Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Ansemil»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
| medidas =
}}
'''San Pedro de Ansemil''' é a igrexa parroquial de [[Ansemil, Silleda|Ansemil]], no concello de [[Silleda]]. Conforma o conxunto unha [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] [[arquitectura románica|románica]] de planta basilical con tres naves e tres [[ábsida]]s, á que se lle uniu unha capela [[arquitectura gótica|gótica]] que serviu para soterrar os cadaleitos da familia dos [[condes de Deza]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil. Capela dos Deza fachada.JPG|miniatura|esquerda|250px|Fachada gótica da Capela dos Deza.]]
É todo o que se conserva dun [[mosteiro]] [[Idade Media|medieval]] de monxas bieitas de bastante importancia na comarca, e veciño do [[Mosteiro de Carboeiro]].
Interpreta Bango Torviso que o templo ata o primeiro terzo do século XII debeu corresponderse ''"cunha primitiva estrutura basilical asturiana"''. Nese momento faríanse restauracións do primitivo edificio, principalmente na capela central e na fachada occidental ou principal. Cando a finais do século XIII ou principios do XIV volve a ser ocupada por unha comunidade feminina constrúese a capela funeraria dos Deza e a porta setentrional, así como o capitel con cabeza de asno e faciana humana da capela central. Considera este autor que esta igrexa como moitas outras do románico galego presenta a persistencia de moitas das formas do arte asturiano.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Fachada occidental.JPG|miniatura|210px|Fachada occidental.]]
Na actualidade consérvanse dúas construcións: unha igrexa románica e acaroada ao seu muro sur unha capela gótica. A primeira foi o resultado da reforma dunha construción anterior prerrománica, e debeu rematarse arredor do ano [[1171]].
No decorativo destacan os seus capiteis e sobre todo os [[canzorro]]s exteriores caracterizados por unha gran variedade morfolóxica e plasticidade.
 
=== Interior ===
A igrexa é de planta basilical de tres naves separadas por intercolumnios de arcos semicirculares peraltados e unha [[ábsida]] rectangular con dúas capelas engadidas. Cúbrese con tellado de madeira e as naves divídense en tramos por piares de sección cuadrangular no centro e adosados no do testeiro e en columna no muro occidental. Os piares son encapitelados por unha moldura de tenia e chaflán recto uns e outros en nacela. As basas cunha moldura en chaflán recto, e unha delas presenta unhas piñas.
 
O muro meridional presenta unha seteira a medio tapiar e un gran arco apuntado que comunica coa capela funeraria. As naves cóbrense de madeira, plana na central e a unha vertente nas laterais.
 
==== As ábsidas ====
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Ventana.JPG|miniatura|esquerda|180px|Vano gótico da capela.]]
A ábsida lateral meridional ábrese cun arco triunfal de medio punto peraltado e dobrado apoiado sobre pilastras a modo de xambas. No interior cúbrese con bóveda de canón. A ábsida lateral setentrional aparece pechada por un murete cunha porta no centro. A bóveda desta ábsida arrinca apoiada nunha imposta a maior altura ca do arco triunfal.
As columnas do arco toral son unha de características similares ás do arco triunfal e a outra, a da esquerda, formada por unha basa cun plinto e catro toros estreitos superpostos en degradación e fuste partido en catro partes desiguais, No capitel follas alanceladas e nas caras estreitas unha faciana humana e unha cabeza de asno.
 
=== Exterior ===
Exteriormente non semella que o templo estea composto de tres naves xa que é un rectángulo cuberto a dúas augas con tres ábsidas engadidas á cabeceira.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel1.JPG|miniatura|esquerda|Capitel esquerdo da fachada occidental.]]
A ábsida lateral meridional presenta unha morfoloxía similar a súa oposta. Presenta metido no seu muro testeiro un gran can cunha cabeza de bóvido co corno dereito roto.
 
== A Capela funeraria dos Deza ==
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza timpano.JPG|miniatura|esquerda|200px|Agnus Dei.]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capela dos Deza Virxe co neno.JPG|miniatura|130px|Virxe co neno.]]
Na fachada mostra un lintel co ''Agnus Dei'' xunto a unha Virxe co neno sentada baixo un dosel gótico. Un rosetón e abondosa decoración nos canzorros rematan o conxunto.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes da Igrexa de San Pedro de Ansemil}}
=== Canzorros ===
{{Galería
|Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro1.JPG|
}}
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro
| autor = Bango Torviso, Isidro Gonzalo
}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=45&lg=gal Igrexa parroquial de San Pedro de Ansemil], na web do patrimonio cultural galego.
 
[[Categoría:Igrexas de Silleda|Ansemil]]
387.713

edicións