Historia do cinema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 2:
A '''historia do cinema''' como espectáculo comeza en París o [[28 de decembro]] de [[1895]], data da primeira exhibición pública en [[París]].
 
== Antecedentes do cinema ==
A idea de capturar movementos viña de antigo. Inventos coma a cámara escura ou o taumátropo conseguían dar unha certa ilusión de movemento. Arredor de 1893, [[Eadweard Muybridge]] fixo unha serie de fotografías nas que logrou descompoñer o galope dos cabalos en varios fotogramas.
[[Ficheiro:Muybridge race horse animated.gif|miniatura|centro|Cabalo en movemento, de Eadweard Muybridge]]
 
== Cinema mudo ==
{{APArtigo principal|Cine mudo}}
[[Ficheiro:Lalanternemagique.jpg|miniatura|''La lanterne magique'', de Georges Méliès ]]
O cinema nace grazas aos [[irmáns Lumière]] en [[Francia]] e a [[Thomas Alva Edison|Edison]] nos [[Estados Unidos de América]].
Liña 16:
 
 
== A chegada do cinema falado ==
Tras varios intentos con inventos coma o TriErgon (1918) ou o Phonofilm (1923) o pulo definitivo ao cinema falado chegou en 1927, ano en que a [[Warner Bros.]] apostou polo Vitaphone e o aplicou a algún dos seus filmes, como ''Don Juan'' ou ''Old San Francisco''. Porén, foi ''[[The Jazz Singer]]'' o primeiro filme que, ademais de ruídos ou efectos sonoros, incluíu diálogos.
 
Liña 32:
Nestes anos, [[Walt Disney]] exhibiu por primeira vez unha longametraxe animada, ''[[Snow White and the Seven Dwarfs]]''.
 
== A Segunda Guerra Mundial e a posguerra ==
A [[Segunda Guerra Mundial|guerra]] levou a un aumento de filmes patrióticos e de propaganda, tanto en América coma en Europa, pero tamén supuxo o inicio dos anos dourados do cinema en Hollywood. En 1941 [[Orson Welles]] estreaba ''[[Citizen Kane]]'', consideraba un dos mellores filmes da historia, que revolucionou a linguaxe cinematográfica. Nestes anos víronse os primeiros filmes de grandes directores coma [[John Huston]], [[Billy Wilder]] ou [[Elia Kazan]], que levaría a Hollywood o Actor’s Studio.
 
Liña 39:
A falta de medios na Italia da época levou aos directores a filmar nas rúas historias de xente común, o que levaría ao nacemento do [[neorrealismo italiano|neorrealismo]].
 
== Os anos cincuenta ==
No cinema estadounidense os anos cincuenta estiveron marcados pola [[guerra fría]] e a persecución do [[House Un-American Activities Committee]], que investigaba as supostas simpatías comunistas dos cineastas. O comité mesmo creou unha lista negra onde estaban nomes coma o de [[Dalton Trumbo]], aos que se lle impediu traballar. Isto provocou que persoeiros coma [[Charles Chaplin]] fuxiran a Europa.
 
Liña 49:
De [[Suecia]] chegou o cinema de [[Ingmar Bergman]], influencia decisiva para cineastas de todo o mundo, igual que o italiano [[Federico Fellini]].
 
== A renovación do cinema ==
En Hollywood, os anos sesenta supuxeron un declive, xa que moitos dos grandes filmes do momento se rodaban no estranxeiro, nos estudios Pinewood no Reino Unido, en Cinecittà en Roma ou nos estudios [[Samuel Bronston|Bronston]] en [[España]].
 
Liña 58:
Nos Estados Unidos cambiou o clásico sistema de estudios por un poder maior para os directores, que terían o seu momento principal nos anos setenta, con [[Francis Ford Coppola]], [[Martin Scorsese]] ou [[Steven Spielberg]], que se deu en chamar o Novo Hollywood, no que xa desaparecera o código Hays.
 
== Os blockbusters ==
Coa chegada do [[vídeo]] ás casas nos anos oitenta volveu caer a cantidade de público de acudía ás salas de cine, como xa sucedera coa televisión. Nesta ocasión a resposta foi a revolución dos efectos especiais, catapultados a partir de ''[[Star Wars]]'', de [[George Lucas]] en 1977. O xénero paradigmático dos anos oitenta e noventa foi o cinema de acción, tanto procedente dos Estados Unidos coma de [[Hong Kong]].
 
Liña 67:
O cinema de animación sufriu nestes anos unha grande revolución, coa volta da [[Disney]] á realización de longametraxes animadas de calidade e a aparición da animación por ordenador, liderada pola compañía [[Pixar]].
 
== O cinema no século XXI ==
A última revolución no cinema foi a aparición do [[DVD]] e da [[internet]]. A tecnoloxía avanzou para buscar unha mellor calidade de imaxe, co cinema dixital e a alta definición, así coma o [[IMAX]].
 
Liña 74:
Nun intento de atraer o público ás salas, búscase argumentos en [[videoxogo]]s ou [[banda deseñada|bandas deseñadas]] populares, así coma na realización de [[secuela]]s e [[remake]]s.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Cine]]
* [[Historia do cine en Galicia]]