Irmandiños: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 95.60.223.14 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 4:
[[Ficheiro:Castelo da rocha forte Torreón e muro oeste.JPG|miniatura|dereita|225px|Restos do [[Castelo da Rocha Forte]] arruinado polos grupos de irmandiños no [[1466]].]]
 
Na [[Galicia]] [[medieval]], os '''irmandiños''' eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos [[Nobreza|señorseñores]]es.
 
No [[século XIV]] entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de [[Pedro I de Castela|Pedro I "o Cruel"]] e [[Henrique II de Castela|Henrique II]]. Eran os [[Osorio]] en [[Monforte de Lemos|Lemos]] e [[Sarria]], os [[Casa de Andrade|Andrade]] en [[Pontedeume]], os [[Casa dos Sarmiento|Sarmiento]], os [[Ulloa]]s, os [[Sotomaior]] ... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no [[século XV]]. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira denomínase “Irmandade Fusquenlla”, e a segunda, “Grande guerra Irmandiña”.
Liña 10:
As primeiras irmandades formáronse contra o [[bispo]] [[Diego Xelmírez]]{{cómpre referencia}}, contra quen se levantaron varias veces os [[burguesía|burgueses]] e parte do clero de [[Santiago de Compostela|Compostela]] ([[1116]] e [[1140]]).
 
== Irmandade Fusquenlla ==
{{APArtigo principal|Irmandade Fusquenlla}}
A '''Irmandade Fusquenlla''' formouse no ano [[1431]] nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que [[Nuno Freire de Andrade, o Mao]], trataba aos seus vasalos, empeorada con motivo da visita do infante Henrique de Aragón a Galicia para o que botou man dun tributo especial. A revolta iniciouse nas comarcas de [[Pontedeume]] e [[Betanzos]] e chegou a espallarse por [[Lugo]] e [[Mondoñedo]] e a derrubar algunha fortaleza nobiliar, como o [[Castelo de Andrade|castelo dos Andrade]] na vila de [[Pontedeume]].
 
As disensións internas fixeron que a revolta fracasase ante as tropas dos Andrade, o rei de [[Castela - Castilla|Castela]] e o arcebispo de [[Santiago de Compostela|Santiago]]. [[Roi Xordo]], un fidalgo da Coruña, dirixiu as tropas da Irmandade Fusquenlla e morreu na represión posterior á desfeita irmandiña.
 
== Gran Guerra Irmandiña ==
{{APArtigo principal|Gran Guerra Irmandiña}}
A Gran Guerra Irmandiña tivo lugar nos anos [[1466]]-[[1469]]. Chegara o momento en que ''"os gorrións habían de correr tralos falcóns"''. Os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaron anos antes por parte de [[Afonso de Lanzós]] e co apoio de varios concellos ([[A Coruña]], [[Betanzos]], [[Ferrol]], [[Lugo]]) que actuaron de motores iniciais do movemento. Neste caso, a revolta irmandiña foi unha auténtica [[guerra civil]] pola variada e numerosa participación social que chegou a provocar.
 
Liña 25:
 
Segundo os testemuños do [[preito Tabera - Fonseca]], os irmandiños serían arredor de 80.000 persoas. Na organización e desenvolvemento da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes das cidades, baixa nobreza e fidalguía e algúns membros do clero, como coengos composteláns que apoiaron economicamente o movemento irmandiño. Os xefes militares do movemento pertencían á baixa nobreza e foron os seguintes:
* [[Pedro de Osorio]] actuou no centro de Galicia, sobre todo na zona de Compostela.
* [[Afonso Lanzós]] dirixiu a revolta na zona norte de Galicia.
* [[Diego de Lemos]] dirixiu as accións irmandiñas no sur de Lugo e norte de Ourense.
 
O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o estudoso do período Carlos Barros chama "mentalidade xusticeira e antiseñorial" da sociedade galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns “malfeitores”.
 
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais [[Igrexa (arquitectura)|igrexaigrexas]]s e [[mosteiro]]s. Os irmandiños destruíron arredor de 130 [[castelo (fortificación)|castelos]] e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. Os irmandiños, por contra, non atacaron os eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara [[Portugal]] ou [[Castela - Castilla|Castela]].
 
[[Ficheiro:Hakenbuechse.png|miniatura|350px|esquerda|Os soldados de Pedro Álvarez usaban [[arcabuz|arcabuces]] na [[Segunda Guerra irmandiña]]. O da imaxe é de [[1425]]]]
En [[1469]], [[Pedro Madruga]] inicia desde Portugal o contraataque feudal, contando co apoio doutros nobres e das forzas do arcebispo de [[Santiago de Compostela]]. As tropas feudais, contando cunha mellor tecnoloxía de guerra (sábese que as tropas de Pedro Madruga empregaron modernos arcabuces), venceron os irmandiños, prenderon e mataron os seus líderes. A vitoria das tropas de [[Pedro Madruga]] produciuse por contar co apoio dos monarcas de Castela e Portugal e polas divisións das forzas irmandiñas. Mais axiña a nobreza vitoriosa viuse envolta de novo en liortas dinásticas que prepararon o seu definitivo desarraigo do territorio galego.
 
== Organización ==
A cabeza das Irmandades correspondíalle ás Xuntas de Irmandade, xuntanzas dos procuradores das Irmandades locais e de representantes de sectores achegados a elas. Destas xuntas emanaban as decisións de goberno, mais era o alcalde de cada Irmandade local o encargado de executala coa axuda dos cuadrilleiros que tiñan o mando sobre unha [[mesnada]] de cen homes.
 
Os capitáns Afonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio eran os encargados da dirección militar da Irmandade.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro| autor =López Carreira, Anselmo| título =Os irmandiños. Textos, documentos e bibliografía| ano =1992| publicación =Vigo: Promocións Culturais Galegas| id = ISBN 84-604-1173-7}}
 
=== Outros artigos ===
* [[A Galicia feudal]]
* [[Pedro Madruga]]
Liña 51:
* ''[[Un home de Vilameán]]''
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://youtube.com/watch?v=7G62vPFa0ls "A revolta irmandiña"], vídeo da serie ''Historias de Galicia'' ([[Youtube]])
 
[[Categoría:Idade Media de Galicia]]