Longobardos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 26:
 
== O reino longobardo de Italia: ==
{{APArtigo principal|Reino longobardo}}
 
== Bizancio, Roma e os longobardos ==
Liña 36:
Nos séculos [[século VII|VII]] e [[século VIII|VIII]], as relacións dos longobardos coa [[Igrexa Católica]] e, durante un período máis curto, coa aristocracia romana, son pésimas.
 
Roma, en principio oficialmente vinculada ao exarcado de Rávena e Bizancio, ve como o poder do papa é substituído polo dun emperador alonxado e incapaz de intervir sobre a sorte dos seus súbditos peninsulares, mentres que a primacía da sé apostólica romana se afirma cada vez máis sobre os outros bispos da península.
 
Axilulfo foi o primeiro soberano longobardo a se converter á [[ortodoxia]] non sen comportar vivas resistencias ao seo do seu pobo. Os seus sucesores, en efecto, volven logo á herexía ariana e o rei ariano Rotario confisca os bens romanos do seu reino. O rei Ariperto ([[653]]–[[661]]) converteuse ao catolicismo pero decide ligarse á Igrexa de [[Aquilea]] que rexeita a autoridade papal sobre o Friúl. O rei [[Perctarito]] é o que ao final instala a ortodoxia romana no reino, sen que por iso mellorasen notoriamente as relacións políticas longobardas con Roma. En [[698]] ten lugar un acercamento baixo o reinado do rei [[Cuniperto]]: un concilio pon fin ao cisma de Aquilea e os bens de Roma son restituídos. [[Liutprando]], no seu soño de gobernar toda a península italiana, aproveitouse dos diverxencias entre Roma e Bizancio, daquela iconoclasta, para intentar facerse con Rávena.
Liña 42:
Finalmente, Roma vólvese cada vez máis cara os francos contra os longobardos que eran cada vez máis ameazadores, en principio sen éxito co Papa [[Gregorio III, Papa|Gregorio III]], en [[739]] – [[740]]. Con todo, o sucesor deste último, [[Zacarías, Papa|Zacarías]], decide apoiar a familia [[Carolinxios|carolinxia]] cando esta última usurpa a realeza ao último rei franco [[merovinxio]], [[Khilderico III]]: este acontecemento maior fai envorcar as relacións entre longobardos e francos. Despois da toma de Rávena polos longobardos (751), en efecto, Aistolfo tenta tomar Roma. O papa [[Estevo III, Papa|Estevo III]] efectúa daquela unha viaxe á [[Galia]] en [[754]] para demandar a axuda de [[Pipino o Breve]], novo rei des francos. O rei efectúa entón dúas breves expedicións contra Aistolfo, en [[754]] e en [[756]], poñendo así a Roma e ao Papado baixo a súa protección. É probábel que o rei franco evitase debilitar demasiado aos longobardos a fin de os conservar como eventuais aliados.
 
O último rei dos longobardos foi ''Desiderius'', ou [[Desiderio|«Desiderio»]], que reina ata marzo de [[774]]. Este soberano de temperamento indeciso tenta contrerestar a influencia franca acercándose ao [[ducado de Baviera]]. En [[772]], [[Carlomagno]] responde á chamada de axuda do papa Estevo II, ameazado por Desiderio, e intervén en Italia na primavera de [[773]]. Toma Pavía en marzo de 774 tras un cerco difícil pero nunha conquista rápida e sen resistencia notábel, poñendo así fin ao reinado de Desiderio e ao dominio longobardo sobre Italia. A falta de cohesión entre os diferentes duques longobardos é unha das principais causas das súas tres derrotas conta os francos.
 
O xove soberano carolinxio, dada a importancia estratéxica de Italia para Igrexa, toma nesta ocasión o título de «rei dos longobardos», poñendo así a península baixo o seu control directo. Deduce igualmente unha parte do reino dos longobardos para a sé apostólica, acto que está na orixe da creación dos [[Estados Pontificios]], que existiron ata mediados do [[século XIX]]. Así, o franco honra a promesa de protexer Roma como fixera seu pai ao Bispo de Roma.
Liña 121:
 
== Véxase tamén ==
* [[Exarcado de Rávena]].
* [[Estados Pontificios]].
* [[Ducados longobardos]].
* [[Ducado de Benevento]].
* [[Ducado de Spoleto]].
* [[Principado de Salerno]].
* [[Principado de Capua]].
* [[Lista dos duques e príncipes longobardos de Benevento]].
* [[Lista dos duques longobardos de Spoleto]].
Liña 134:
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.clio.fr/BIBLIOTHEQUE/les_lombards_derniers_barbares_du_monde_romain.asp Os longobardos, derradeiros bárbaros do mundo romano] por Jean-Pierre Martin, Director de investigación no [[CNRS]]. {{fr}}
 
[[Categoría:Lombardía]]