Lesbianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 7:
 
== Historia ==
{{APArtigo principal|Historia do lesbianismo}}
A terminación ''-ismo'' en lesbianismo implicaba (o sufixo -ismo indica «partidario de») a idea de que a organización comunitaria dos homosexuais tendía á promoción das súas condutas; ao irse apartando a sociedade da crenza de que a homosexualidade é voluntaria, foise impoñendo «homosexualidade» sobre «homosexualismo».
 
=== Discriminación e feminismo ===
{{APArtigo principal|Feminismo}}
 
A maioría das culturas antigas considerou ás lesbianas como inexistentes, a diferenza da homosexualidade masculina, considerada ata fai poucas décadas como enfermidade ademais de seres perseguidos e castigados duramente por iso. As mulleres perseguíronse por ser adúlteras e [[prostitutas]], pero non pola súa [[orientación sexual]]. Neste aspecto poderíase considerar que as lesbianas foron marxinadas por omisión ao non se recoñecer a súa propia existencia. O auxe das últimas décadas dos sectores denominados representantes do [[feminismo]] loitaron por moito tempo polo recoñecemento do lesbianismo. Históricamente, as lesbianas estiveron involucradas na loita polos dereitos das mulleres.
Liña 21:
== Sexualidade ==
[[Ficheiro:Courbet_Sleep.jpg|miniatura|''[[O soño (Courbet)|O soño]]'', de [[Gustave Courbet]]]]
{{APArtigo principal|Estudos de xénero}}
En 1949, [[Simone de Beauvoir]] afirmou: «''Unha non nace muller, senón que se fai muller''». A súa reflexión abriu todo un novo campo de indagación intelectual sobre a interpretación da igualdade e a diferenza dos sexos, que hoxe é tema de revistas, libros, debates políticos, políticas de diversidade empresarial e seminarios académicos e movementos sociais en todo o mundo.
 
Liña 35:
== Cultura ==
[[Ficheiro:Lautrec in bed 1892.jpg|miniatura|dereita|''Na cama'', de [[Henri de Toulouse-Lautrec]], 1892]]
{{APArtigo principal|Cultura lesbiana}}
 
A cultura lesbiana medrou tradicionalmente incluída dentro da tradición feminina, e máis especificamente na cultura das mulleres. Durante moitos anos, e en épocas máis difíciles cás actuais, a cultura das mulleres desenvolveuse en diferentes eidos; deste xeito houbo músicas, poetas, escritoras e artistas, etc. Todas elas agocháronse dentro da cultura das mulleres.
Liña 42:
 
=== Literatura ===
{{APArtigo principal|Literatura lésbica}}
A comezos do século XX tanto en [[Londres]] como en [[París]], nunha atmosfera e un clima intelectual e artístico resplandecente, creáronse as primeiras comunidades de mulleres poetas, escritoras e artistas. Algunhas das mulleres parisinas máis coñecidas foron: [[Marguerite Yourcenar]] (primeira muller elixida para integrar a [[Academia francesa]]), [[Natalie Clifford Barney]], [[Gertrude Stein]], [[Tamara de Lempicka]], [[Colette]] e as súas amigas [[Natalie Clifford Barney]] e [[Liane de Pougy]]; algunhas das mulleres lesbianas londinenses máis coñecidas nese entón foron [[Virginia Woolf]], [[Katherine Mansfield]] e [[Jeanette Winterson]].