Mandarín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 28:
O mandarín escríbese por medio de [[sinograma]]s, que son susceptíbeis de ser [[Transcrición|transcritos]] en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en [[pinyin]] (como na maioría dos artigos da [[Wikipedia]]), mais tamén en [[bopomofo]].
 
O mandarín (a miúdo chamado simplemente ''[[lingua chinesa|chinés]]'') é a lingua máis falada do mundo (debido á elevada poboación da China). Porén, aínda cando hoxe é ensinado a todos os chineses, os máis vellos non falan todos o mandarín senón outras [[linguas chinesas]], como o [[lingua cantonesa|cantonés]], ou distintas como o [[lingua tibetana|tibetano]] ou o [[lingua mongol|mongol]]. O mandarín, que os dirixentes [[comunismo|comunistas]] designaron como a [[lingua vehicular]] da súa nación enteira (de aí o termo ''pǔtōnghuà'', «lingua común»), era primitivamente o idioma das comunidades chinesas do norte do país. Mesmo posuíndo unha antiga historia literaria, o mandarín non deriva da [[chinés clásico|lingua clásica]] literaria e artificial (文言 ''wényán''), abandonada en [[1919]], logo de ter sido utilizada como lingua escrita oficial e literariamente durante máis de dous mil anos; por contra, foi dunha [[lingua vernácula]] falada ([[chinés falado|白話 ''báihuà'']], «lingua simple») da que procede o mandarín. En [[1956]], foi a variante de [[Pequín]] a promovida ao rango de lingua oficial, sendo considerada a miúdo como a variante patrón deste idioma. O mandarín de Pequín posúe, porén, peculiaridades (como a utilización frecuente da [[retroflexión]] vocálica marcada por medio do [[sufixo -er]]) e dise tamén que os pequineses teñen un «acento». O mandarín dun taiwanés será, porén, moi pouco diferente do dun pequinés.
 
Fóra da [[República popular de China|China]], hai importantes comunidades chinesas que comparten esta lingua, a cal é ensinada en numerosos colexios e universidades do mundo.
Liña 42:
 
== Variantes gramaticais e lexicais ==
{{APArtigo principal|Dialectos mandaríns}}
 
Dede un punto de vista oficial, como xa se dixo, hai dúas variantes mandaríns, posto que o goberno de Pekín refire o mandarín do continente como se fose a''pǔtōnghuà'', «lingua común», entanto que o goberno de [[Taipei]] cita a súa lingua oficial como ''kuo-yü'' ({{TriplaChinés|國語|国语|guóyǔ}}), «lingua nacional». Oficialmente, o ''pǔtōnghuà'' inclúe as pronuncias de varias rexións, mentres que o ''kuo-yü'' está baseado teoricamente só sobre os [[fonema]]s do mandarín de Pekin. A comparación entre os dicionnarios das dúas zonas mostra que ha algunhas diferencias substanciais. Porén, ambas as dúas versións do mandarín escolar son abondo diferentes do mandarín coloquial, que de feito se fala, o cal sufríu o influxo das variantes rexionais.
 
Aínda máis, todas as variantes do mandarin non son directa e mutuamente intelixíbeles. Para ser máis precisos, segundo o [[SIL International|SIL]] (Summer Institute of Languages):
Liña 52:
Porén, os falante educados que viven nas cidades do Suroeste, como Guilin e Kunming falan un ''pǔtōnghuà'' bastante correcto en lugar da súa lingua ancestral.
 
Na China do Norte, en [[Sichuan]], e noutras áreas onde se fala a ''lingua do Norte'', denominadas « variantes locais do mandarín », é de feito unha das linguas maternas dos falantes desas zonas. A educación masiva no mandarín non eliminou as diferencias rexionais anteriores. No Sur, as interferencias entre o mandarín e outras lingua chinesas deron lugar a aparición de versións locais da ''lingua do Norte'', que son abondo diferentes do mandarín oficial padrón, tanto na proninciación como na gramática. Por exemplo, o mandarín falado en Taiwán polos estudantes que falan [[taiwanés (lingüística)|taiwanés]] (un dialecto de [[Min-nan|min do Sur]]) ou [[hakka]], como lingua materna, é polo xeral realizado con unha gramática e un sotaque ou acento que o fan diferente do ''kuo-yü'' normalizado, orixinando unha versión do mandarín comunmente denominado ''mandarín de Taiwan''.
 
Pese a que o mandarín sexa considerado como a lingua estándar, falar mandarín sen acento local, ou usar o mandarín en lugar do dialecto local, pode facer pasar o locutor como un estranxeiro ou como alguén ''non normal''. De aí que a maior parte dos falantes, incluídos os dirixentes políticos, non se esforcen en falar o mandarín consonte o acento padrón oficial.
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lingua chinesa]]
* [[Pinyin]]