Mísil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 4:
Hainos de tamaños moi variados, dende os [[mísiles antitanque]] que poden ser lanzados por unha soa persoa ata os enormes [[mísiles balísticos intercontinentais]].
 
== Cargas e usos dos mísiles ==
Os mísiles son comunmente usados nas [[guerra]]s xa que levan un poder destrutivo grande (polo xeral en forma de cabeza [[explosivo |explosiva]]) ata un obxectivo. Amais de explosivas, os mísiles poden ter cargas químicas e biolóxicas. Ás veces os mísiles tamén levan cargas deseñadas para romper infraestruturas sen danar ás persoas. Por exemplo, na [[Guerra do Golfo]] os [[mísil de cruceiro |mísiles de cruceiro]] foron cargados con filamentos de [[grafito]] que levados a [[central eléctrica|centrais eléctricas]] e estacións de distribución de enerxía provocaron [[curtocircuíto]]s. Outros mísiles fan uso tan só da [[enerxía cinética]] para destruír o obxectivo co seu impacto a gran velocidade. Pero os máis devastadores son, sen ningunha dúbida, os mísiles balísticos intercontinentais con cabezas termonucleares.
 
== Tipos de mísiles ==
=== Mísiles balísticos ===
[[Ficheiro:Fusée V2.jpg|miniatura|Mísil alemán [[Foguete V-2|V-2]].]]
{{APArtigo principal|Mísil balístico}}
Son mísiles que se autopropulsan só na parte inicial da súa traxectoria e que non usan a súa [[aerodinámica]] para variar o seu rumbo (porque o seu movemento está gobernado polas leis da [[balística]]). O seu primeiro precursor foi a [[V-2]] alemá. Todos estes mísiles fan uso de motores [[foguete]] e xenericamente adoitan recibir o nome de foguetes. Acadan altitudes moito maiores cós mísiles de cruceiro polo que os reactores son menos viables, así mesmo poden carecer de calquera tipo de mecanismo de [[sustentación]] xa que todo o [[empuxe]] vertical extráeno do lanzamento inicial. Estes mísiles non son estritamente mísiles guiados xa que a súa marxe de manobra está moi limitado polas características iniciais do lanzamento.
 
Liña 17:
Unha extensión pesada dos mísiles balísticos son os actuais [[Foguete espacial|foguetes espaciais]] que se usan para poñer cargas útiles en [[órbita]].
 
=== Mísiles de cruceiro ===
[[Ficheiro:Tomahawk Block IV cruise missile.jpg|250px|miniatura|dereita|[[Mísil de cruceiro]] Tomahawk.]]
{{APArtigo principal|Mísil de cruceiro}}
Estes mísiles propúlsanse ao longo de toda a súa traxectoria. En esencia voan coma os avións, usando [[á|ás]]s e [[alerón|aleróns]]s que lles permiten manobrar en [[voo]]. O primeiro precursor destes artefactos foi a [[bomba voante]] V-1. Actualmente distínguense varios tipos de mísiles cruceiro usados amplamente. Os mísiles de precisión de ataque a terra como os [[Tomahawk]], os mísiles para avións aire/aire e os antibuque como o [[mísil Exocet|Exocet]]. Algúns deles utilizan motores a [[reactor|reacción]] (motores que queiman un [[combustible]] co [[Osíxeno molecular|osíxeno]] do [[aire]]) outros fan uso de simples motores [[foguete]] (motores que cargan con ámbolos dous propelentes) o que lles reduce o alcance pero tamén o seu tamaño facéndoos máis manexables. Esta é a necesidade dos pequenos mísiles aire/aire, por exemplo.
 
Hai algunhas similitudes entre os mísiles e as [[bomba guiada|bombas guiadas]]. Unha bomba guiada, lanzada por un avión, non ten propulsión e usa a aerodinámica para voar horizontalmente e caer o máis vertical posible sobre o obxectivo.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Missiles}}