Mónaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 70:
{{VT|Dinastía Grimaldi|Lista de Príncipes de Mónaco}}
[[Ficheiro:Monaco-FrancoisGrimaldi.jpg|miniatura|esquerda|Estatua que conmemora a Francisco Grimaldi vestido de monxe penetrando na fortaleza do Xibelinos.]]
Mónaco permaneceu baixo dominio romano até a caída do [[Imperio Romano de Occidente]] o [[4 de setembro]] de [[476]]. O estreito foi eventualmente ocupado por [[Islam|sarracenos]] e diversas [[tribos xermánicas]]. Os sarracenos foron expulsados en [[975]] e no [[século XI]] o estreito foi novamente poboado polos [[Liguria|lígures]], os cales levaron a Mónaco a [[lingua lígur (románica)|lingua lígur]] actual, da que é un dialecto o [[monegasco]] actual. En [[1191]], o emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], Henrique VI, concedeu a soberanía sobre Mónaco á cidade de [[Xénova]], de onde eran orixinarios os lígures. O [[10 de xuño]] de [[1215]], unha comitiva de Xibelinos (os Hohenstaufen, facción que apoiaba ao Sacro Imperio), comandados por Fulco del Cassello, comezou a construción dunha fortaleza sobre Mónaco, que constituía un punto estratéxico para controlar a rexión fronte os seus adversarios, os Güelfos (inimigos do Xibelinos, da casa de Welf), os cales tamén estabeleceron os seus cuarteis a fin de apoiar ás guarnicións.
 
O [[8 de xaneiro]] de [[1297]], o Güelfo Francisco Grimaldi, descendente de Otto Canella, cónsul de Xénova en [[1133]], tomou a fortaleza pola forza. Grimaldi, que non posuía mais que un pequeno exército, disfrazouse de monxe franciscano para penetrar na fortaleza e, unha vez dentro, abriulles aos seus soldados. Con todo, os Güelfos foron finalmente derrotados e Francisco desterrado en [[1301]]. Así, a [[familia Grimaldi]] apoiouse entón no [[Reino de Francia|Rei de Francia]]. O curmán de Francisco, Rainiero de Grimaldi, ao servizo de [[Filipe I de Castela|Filipe de Castela]], comandou unha frota de galeras vencendo aos [[Países Baixos|neerlandeses]] na Batalla de Zieriksee en [[1304]]. Foi nomeado entón almirante de Francia e, pai de Carlos de Grimaldi, fundou a dinastía que leva o seu nome, que serviría fielmente á monarquía francesa durante os séculos vindeiros.
Liña 164:
 
== Política ==
{{APArtigo principal|Príncipe de Mónaco|Ministro de Estado de Mónaco}}
[[Ficheiro:Palais de Monaco.jpg|miniatura|Palacio do Príncipe de Mónaco sobre "Le Rocher".]]
Mónaco é gobernado por unha [[monarquía constitucional]] dende [[1911]], co [[Príncipe de Mónaco|Príncipe]] como [[Xefe de Estado]]. A rama executiva consiste nun [[Ministro de Estado de Mónaco|Ministro de Estado]] (Xefe de Goberno), quen preside un gabinete (Consello de Goberno) de seis membros. O Ministro do Estado é un cidadán francés designado polo príncipe, que o elixe entre candidatos propostos polo goberno de [[Francia]], que se encarga dos asuntos de defensa e seguridade do principado. Mónaco é, xunto con [[Liechtenstein]] e a [[Cidade do Vaticano]], un dos tres únicos estados en Europa onde o monarca segue tendo un papel activo na política e o goberno.
Liña 171:
 
=== Monarquía ===
{{APArtigo principal|Dinastía Grimaldi}}
[[Ficheiro:Albert II, Prince of Monaco.jpg|miniatura|[[Alberte II de Mónaco]].]]
{{VT|Lista de Príncipes de Mónaco}}
Liña 257:
== Demografía ==
[[Ficheiro:MW-monaco7.jpg|miniatura|Mónaco.]]
{{APArtigo principal|Demografía de Mónaco}}
A poboación de Mónaco é inusitada xa que os [[Demografía de Mónaco|monegascos]] son unha minoría no seu propio país. A maior parte dos residentes son cidadáns [[Francia|franceses]], seguidos polos [[Italia|italianos]] (16%) e os monegascos (16%). O restante 21% pertence a outras 125 nacionalidades (entre as que as maioritarias son os [[Reino Unido|británicos]], os [[Suíza|suízos]] e [[Alemaña|alemáns]]), que fan que a poboación de Mónaco sexa internacional. A relixión oficial do estado estado é o [[Igrexa Católica|catolicismo]].