Normativa oficial do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3399133
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 8:
A '''variedade estándar''' ou '''padrón''', fixada a medias entre o ILG e a RAG, inicialmente constaba só de indicacións [[Morfoloxía (lingüística)|morfolóxicas]] e [[ortografía|ortográficas]], as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]] (NOMIG), publicadas en [[1983]] e aplicadas no dicionario da [[RAG]] de [[1997]] (unhas trinta mil palabras) e reformadas en [[2003]], pero coa publicación do [[VOLG|Vocabulario ortográfico da lingua galega]] (VOLG) en [[2004]] definíronse de facto tamén coma normas [[léxico|léxicas]]. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo, posto que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.
 
== A primeira normativa oficial ==
O [[3 de xullo]] de [[1982]], a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega aprobaron en sesión conxunta as ''Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego'', seguindo como criterio principal a procura da pureza do idioma, eliminando [[castelanismo]]s innecesarios e evitando a hiperidentificación, rexenerándoo con préstamos internos o que supuxo unha aproximación ao portugués<ref>Antón Santamarina ''Norma e estándar'' en Henrique Monteagudo (ed). ''Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto''. Galaxia, 1995, páxina 78 </ref>. En abril de [[1983]], a Xunta publicou o Decreto de Normativización da Lingua Galega (coñecido como "Decreto Filgueira"), que consagraba estas normas como modelo para a [[escrita]] da lingua galega.
 
Liña 17:
A nova edición do ''Diccionario'' da RAG de [[1997]] contiña 25.000 entradas.
 
== A reforma de 2003 ==
{{APArtigo principal|Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos}}
En [[2001]] iniciouse un proceso de negociación entre os departamentos de galego das tres universidades galegas, o [[Instituto da Lingua Galega ]] e diferentes asociacións. O obxectivo era a unificación de dúas das tres diferentes normativas –e posturas– sobre o galego existentes: a normativa “oficial”, aprobada polo Instituto da Lingua Galega, o reintegracionismo –partidario da unificación ortográfica co [[lingua portuguesa|portugués]]–, e o reintegracionismo de mínimos, unha fórmula intermedia entre as dúas defendida por varias outras asociacións. Este grupo de entidades presentoulle unha proposta á Academia.
 
A Academia discutiuna en novembro do 2001, aínda baixo a presidencia de [[Francisco Fernández del Riego]]. Foi un debate difícil que rematou cunha votación con resultado de once votos en contra da mudanza, dúas abstencións e sete votos a favor, aínda que ninguén nese momento deu o asunto por pechado. A decisión foi polémica no seu momento e transcendeu ao ámbito dos investigadores e filólogos. O [[30 de setembro]] do [[2002]], a Real Academia decidiu reabrir o debate, aínda que desde o interior da institución. O novo presidente era [[Xosé Ramón Barreiro]], que se comprometera a conducir a reforma ao ocupar o cargo. A proposta finalmente aprobada pola RAG non coincide ao cento por cento coa presentada dous anos antes, xa que algúns dos puntos non se aceptaron na súa integridade, baixo a acusación máis ou menos velada dunha certa deriva lusista.
 
== Criterios ==
Os principais criterios para a escolla das alternativas que entran dentro da normativa foron:
# [[etimoloxía]];
Liña 35:
<references/>
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]]
* [[VOLG]]
Liña 45:
* [[Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/19499da0-6a97-4d15-aa91-fa7a36f5f2bd Normas Ortográficas 2003 (20ª edición, febreiro 2005) - Real Academia Galega]