Igrexa católica etíope: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 29:
Comparte con ditas Igrexas o [[rito litúrxico]] [[rito alexandrino|alexandrino]], empregando a [[lingua ge'ez]] como lingua litúrxica.
 
== Historia ==
Os [[Era dos descubrimentos|descobrimentos]] [[Portugal|portugueses]] permitiron que se abriran novas vías de comunicación entre a [[Igrexa Católica]] e a [[Igrexa Ortodoxa Etíope]], coa cheagada no [[século XIV]] de [[misión cristiá|misioneiros]] católicos a [[Etiopía]]. O [[28 de agosto]] de [[1439]] o papa [[Uxío IV, papa|Uxío IV]] mandou unha mensaxe de unidade coa Igrexa Católica ao [[Emperador de Etiopía]] [[Zara Yaqob|Constantino I]] pero os seus esforzos non deron resultado.<ref name=cnewa>[http://www.cnewa.org/default.aspx?ID=64&pagetypeID=9&sitecode=HQ&pageno=1 The Ethiopian Catholic Church], Catholic Near East Welfare Association, {{en}}.</ref>
 
Cos ataques [[Islam|islámicos]] de [[1531]] amenazando a Etiopía, o [[Imperio Etíope|Emperador]] buscou a axuda dos [[Imperio Portugués|portugueses]] para derrotar ao [[Sultanato de Adel]] na [[Guerra Adel-Etíope]]. Xunto cos portugueses, chegaron misioneiros [[Compañía de Xesús|xesuítas]], que centraron as súas actividades misioneiras na clase dirixente co propósito de buscar a unión da Igrexa Ortodoxa Etíope coa Igrexa Católica. O emperador [[Sissinios de Etiopía|Sissinios]] convertiuse principalmente pola predicación do xesuíta [[Pedro Páez]]. En 1622, Sissinios fixo do catolicismo a [[relixión do estado]]. Ao ano seguinte, o papa [[Gregorio XV, papa|Gregorio XV]] designou a [[Afonso Mendes]], un xesuíta portugués, como Patriarca da Igrexa Etíope. Mendes tentou [[latinización|latinizar]] a Igrexa Etíope e foi apoiado por Sissinios, mais o efecto desexado foi o contrario e, logo da morte de Sissinios en 1632, o seu sucesor [[Fasílides de Etiopía|Fasílides]] expulsou en 1636 a Mendes do país, rematou a unión con [[Santa Sé|Roma]] e expulsou ou matou aos misioneiros que quedaban, permanecendo o país pechado aos misioneiros católicos por 200 anos.<ref name=cnewa/>
Liña 46:
O [[19 de xaneiro]] de [[2015]] o papa [[Francisco, papa|Francisco]] instituiu a [[Igrexa Católica Eritrea]] como [[igrexa particular]] autónoma, separándoa da Igrexa Etíope, e nomeando como primeiro metropolita ao arcebispo de [[arquieparquía católica eritrea de Asmara|Asmara]], [[Menghesteab Tesfamariam]].
 
== Xurisdicións, estrutura e demografía ==
[[Ficheiro:Berhaneyesus Demerew Souraphiel with Luigi Mazzucato.jpg|thumb|right|300px|Mons. [[Berhaneyesus Souraphiel]], [[arquidiocese de Adís Abeba|Arcebispo Metropolitano de Adís Abeba]], na inauguración dun programa médico cun sacerdote italiano.]]
=== Eparquías ===
A Igrexa Católica Etíope ten [[xurisdición eclesiástica]] sobre [[Etiopía]]. A Igrexa estrutúrase en 4 [[igrexa particular|igrexas locais]], unha arquieparquía e 3 eparquías sufragáneas dela. A [[arquieparquía católica etíope de Adís Abeba|arquieparquía de Adís Abeba]] cubre, xunto coas [[eparquía]]s de [[eparquía católica etíope de Adigrat|Adigrat]], [[eparquía católica etíope de Bahir Dar–Dessie|Bahir Dar–Dessie]] e [[eparquía católica etíope de Embeder|Embeder]], a totalidade do territorio etíope.<ref>[http://www.catholic-hierarchy.org/diocese/daddi.html Arquieparquía de Adís Abeba] {{en}}.</ref>
 
=== Xerarquía ===
A maior autoridade desta Igrexa é o [[arquieparquía de Adís Abeba|arcebispo metropolitano de Adís Abeba]], cargo que dende xullo de [[1999]] ocupa o [[Abuna]] [[Berhaneyesus Souraphiel]] [[Congregación da Misión|CM]]. Por enriba del tan só está o [[Papa]], segundo dispón o canon 43 do [[CCEO]].<ref>[http://www.vatican.va/holy_father/john_paul_ii/apost_constitutions/documents/hf_jp-ii_apc_19901018_codex-can-eccl-orient-1_lt.html#TITULUS_III CCEO, can. 43] {{la}}.</ref>
=== Demografía ===
{{Actualizar}}
Os fieis da Igrexa Católica Etíope son unha pequena parte dos [[relixión en Etiopía|cristiáns etíopes]], pertencendo a maioría deles á [[Igrexa Ortodoxa Etíope]]. Tamén hai certo número de fieis [[emigración|emigrados]] aos países do [[Medio Oriente]],<ref>[http://fr.radiovaticana.va/news/2010/10/14/intervention_de_mgr_berhaneyesus_demerew_souraphiel,_pr%C3%A9sident_d/fr1-430477 Intervention de Mgr Berhaneyesus Demerew SOURAPHIEL, Président du Conseil de l'Église Éthiopienne, Président de la Conférence épiscopale (Éthiopie et Érythrée) (ÉTHIOPIE)], {{fr}}.</ref> e existen minorías en [[Somalia]] e [[Xerusalén]]. En total, os fieis católicos etíopes (sen contar aos de [[Igrexa Católica Latina|rito latino]]) son arredor de 302.000.
Liña 62:
! width=12%|Fieis
! width=11%|[[Bispo]]s
! width=11%|[[Parroquia eclesiástica|ParroquiaParroquias]]s
! width=11%|[[Clero secular|Sacerdotes seculares]]
! width=11%|[[Clero regular|Sacerdotes relixiosos]]
Liña 81:
|}
 
== Características ==
=== Liturxia ===
{{APArtigo principal|rito ge'ez}}
A Igrexa Etíope emprega na súa [[liturxia]] o [[ritos litúrxicos católicos|rito]] [[rito ge'ez|ge'ez]] (ou etíope), que comparte coa [[Igrexa Etíope Tewahedo]] e coa [[Igrexa Católica Eritrea]]. Este rito é un dos dous [[rito alexandrino|ritos alexandrinos]], sendo o outro o [[rito copto]].
 
=== Disciplina ===
* O [[celibato]] non é, como na [[Igrexa Latina]], obrigatorio, e en teoría pódense [[orden sacerdotal|ordenar]] varóns [[matrimonio|casados]]. Porén, a Igrexa Católica Etíope (xunto cos católicos coptos e siríacos) ten adoptado o celibato como norma, mais permitindo certas dispensas do metropolitano.
* Esta Igrexa só admite ao [[diácono|diaconado]] a varóns adultos, a diferencia da [[Igrexa Etíope Tewahedo]] que ordena como diáconos a rapaces.
 
== Notas e referencias ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cnewa.us/default.aspx?ID=64&IndexView&pagetypeID=9&sitecode=US&pageno=1 ''The Ethiopian Catholic Church''] en CNEWA.us {{En}}.
 
{{Igrexas particulares católicas}}