Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
}}
 
'''Napoleone di Bouonaparte''' ou '''Napoleón Bonaparte''' (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en [[Ajaccio]] ([[Córsega]]) o [[15 de agosto]] de [[1769]] e finado en [[Santa Helena]] o [[5 de maio]] de [[1821]], foi [[emperador]] de [[Francia]] a principios do [[século XIX]] e o home máis poderoso e influente de [[Europa]]. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de [[Europa]], a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da [[Revolución francesa]] e o [[absolutismo]] e tradicionalismo do [[antigo réxime]]. A súa impronta quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Jean Auguste Dominique Ingres 016.jpg|miniatura|esquerda|Napoleón retratado como primeiro cónsul por [[Jean Auguste Ingres]].]]
 
Napoleón creou a [[República Cisalpina]] con capital en Milán e a [[República de Ligur]] con capital en [[Xénova]], a [[República Helvética]], a [[República Romana]] e a [[República Partenopea]]. Outórgalles constitucións de nidia inspiración revolucionaria e convérteas en satélites de Francia. Neutraliza a [[Nápoles]]. O Papa [[Pío VI, Papa|Pío VI]] é detido. O resultado das vitorias supuxo un alivio financeiro para o Directorio e a fin da hexemonía de Austria sobre o norte de Italia.
 
=== Campaña de Exipto ===
[[Ficheiro:Jean-Léon Gérôme 003.jpg|miniatura|''Bonaparte ante a esfinxe'', por [[Jean-Léon Gérôme]], c. [[1868]].]]
 
Os científicos dos que Napoleón se fixo acompañar deron lugar á [[exiptoloxía]]. Isto, especialmente tralo descubrimento da [[pedra Rosetta]] coa clave para descifrar os [[xeroglífico]]s, revolucionou os coñecementos arqueolóxicos e históricos da historia da humanidade.
 
=== Golpe de Estado, Consulado e Imperio ===
[[Ficheiro:Jacques-Louis_David_007.jpg|miniatura|''Napoleón cruzando os Alpes'', obra de Jacques-Louis David.]]
 
Os triunfos militares consolidaron a súa posición. No interior tanto a oposición xacobina como a realista organizaron varios complots. O [[24 de decembro]] de 1800, un estoupido ao paso da carruaxe do primeiro cónsul causou 22 mortos, pero o atentado non acadou o seu obxectivo. Estes feitos foron a escusa perfecta para desencadear detencións e fusilamentos, ao tempo que puñan a opinión pública ao seu favor. Napoleón foi elixido mediante plebiscito cónsul vitalicio en 1802. Unha nova consulta gañada por inmensa maioría deu lugar ao paso definitivo: O [[2 de decembro]] de [[1804]], coroouse como Emperador de Francia en [[Notre Dame de París]] baixo o nome de '''Napoleón I'''. Á solemne cerimonia asistiu como testemuña o [[Pío VII, Papa|Papa Pío VII]]. Esvaíase así o ideal revolucionario.
 
=== Goberno ===
Elaborouse unha Constitución redactada por [[Sieyes]]: O Senado elixía o primeiro Cónsul e os cónsules auxiliares. O primeiro Cónsul controlaba o exército e a administración. Consolidábase unha administración centralizada que dividía o territorio en departamentos dependentes directamente do poder executivo.
 
En 1810, Napoleón casou coa filla de [[Francisco I de Austria]], María Luisa, co propósito de facer agromar unha nova dinastía imperial.
 
=== Dono de Europa ===
[[Ficheiro:Ingres, Napoleon on his Imperial throne.jpg|miniatura|Napoleón I.]]
En 1805, creouse a terceira coalición internacional, que declarou a guerra a Napoleón. Ao non conseguir o control dos mares, Napoleón abandona a idea de invadir Gran Bretaña e organiza unha fulgurante marcha cara Austria. A principios de outubro os xenerais [[Murat]] e [[Soult]] vencen a un sorprendido exército austríaco en Donauworth e cruzan o Danubio. Tras a vitoria de Elchingen, Napoleón atrapou ao exército austríaco en [[Ulm]]. Caeron 50.000 prisioneiros e tomou Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolveu e esmagou o groso do exército austríaco e ruso en [[Austerlitz]] e deixou fóra de xogo as tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica, os franceses perderon só 8.000 homes fronte aos 35.000 aliados.
O [[27 de outubro]] de 1807 asinou con España o Tratado de Fontainebleau no que acorda a división de Portugal. Un exército de 100.000 homes ocupou España e, tras o [[Motín de Aranjuez]], abdicou [[Carlos IV de España|Carlos IV]] en [[Fernando VII]]. Ámbolos dous renunciaron en Baiona e Napoleón proclamou rei de España o seu irmán [[Xosé Bonaparte]], recoñecido polo Consello de Castela. Porén a [[Xunta do Reino de Galicia]] e outras xuntas subleváronse e apareceu unha resistencia de carácter popular. Iniciouse o que se coñece como a [[Guerra da Independencia española]]
 
=== Napoleón en España ===
O [[19 de agosto]] de [[1808]] o xeneral francés [[Dupont]] sufriu unha tremenda derrota na [[batalla de Bailén]]: 18.000 soldados franceses rendéronse perante o xeneral [[Francisco Javier Castaños|Castaños]]. Arthur Wallesley (futuro duque de [[Wellington]]) fíxose con [[Portugal]] e as tropas francesas batéronse en retirada.
 
