Igrexafeita, San Sadurniño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m actualizo poboación
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 14:
Na [[xurisdición]] eclesiástica forma parte do [[arciprestado de Xuvia]], pertencente á [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]].
 
== Xeografía ==
Igrexafeita destaca pola beleza natural marcada pola acción milenaria das augas do [[Río Castro, Río Grande de Xuvia|Río Castro]], que suca toda a parroquia de leste a oeste. O río –case encaixoado- percorre Igrexafeita practicamente en liña recta deixando a un e outro lado desniveis importantes que son máis acusados na súa ribeira sur. De feito, desde as estribacións da [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] que fai de límite cos concellos de [[As Pontes de García Rodríguez|As Pontes]] e [[As Somozas]], pode observarse unha ladeira dunha altura media superior aos 300 metros completamente cuberta de fraga e [[eucalipto|eucaliptais]] que, ao seu tempo, aparece sucada por numerosos regatos. O máis importante deles é o da Pasada da Barra. Este rego nace na [[Serra do Forgoselo]] e mantense con auga durante todo o ano aínda que, como é lóxico, o inverno é a época na que se amosa toda a súa beleza.
 
A maior parte dos núcleos de poboación aséntanse ao longo da ribeira norte do río Castro e, máis concretamente, seguindo a estrada [[Ferrol]]-[[As Pontes de García Rodríguez|As Pontes]] e a nova autovía, que fendeu Igrexafeita en dúas metades. A configuración do terreo deixa entrever nalgúns puntos a abundancia de [[cuarcita]] que ten na Pena do Rei Mouro un dos meirandes conglomerados de seixo de toda Galiza.
 
== Patrimonio histórico ==
Hórreos e vivendas tradicionais compoñen a maior parte da súa riqueza patrimonial, que se complementa coa igrexa medieval reformada entre os séculos XVIII e XIX. Neste templo –situado no lugar da Torre- hónrase á virxe do Viscordel. A [[arquitectura]] relixiosa complétase con [[cruceiro]]s e coa ermida de Amido –no nordeste da parroquia- erixida en honra a San Vicente e na que non adoita haber oficios.
 
Liña 26:
En realidade, as pinturas que se poden observar na actualidade corresponden a catro pinturas de épocas diferentes. Da máis recente á máis antiga teriamos:
 
* A primeira, a que máis espazo ocupa, corresponde á Asunción da [[Virxe María|Virxe]]. Nesta escena aparece representada na parte superior a Virxe con catro anxos que a soben ao ceo mentres outros dous a coroan.Toda a escena remátase na bóveda coa presenza de Deus Pai coas mans estendidas, bendicindo coa dereita e flanqueado por dous anxos trompeteiros. Abaixo, a ambos lados aparecen os apóstolos divididos en dous grupos de seis coas cara cara arriba mirando á Virxe e as mans xuntas en sinal de oración. No grupo da dereita poden distinguirse a San Pedro coa chave e a Santo Tomás, que está xirado, e é o único que non está mirando á Virxe. No segundo grupo da esquerda aparecen San Xoán coa palma e San Paulo. O resto están sen identificar.
 
* A segunda pintura ocupa o recadro que está enriba da mesa do altar, entre un grupo de apóstolos e o outro, e chega en altura aos pés da Virxe. Trataríase dunha Anunciación. Nela pode verse un chan en perspectiva sobre o que se sitúa un xerro con lirios. Aos lados, tapados pola primeira pintura, intúense dúas figuras: a da dereita, de cor branca, sería o arcanxo Gabriel e a da dereita en vermello, a Virxe María. Esta pintura debeuse conservar porque cando se pintou a Asunción, este espazo debeu estar tapado por un pequeno retablo, cadro ou semellante, o mesmo que ocorreu coa pintura principal e o retablo barroco, pero a menor escala.
 
* Da terceira pintura, os restauradores deixaron unha testemuña á vista, unha pomba situada nun pequeno recadro á dereita. Trátase do Espírito Santo, recoñecible polo nimbo que rodea a súa cabeza. Podería tratarse doutra Anunciación.
 
* Da cuarta pintura xa quedan poucos restos. Os encargados da rehabilitación do conxunto deixaron pequenas mostras de cor na mesma cata da terceira pintura, na parte superior esquerda do recadro da pomba.
 
Esta cantidade de pinturas que se superpoñen teñen a súa explicación no cambio de modas ou gustos e no interese por renovar a estética da igrexa. Na restauración tentouse respectar en todo momento o orixinal, completando as formas só cando era necesario para unha mellor lectura da obra e sempre dunha maneira que se faga discernible do orixinal.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de San Sadurniño}}
<gallery>
Ficheiro:Cruceiro Igrexafeita.JPG|Cruceiro.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Igrexafeita ===
{{Lp Igrexafeita,San Sadurniño}}
=== Parroquias de San Sadurniño ===
{{San Sadurniño}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de San Sadurniño]]
 
[[Categoría:Parroquias de San Sadurniño]]