Noiteboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 23:
 
=== Tizón de Nadal ===
{{APArtigo principal|Tizón de Nadal}}
Na Noiteboa limpábase coidadosamente o lar e acendíase un gran leño, denominado tizón de Nadal ou cepo de Nadal. O acto de varre-lo lar antes de prende-lo lume simbolizaba destruí-lo vello para dar paso ó novo. O ''tizón'' debía permanecer aceso na lareira ata Aninovo; en troques, por terras de Becerreá debía durar todo o ano, dándolle lume tódolos días aínda que fose por pouco tempo. Logo deixábase apagar pero conservábase durante o resto do ano para acendelo de novo durante as [[treboada]]s ou cando se ventaba unha desgraza na casa, como elemento protector do fogar. Xoán Xosé Pérez Labaca escribiu sobre un costume dos [[celta (cultura)|celtas]] que consistía en acender unha candea o día do solsticio de inverno, que tiña que arder durante medio día seguido para traer boa sorte na casa. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, relacionado coa [[árbore de Nadal]]. En Cataluña vén ser o que chaman 'tió', no que baten os nenos da casa para que lles bote doces, que os pais lle meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos''|Vicente Risco: "Etnografía: cultura espritual", en ''Historia de Galiza'', dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Editorial Nós, Buenos Aires 1962 (Reed. Akal, Madrid 1979); vol. I, 255-777.}} Ademais de ser protector e de certo carácter sagrado, as cinsas do ''tizón de Nadal'' parecían ser boas para cura-las febres. O culto ao lume está ben presente na cultura popular galega, coma na doutras latitudes. Poida ser que este ''tizón de Nadal'' sexa unha reliquia dese culto pagán que terminou sendo prohibido, sen éxito, polas ''Sinodais'' de [[Mondoñedo]] no século XVI por consideralo ''rito gentílico'' (Eladio Rodríguez, citando a Murguía).
 
Liña 30:
 
=== O Apalpador ===
{{APArtigo principal|Apalpador}}
O equivalente galego do [[Papá Noel]], semellante a outros xigantes ou carboeiros ibéricos e europeos. Personaxe mitolóxico que, baixo diferentes denominacións: Apalpador, Apalpa-Barrigas] ou Pandigueiro, é coñecido en diversas comarcas do País. Indica a tradición que se trata dun carboeiro que vive nos montes e nas devesas durante todo o ano e que baixa durante a noite do apalpadoiro, pola Noiteboa ou o día [[31 de decembro]] segundo a zona, para apalpar as barrigas dos meniños e comprobar que comeran ben durante o ano. Se as atopa cheas, murmura "así estexas todo o ano". Se non as atopa cheas non di nada, pero deixa en ambos casos unha presada de castañas. Esta tradición comezou a ser recuperada e celebrada por toda a Galiza.