Diferenzas entre revisións de «Luama, Ortigueira»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (actualizo poboación)
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
''' San Martiño de Luama''' é unha parroquia do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Ortigueira]], na [[comarca do Ortegal]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 144 habitantes (75 mulleres e 69 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 189 habitantes.
 
== Xeografía ==
Está situada na punta que dá fronte ao extenso areal de Morouzos e á barra da entrada da Ría de Ortigueira. Linda polo norte e oeste con dito areal de Morouzos e coa ría, polo nordeste coas brañas da enseada de Ladrido, polo sur coa parroquia de [[Ortigueira, Ortigueira|Ortigueira]], e polo leste coa parroquia de [[Luía, Ortigueira|Luía]].
 
A Illa de San Vicente situada na barra da entrada da ría, pertence a esta parroquia, que por outra banda non é recoñecida como tal a efectos eclesiásticos, quedando incluída na parroquia de Ortigueira. Dende o lugar da Carmona na estrada [[AC-862]] parte outra estrada, chamada de circunvalación, que rodea a parroquia pola beira da ría até a rúa Curuxeira xa en Ortigueira.
 
== Patrimonio ==
Non tendo entidade como parroquia eclesiástica o seu patrimonio arquitectónico está reducido aos edificios que albergaron o Escolar de Ortigueira e o asilo Dolores Díaz Dávila, hoxe residencia de maiores.
 
Conta tamén Luama cun importante patrimonio natural que identifica a Ortigueira e que vén a ser toda a contorna da coñecida [[praia de Morouzos]], cun gran piñeiral ao pé dun extenso areal aberto ao norte. Neste lugar coñecido antigamente como San Martiño recuperouse hai pouco unha pequena lagoa e construíronse carreiros que cruzan o piñeiral e máis as dunas que o separan da praia, nunha paisaxe única que está incluída nas seguintes figuras de protección: Zona ZEPA, Zona Ramsar, Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral, e zona IBA (Important Birds Area) da (SEO/BirdLife).
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Luama, Ortigueira}}
<gallery>
Ficheiro:Illa de San Vicente.jpg|Vista da Illa de San Vicente desde Ladrido.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Luama ===
{{Lp Luama}}
=== Parroquias de Ortigueira ===
{{Ortigueira}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Ortigueira]]
 
[[Categoría:Parroquias de Ortigueira]]
393.002

edicións