Igrexa de San Salvador de Camanzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 5:
A '''igrexa de San Salvador de Camanzo''' é a [[igrexa (arquitectura)|igrexa parroquial]] de [[Camanzo, Vila de Cruces|Camanzo]] ([[Vila de Cruces]]). Construída no ano [[1166]], é de planta basilical e conta con tres naves e tres [[ábsida]]s. Foi unha antiga igrexa monacal.
 
== O mosteiro ==
[[Ficheiro:Patio igrexa de San Salvador de Camanzo, Vila de Cruces.jpg|miniatura|esquerda|200px|Arcos do antigo mosteiro.]]
 
O mosteiro de Camanzo foi un mosteiro bieito fundado no [[século X]] polo Conde Don Gonzalo e a súa muller Dona Tareixa. Nun principio servía unha comunidade de monxes e pasou despois a ser de monxas bieitas. A raíña [[Urraca de León e Castela|Dona Urraca]] deixou no seu testamento vaias mandas a favor dos monxes do mosteiro. Desapareceu ao ser incorporado a [[Convento de San Paio de Antealtares|San Paio de Antealtares]] en [[1516]]. A igrexa debeu construírse aproveitando o período de esplendor do mosteiro, que coincide co remate do de [[Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro|Carboeiro]]. Do mosteiro quedan algúns restos, como a arcada que pertenceu á sala capitular. Son arcos semicirculares sobre dúas columnas con ornamentación de follas e a arquivolta do arco presenta ornamentación de bólas.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Porta igrexa de San Salvador de Camanzo, Vila de Cruces.jpg|miniatura|250px|Porta principal.]]
A igrexa é de planta primitiva basilical, consta de tres naves e tres ábsidas semicirculares. A nave central é máis alta cas laterais, divididas en catro tramos e separadas por piares cruciformes. As naves están divididas por piares rectangulares con columnas adosadas nas frontes sobre as que descansan os arcos formeiros que aínda se conservan. Os arcos máis próximos á cabeceira son apuntados, o que indica unha reforma no [[Arquitectura gótica|Gótico]]. Os capiteis tanto das columnas das capelas da cabeceira como dos arcos das naves son románicos e teñen unha ornamentación xeométrica e floral. Os arcos de ingreso ás capelas da cabeceira están formados por arquivoltas ornamentadas. Parte de bóveda de canón sobre o presbiterio está cuberta por pinturas do [[século XVI]].
Liña 18:
A porta principal consta de dobre arquivolta sobre columnas; a arquivolta exterior ten ornamentación floral. No tímpano hai un año esculpido e enmarcado por unha franxa floral en arco de ferradura. A porta románica do muro norte presenta arquivoltas peraltadas ornamentadas con arquiños superpostos en dúas columnas. Na porta sur a fachada foi refeita conservando algúns elementos da portada antiga.
 
== Estado actual ==
A igrexa está nun estado lamentable e os frescos da ábsida central están deteriorados. A sala capitular é utilizada como almacén.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Camanzo, Vila de Cruces}}
<gallery>
Ficheiro:Igrexa de San Salvador de Camanzo.jpg|Igrexa de San Salvador de Camanzo.
Liña 37:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mosteiro]].
* [[Mosteiros e conventos de Galicia]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://centros.edu.xunta.es/iesmarcodocamballon/webantiga/deptos/csoci1a.htm Artigo feito por alumnos do IES Marco de Camballón]
 
[[Categoría:Vila de Cruces]]