 
=== Campaña de Rusia ===
{{APArtigo principal|Invasión napoleónica de Rusia}}
[[Ficheiro:Napoleons retreat from moscow.jpg|miniatura|Napoleón retirándose de Moscova.]]
 
Un forte inverno forzou unha retirada tardía que sepultou o exército baixo a neve, o frío e a fame. Napoleón conseguiu forzar o paso do [[Beresina]], á custa de grandes perdas. Só uns poucos miles lograron sobrevivir. O Gran Exército quedou reducido á nada. Toda Europa levantouse contra Napoleón.
 
=== Todos contra Napoleón ===
As ideas [[Nacionalismo|nacionalistas]], inspiradas no espírito revolucionario francés, prenderon entre os pobos de Europa. Os exércitos franceses perderon o apoio popular dende Varsovia ata Madrid. As grandes potencias puxeron a funcionar a súa maquinaria de guerra, pero non o tiveron doado.
 
Alemaña, Italia, Holanda, Nápoles e España revólvéronse contra o declinante Imperio Francés. O xeneral prusiano [[Blücher]] e o austríaco [[Schwarzenberg]] entraron en Francia.
 
=== Campaña de Francia ===
Con enorme rapidez Napoleón derrotou a Blucher en Brienne e asestou duros golpes aos aliados en Champaubert, Montmirail, Montereau e Vauchamps. Éxitos militares inexplicables pola inferioridade das súas tropas pero que impediron a rusos, prusianos e austríacos rodear París. Porén [[Xosé Bonaparte]], á fronte da capital francesa, entendeu que a situación non podía sosterse indefinidamente e preferiu capitular. Os aliados entraron o [[31 de marzo]] de [[1814]].
 
Napoleón conservou a capacidade operativa do seu reducidísimo exército, pero foi deposto por un goberno provisional con Talleyrand á fronte que o destituíu. O [[6 de abril]] abdicou en Fontaneiblueau, e foi desterrado á [[illa de Elba]].
 
=== O Imperio dos Cen Días ===
{{APArtigo principal|Imperio dos Cen Días}}
[[Ficheiro:Tumb of Napoleon Bonaparte.jpg|miniatura|dereita|Tumba de Napoleón Bonaparte.]]
 
As monarquías absolutas pretenderon recompoñer Europa no [[Congreso de Viena]] pero os seus pobos cambiaron para sempre. Napoleón foi desterrado á illa de Santa Helena, no sur do océano Atlántico, onde morreu en 1821.
 
== Descendencia ==
<center>
{{ahnentafel-compact5
}}</center>
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Napoleon I of France}}
{{wikiquote|Napoleón Bonaparte}}
{{Portal|Historia}}
=== Bibliografía ===
* Gunther Rothenberg, ''The Napoleonic Wars'', London 1999. ISBN 0-304-35983-1
* David Chandler, ''Las Campañas de Napoleón'', Madrid 2005. ISBN 84-9734-335-2
* {{Cite book|url=http://books.google.com/books?id=FUaIGHxCIEwC&pg=PA181&dq=napoleon+height#PPA181,M1|title=Size Matters|year=2006|publisher=Houghton Mifflin Harcourt|last=Hall|first=Stephen|isbn=0-618-47040-9}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Primeiro Imperio Francés]]
* [[Segundo Imperio Francés]]
* [[Napoleón II de Francia|Napoleón II]]
* [[Napoleón III de Francia|Napoleón III]]
* [[Primeira República Francesa]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.napoleonguide.com/index.htm The Napoleonic Guide] {{en}}
* [http://www.napoleon-series.org/ Napoleon Series] {{en}}
* [http://www.pbs.org/empires/napoleon/home.html Biografía de Napoleón] {{en}}
* [http://www.inside-longwood.com/inside-longwood-chronology.html Cronoloxía ilustrada dos últimos anúmeros de catividade de Napoleón en Santa Helena] {{en}}
* {{Gutenberg|número=3567|título=Memoirs of Napoleon}}
* {{Gutenberg|número=14300|título=The Life of Napoleon I|author=John Holland Rose|authorlink=John Holland Rose}}
* {{Gutenberg|número=17579|título=The History of Napoleon Buonaparte|author=John Gibson Lockhart|authorlink=John Gibson Lockhart}}
* {{Gutenberg|número=24360|título=The Life of Napoleon I.|author=William Milligan Sloane|authorlink=William Milligan Sloane}} Vol. 1/4
* {{Gutenberg|número=27289|título=The Life of Napoleon I.|author=William Milligan Sloane|authorlink=William Milligan Sloane}} Vol. 3/4
 
[[Categoría:Familia Bonaparte]]
393.002

edicións