Nicolás Salmerón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 18:
'''Nicolás Salmerón Alonso''', nado en [[Alhama de Almería]] o [[10 de abril]] de [[1838]] e finado en [[Pau]] ([[Francia]]) o [[20 de setembro]] de [[1908]], foi un político e filósofo español, que chegou a [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Poder Executivo da]] [[Primeira República Española]] durante un mes e medio no ano [[1873]]. Dimitiu do seu cargo por negarse a asinar unha pena de morte. Foi catedrático de Historia Universal na [[Universidade de Oviedo]] e de [[Metafísica]] na [[Universidade de Madrid]]. Estudou as teorías de [[Krause]], que inspiraron á [[Institución Libre de Ensino]].
 
== Traxectoria ==
O seu pai foi médico, e o seu irmán máis vello, [[Francisco Salmerón]] ([[1822]]-[[1878]]) foi político e xurista. Estudou o ensino en [[Almería]]. Máis tarde viaxou a [[Granada, España|Granada]] onde estudou Dereito e Filosofía, sendo co-discípulo de [[ Francisco Giner de los Ríos]]. En [[Madrid]] foi influenciado pólas teorías de [[Krause]] a través de Julián Sanz del Río, o seu profesor. En [[1858]], foi profesor de Filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid e ao ano seguinte foi nomeado profesor axudante na Facultade de Letras da Universidade Central.
 
O [[13 de xullo]] de [[1869]] obtivo a cátedra de [[Metafísica]] na Universidade Central. En [[1867]] foi detido polas súas actividades revolucionarias no seo do Partido Demócrata, a carón de [[Francesc Pi i Margall]], pasando cinco meses no cárcere.
Liña 25:
Durante o [[Sexenio Democrático]] (1868-1874) foi un dos líderes do republicanismo, a pesar das diferenzas doutrinais que tiña de federalismo Pi i Margall. No ano [[1871]] foi elixido deputado por [[Badaxoz]].
 
== A [[Primeira República Española|Primeira República]] ==
Coa proclamación da República en [[1873]], foi nomeado Ministro de Gracia e Xustiza do goberno de [[Estanislao Figueras]]. Tentou reformar o sistema xudicial e establecer unha lexislación secular.
 
Trala dimisión de Pi i Margall, as Cortes Constituíntes nomeárono [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Poder Executivo]]<ref>[http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1873/201/A01109.tif Gaceta de Madrid Anno CII n.201 20 luglio 1873, Tomo III, pág. 1109]</ref>con 193 votos contra 93<ref>*[http://descargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/90253951090392939543457/204919_002.pdf La Ilustracion Española y Americana Año XVII - num.XXVIII - Madrid, 21 de julio de 1873, pág. 450] crónica de la elección de Nicolás Salmerón a Presidente de la Primera República</ref>de Pi i Margall, cargo que exerceu entre o [[18 de xullo]] e o [[7 de setembro]] de [[1873]]. A situación de todo o período foi especialmente crítica, o que o levou a non poder controlar as sublevacións [[cantón|cantonais]] que xurdían en [[Primeira República Española|España]]. Os seus problemas co Exército no foron menores durante o seu período presidencial, e a súa negativa a asinar a pena capital obligarono a dimitir. Dous días despois de abandonar o cargo foi elixido [[Presidente do Congreso dos Deputados de España|Presidente do Congreso dos Deputados]]. Os enfrontamentos co seu sucesor, [[Emilio Castelar y Ripoll|Emilio Castelar]], axudaron involuntariamente ó [[golpe de Estado]] do [[Manuel Pavía|xeneral Pavía]] que, xunto co de [[Arsenio Martínez Campos]] o [[29 de decembro]] de [[1874]], deron fin a primeira experiencia republicana en [[España]].
 
== Restauración da Monarquía ==
{{APArtigo principal|Restauración borbónica en España}}[[Ficheiro:Estatua Nicolas Salmeron centro Almeria.jpg|miniatura|200px|dereita|Estatua de Nicolás Salmerón en [[Almería]]]]
No [[1874]] regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da plaza o [[17 de xullo]] de [[1875]] nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en [[Madrid]], a situación obligouno a partír cara o exilio en [[París]], onde xunto a [[Manuel Ruiz Zorrilla]] fundou o [[Partido Republicano Progresista (1880)|Partido Republicano Progresista]]. Non volveu a España ata [[1885]], trala amnistía de [[Práxedes Mateo Sagasta]] de [[1881]], e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no [[1886]] e despois ininterrompidamente de [[1893]] ata [[1907]].
 
Liña 46:
}}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Nicolás Salmerón}}
{{wikiquote|Nicolás Salmerón}}
=== Outros artigos ===
* [[Primeira República Española]]
* [[Francisco Salmerón y Alonso]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.filosofia.org/ave/001/a031.htm Biografía e algúns textos] {{es}}
 
{{Presidentes do Goberno da I República}}
 
{{ORDENAR:Salmeron Alonso, Nicolas}}
 
[[Categoría:Políticos de España]]
[[Categoría:Presidentes de España]]