Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 5:
O '''mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón''', situado na parroquia de [[Ferreira de Pantón, Pantón|Ferreira de Pantón]], no concello de [[Pantón]], é actualmente o único [[mosteiro]] feminino da orde do Císter en Galicia.
 
== Historia ==
Parece que foi un mosteiro dúplice desde os primeiros tempos até o [[século XII]]. En [[1175]], despois dunha fase de decadencia, a condesa [[Fronilda de Lemos]] restaura a vida monástica, o mosteiro rehabilítase e intégrase na [[orde do Císter]] baixo dirección dos [[Mosteiro de Santa María de Meira|monxes de Meira]]. A xurisdición destes prolongarase até [[1600]], cando o cenobio se integra na Congregación de Castela.
 
Foi declarado [[Ben de Interese Cultural]] o 17 de outubro de 1994.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Claustro Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, Pantón.jpg|miniatura|esquerda|200px|Claustro do mosteiro.]]
Accédese ao conxunto a través dun arco de entrada do [[século XVIII]]. A fachada é de tipo renacentista. Posúe un torreón á dereita, rematado nun mirado con balaustrada de pedra. O seu único [[claustro]] -o regular- atópase ao oeste da igrexa, pegado á fachada da mesma.
Liña 18:
No interior do mosteiro, destaca a parte baixa do claustro renacentista: arcos de medio punto sobre capiteis xónicos e bases toscanas sosteñen unha cornixa saínte sobre a que debía descansar un segundo claustro que non chegou a construírse.
 
=== A igrexa ===
[[Ficheiro:Santa Maria de Ferreira de Panton 1.jpg|miniatura|250px|Ábsida da igrexa de Santa María.]]
A igrexa do mosteiro é o maior valor artístico do conxunto pola súa ornamentación profusa e diversa, sobre todo na súa ábsida. Considérase que a súa construción foi anterior á incorporación do mosteiro á orde do Císter.
Liña 24:
Consta dunha soa nave rectangular. A [[ábsida]] ten forma semicircular precedida de tramo recto. Neste tramo, cuberto con bóveda de canón, están os sepulcros de Diego e Lope de Lemos. O tramo curvo, con bóveda de cuarto de esfera, ten tres ventás enmarcadas por arcos de medio punto, ao dereito e invertidos. Tamén na ábsida son admirábeis os motivos vexetais, animais e antropomorfos dos capiteis e dos [[canzorro]]s.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes do Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón}}
<gallery>
Ficheiro:HPIM1437.JPG|Mosteiro de Ferreira de Pantón.
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Monastery of Divino Salvador, Ferreira de Pantón}}
=== Outros artigos ===
* [[Mosteiro]]
* [[Orde do Císter]]
* [[Mosteiros e conventos de Galicia]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=148&lg=gal Ficha Patrimonio Cultural Galego]
 
[[Categoría:Pantón]]