N-terminal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 2:
O extremo '''N-terminal''' (tamén chamado '''amino terminal''' ou '''NH<sub>2</sub>-terminal''') é o extremo dunha [[proteína]] ou cadea polipeptídica que leva un grupo [[amino]] libre, por onde se considera que empeza a proteína. O outro extremo leva un grupo [[carboxilo]] e denomínase extremo [[C-terminal]]. Por convención as secuencias de aminoácidos dos péptidos escríbense empezando polo extremo N-terminal, que se coloca á esquerda. Cando se produce a [[tradución (proteínas)|tradución]] de proteínas nos [[ribosoma]]s a partir do [[ARNm]], esta empeza a traducirse polo extremo N-terminal.
 
== Química ==
Todos os aminoácidos teñen un grupo amino e un grupo carboxilo. Os enlaces entre eles para formar unha cadea establécense entre o grupo amino dun deles e o carboxilo do seguinte, formándose un [[enlace peptídico]]. Na cadea polipeptídica os grupos amino e carboxilo non están libres, xa que están implicados nos enlaces, excepto os dous dos extremos; nun dos extremos hai un grupo amino libre (N-terminal) e no outro un grupo carboxilo libre ([[C-terminal]]).
 
As proteínas tradúcense desde o N-terminal ao C-terminal. Como o [[codón de inicio]] da [[síntese de proteínas]] codifica nos [[eucariota]]s a [[metionina]], todas as súas proteínas comezan inicialmente por metionina, aínda que despois poden sufrir [[modificación postraducional|modificacións postraducionais]] que eliminan a metionina. Nas [[bacteria]]s, [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s a tradución empeza por [[N-formilmetionina|''N''-formilmetionina]].
 
== Funcións ==
=== Secuencias de sinalización no extreno N-terminal ===
O extremo N-terminal é a primeira parte da proteína que asoma do ribosoma durante a tradución. Nese extremo pode haber secuencias de sinalización ([[péptido sinal]]), que funcionan como un "[[código postal]] intracelular" que destina a proteína a unha determinada parte da célula. Estas secuencias de sinalización son normalmente eliminadas despois por unha [[peptidase]]. O aminoácido N-terminal dunha proteína é un importante determinante da vida media que vai ter a proteína (a probabilidade de ser degradada), o cal está relacionado coa súa [[ubiquitina]]ción e segue unha regra chamada regra do extremo N.
 
* '''Péptido sinal'''
{{APArtigo principal|Péptido sinal}}
O péptido sinal N-terminal é recoñecido pola [[partícula de recoñecemento do sinal]] (SRP) <ref>↑ Walter P, Ibrahimi I, Blobel G. (Nov. 1981). "Translocation of proteins across the endoplasmic reticulum. I. Signal recognition protein (SRP) binds to in-vitro-assembled polysomes synthesizing secretory protein.". JCB 91 (2 Pt1): 545-50. PMID 7309795.</ref> e como consecuencia a partícula queda destinada á [[vía secretora]]. Nos [[eucariota]]s, estas proteínas son sintetizadas no [[retículo endoplasmático rugoso]]. Nos [[procariota]]s, as proteínas son exportadas a través da [[membrana plasmática]]. Nos [[cloroplasto]]s, hai secuencias de sinalización que destinan as proteínas ás membranas dos [[tilacoide]]s.
 
* '''Péptido de destino mitocondrial'''
O péptido de destino mitocondrial N-terminal (mtTP) indica que a proteína debe ser levada ás [[mitocondria]]s.
 
* '''Péptido de destino cloroplástico'''
O péptido de destino cloroplástico N-terminal (cpTP) indica que a proteína debe ser importada ao [[cloroplasto]].
 
=== Modificación do extremo N-terminal ===
Algunhas proteínas modifícanse [[modificación postraducional|postraducionalmente]] pola adición de áncoras de membrana que lle permiten á proteína asociarse coa membrana sen ter un [[dominio transmembrana]] propio. O extremo N-terminal (e tamén o [[C-terminal]]) dunha proteína pode ser modificado desta maneira.
 
* '''N-miristoilación'''
O N-terminal pode modificarse pola adición dunha áncora de [[miristoíl]]o ([[ácido mirístico]]), o que se chama [[miristoilación]]. As proteínas que son modificadas deste modo conteñen un motivo de consenso no seu extremo N-terminal como sinal de modificación. <ref>Podell S and Gribskov M. (2004) "Predicting N-terminal myristoylation sites in plant proteins", BMC Genomics, 5, 37.</ref>
 
 
* '''N-acilación'''
O extremo N-terminal pode tamén modificarse pola adición de áncoras de [[ácido graxo|ácidos graxos]] para formar proteínas N-aciladas. A forma máis común desta modificación é a adición dun grupo [[palmitoíl]] ([[palmitoilación]]).
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[C-terminal]]
* [[Estrutura primaria das proteínas]]