]] e outros autores, levaron ó xénero á súa madurez formando a chamada escola inglesa de novela policíaca, caracterizada por un desenvolvemento case matemático da trama, centrada na resolución do enigma a través de pistas e pezas que deben encaixarse, fórmula intelectualizada e psicolóxica nos seus mellores momentos que é desenvolta case sempre en espazos interiores e en estratos sociais de clase alta.
 
=== Novela negra ===
{{APArtigo principal|Novela negra}}
A escola estadounidense de novela policíaca, pola contra, formada principalmente por [[Dashiell Hammett]] e [[Raymond Chandler]] na costa oeste (detectives privados en California) e por [[Chester Himes]] (policías negros no [[Harlem]] [[Nova York|neoiorquino]]), criticou o escaso realismo desas novelas e deixou en segundo lugar a importancia do enigma, subordinándoo ó suspense, sempre coa fin de subliñar os aspectos sociais do crime e a denuncia dunha sociedade corrupta, contribuíndo a crear a chamada [[novela negra]], de ambientación urbana e das rúas e suburbios e onde se devolve o crime ós ambientes miserables onde máis se adoita cometer, de forma que se cuestionen os valores éticos e materialistas da sociedade capitalista de consumo como responsable en última instancia do [[crime]].
 
A novela negra evolucionou e vulgarizouse mercede ó seu éxito en coleccións populares cara ao subxénero do [[Suspense|thriller]], onde se misturan as novelas policíacas coas [[novela de aventuras]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Novela]]
* [[Novela negra]]
 
[[Categoría:Literatura]]