Lituania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Brathxa (conversa | contribucións)
cambio de moeda
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 72:
== Política ==
[[Ficheiro:Lithuanian President Valdas Adamkus and Vice President Dick Cheney in Vilnius, Lithuania.jpg|miniatura|esquerda|225px|Actual presidente de Lituania [[Valdas Adamkus]] (dereita) co vicepresidente dos EEUU [[Dick Cheney]] en [[Vilnius]] en maio de 2006]]
{{APArtigo principal|Política de Lituania}}
Dende a declaración de independencia de Lituania o [[11 de marzo]] de [[1990]], o país manten un estable democracia. Nas primeiras eleccións democráticas acontecidas o [[25 de outubro]] de [[1992]], o 56,75% apoiou a nova constitución do país.<ref name=referenda>[http://www3.lrs.lt/docs2/QKVXRGNF.DOC Nuo 1991 m. iki šiol paskelbtų referendumų rezultatai (Resultados dos Referendos 1991-Presente)], Microsoft Word Document, [[Seimas]]. Accedido 4 de xuño, 2006.</ref> Houbo intensos debates vecellados á constitución, especialmente no referente ao papel do presidente. Tomando como exemplo a primeira esperiencia independente do país, fixéronse diferentes propostas que ían dende un [[Parlamento|goberno parlamentario]] ata un [[Presidente|sistema presidencialista]] semellante ao dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. O [[23 de maio]] de [[1992]] tivo lugar un referendo co fin de estimar a opinión pública, no referendo un 41% dos votos deu o seu apoio á restauración do [[Presidente de Lituania]].<ref name=referenda/> Eventualmente pensouse nun [[República Semipresidencialista|sistema semipresidencialista]].<ref>Lina Kulikauskienė, Lietuvos Respublikos Konstitucija (Constitution of Lithuania), Native History, CD, 2002. ISBN 9986-9216-7-8</ref>
 
Liña 99:
 
== Economía ==
{{APArtigo principal|Economía de Lituania}}
[[Ficheiro:Vilnius skyline at night.Lithuania.JPG|400px|Centro financeiro de Vilnius|miniatura]]
Lituania é un país cun reducido risco político e económico, e cunha taxa de crecemento que se sitúa entre as máis altas de [[Europa]]. Na actualidade o [[países bálticos|país báltico]] ten un alto nivel de vida con respecto aos seus veciños do [[Europa do leste|leste]], conta con moitos servizos sociais para os seus cidadáns e todas as comodidades de calquera nación moderna, achegándose cada día máis ao nivel de vida dos [[países nórdicos]]. Os factores determinantes deste excepcional crecemento son atribuíbles non só á estabilidade no plano macroeconómico, senón á flexibilidade do traballo, a forza do seu comercio internacional, a política de incentivos para as innovacións e a súa estratéxica posición xeopolítica, que converte a Lituania nun punto imprescindible nas relacións entre [[Rusia]] e os membros da [[Unión Europea]].
Liña 153:
A cría de [[gando]] e a [[produtos lácteos|produción láctea]] son as actividades agrarias dominantes. Os cultivos principais son os [[cereais]], as [[pataca]]s, a [[remolacha azucreira]], a [[soia]] e o [[liño]]<ref>[http://www.banesto.es/euroventanilla/ampliacion/lituania.htm Boletín sobre novos mercados]</ref>. Os recursos [[mineral|minerais]] son limitados; destacan o [[xeso]] e a [[arxila]]. Unha mención especial merecen os servizos, o transporte e o turismo, que achegan unha alta porcentaxe do PBI. O turismo constitúe unha das alternativas de negocio que máis axiña estase desenvolvendo
 
O [[Banco Central Europeo]] prevé que en menos de 20 años Lituania será un país altamente desenvolvido como [[Suecia]], e estará á par cos seus veciños da [[Europa do norte]], superando incluso algúns países da antiga Unión Europea 15 como [[España]] e [[Portugal]]. Debido ao crecemento acelerado da economía lituana, moi por riba da media europea, a mediados de [[2004]], aderiuse ao [[Sistema Monetario Europeo]] II, o que lle asegura estabilidade cambiario e ao [[Euro]] o 1 xaneiro 2015.<ref>{{Cita web| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2246936,00.html | título = ¿Euro para todos? | ano = 2006 | obra = [[Deutsche Welle]] 23.11.2006 | dataacceso = 23/11/2007 | idioma = español}}</ref><ref>{{cita novas|título=Lituania abandornará el 1 de xaneiro la litas polo euro|url=http://es.euronews.com/2014/12/29/lituania-abandornara-el-1-de-enero-la-litas-por-el-euro/|dataacceso=2 de xaneiro de 2015|axencia=http://es.euronews.com/|lingua=es}}</ref>
 
Cabe mencionar que aparte do seu alto incremento no PIB, Lituania ten outros factores que favorecen o seu crecemento, algúns destes son: o turismo, o crecemento acelerado da industria, o alto investimento estranxeiro, a privatización de empresas estatais, a súa baixa débeda pública (case nula), un déficit baixo e unha sociedade moderna que deixou atrás a época [[comunismo|comunista]]; o que en conxunto fai que o país teña un crecemento económico alto, sostible e cun índice de desenvolvemento humano elevado.