Mosteiro de San Xulián de Samos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 6:
O '''Mosteiro de San Xulián de Samos''' é un [[mosteiro]] [[medieval]] fundado no [[século VI]], segundo a tradición por [[Martiño de Dumio]], que chegou a ser un dos de maior importancia de [[Galicia]], e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos [[beneditino]]s e está no concello de [[Samos]], ([[provincia de Lugo]]).
 
== Historia ==
A súa fundación atribúeselle a [[Martiño de Dumio]]. Sábese que foi renovado por [[Froitoso de Braga]] no [[século VII]], mais o primeiro escrito que o menciona é do ano [[665]]: unha inscrición nos muros do claustro da portaría que di que foi reconstruído polo bispo de Lugo [[Ermefredo]]. Despois desta restauración foi abandonado coa [[invasión musulmá]], até a reconquista do rei [[Fruela I]] das Asturias (arredor do [[760]]). Cando, anos máis tarde, este foi asasinado, atoparon refuxio nel a súa viúva e o seu fillo, o futuro [[Afonso II de Asturias|Afonso II, o Casto]]. Gañou con isto a protección real, comezando polas propiedades en media milla á redonda, que propiciaría o seu crecemento. A comezos do [[século X]], o bispo de Lugo, [[don Ero]], tentou facerse co seu control e expulsou os monxes. No mesmo século foi reocupado a instancias do rei [[Ordoño II]] e desde [[960]] a comunidade viviu baixo a [[regra de San Bieito]], aínda que no [[século XII]] sumouse á [[Orde de Cluny|reforma cluniacense]] co bispo [[don Xoán]].
 
O mosteiro de Samos desfrutou de grande importancia durante a [[Idade Media]], o que se reflicte en que posuía duascentas vilas e quiñentos lugares. En [[1558]], incorporado xa a San Benito El Real de [[Valladolid]], sufriu un incendio que obrigou á súa total reedificación. A comunidade foi [[exclaustración|exclaustrada]] en [[1835]], aínda que os monxes beneditinos regresaron en [[1880]]. Sufriu outro incendio en [[1951]], tras o que foi reconstruído.
 
== Descrición ==
Nel atópanse tres estilos arquitectónicos, o [[arquitectura gótica|gótico]] tardío, o [[Renacemento|renacentista]] e o [[barroco]].
 
=== Igrexa ===
A '''igrexa''', [[barroco|barroca]], foi construída entre [[1734]] e [[1748]]. Ten [[planta]] de [[cruz latina]] e tres [[Nave (arquitectura)|navenaves]]s. O interior é luminoso e solemne. A bóveda está iluminada por oito [[óculo]]s e as pinturas dos catro doutores [[Virxe María|marianos]] beneditinos ([[Anselmo]], [[Bernardo]], [[Ildefonso]] e [[Ruperto]]). O [[retablo]] maior tamén é clasicista e ten unha imaxe do patrón do mosteiro, San Xulián, obra de [[Xosé Ferreiro]]. A fachada, barroca, vai precedida dunha escalinata en forma de lazo que recorda a do [[Fachada do Obradoiro|Obradoiro]]. Está dividida en dous [[corpo (arquitectura)|corpos]], cunha porta flanqueada por catro columnas de orde [[dórico|dórica]] sobre [[pedestal|pedestais]], que se repiten no corpo superior flanqueando o [[óculo]]. A [[sancristía]], de finais do [[século XVIII|XVIII]], consiste nunha [[bóveda]] de planta octogonal apoiada en arcos de medio punto.
A biblioteca, de 31 m. de longo, conta cun fondo de 25.000 volumes.
 
=== Claustros ===
Conta con dous claustros. O '''Claustro Grande''' foi construído entre [[1685]] e [[1689]] e ten 3.000 m² (54 m de lado), polo que é o maior de España. Coñécese como "do [[Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro|padre Feijoo]]", por tomar este o hábito beneditino neste mosteiro en [[1690]], e está presidido por unha estatua súa, obra de [[Francisco Asorey]]. O estilo é unha combinación austera e sinxela de [[clasicismo]] e [[herrerianismo]]: nove [[arco (arquitectura)|arcos de medio punto]] por cada lado na planta baixa, columnas [[dórico|dóricas]] nas dúas primeiras plantas e [[xónico|xónicas]] nos ventanais da terceira. Os muros do piso superior foron decorados con cenas da vida de San Bieito e son obra de [[Enrique Navarro]], [[Celia Cortés]] e [[Xosé Luís Rodríguez]].
 
Liña 25:
O mosteiro foi colexio de Teoloxía e Filosofía e é parada importante do [[Camiño de Santiago]], xa que conta cunha [[hospedaría]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes do Mosteiro de San Xulián de Samos}}
<gallery>
Ficheiro:Samos. Mosterio de San Xulián.Galicia 1.jpg
Liña 34:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Mosteiro de San Xulián de Samos}}
=== Outros artigos ===
* [[Capela do Ciprés]]
* [[Mosteiro]]
* [[Mosteiros e conventos de Galicia]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://abadiadesamos.com Web da abadía de Samos] {{es}}
* [http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=4491&ctre=33 San Xulián de Samos] en [[Turgalicia]].