Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
 
==== Imperio Kushan ====
{{APArtigo principal|Imperio Kushan}}
 
O imperio Kushan, que reinou durante o período do primeiro ao terceiro século d.C., estendeuse desde o [[Tadxiquistán]] ata o mar [[Caspio]] e do Afganistán ata o val do río Ganges. O imperio foi creado por [[tocarios]] no que é hoxe Turquestán Leste na China, pero era culturalmente dominado pola India do norte. Tiña contactos diplomáticos con Roma, a Persia e maila China e por varios séculos estivo no centro do comercio entre o Leste e o Oeste, expandindo o budismo a través da China.
 
== Era Mogol ==
{{APArtigo principal|Imperio mogol}}
[[Ficheiro:Taj Mahal in March 2004.jpg|miniatura|esquerda|200px|O Taj Mahal, monumento da Era Mogol]]
A principios do [[século XVI]], os descendentes de Genghis Khan invadiron a través do Paso de Khyber e estableceron a dinastía Mogol, a cal durou 200 anos. Este imperio reinou no norte do subcontinente indio desde [[1526]] e comezou a declinar lentamente logo do [[1707]] para finalmente desaparecer tras a Guerra de Independencia de [[1857]]. Este período tivo importantes repercusións sociais ao ser unha maioría hindú gobernada por emperadores mogois, algúns dos cales patrocinaron a cultura hindú, mentres que outros destruíron templos e fixaron impostos aos habitantes non musulmáns. Durante a fase de decadencia do imperio Mogol, que no seu apoxeo chegou a ter as dimensións do antigo imperio Maurya, xurdiron varios reinados para encheren o baleiro que deixou a desaparición de coitado imperio.
 
== O Raj Británico ==
{{APArtigo principal|Raj Británico}}
A colonización decisiva dos británicos na India comeza a partir da batalla de Plassey no [[1757]] logo de derrotaren ao Nawab Siraj Ud Daulah, o cal lles permitiu ocupar a rexión de Bengala. Esta rexión constituíuse nun [[protectorado]] baixo a administración da Compañía. Desde este estado os británicos expandiron a súa influencia cara á outras rexións da India no [[1850]] cando tiñan so o seu dominio a meirande parte do subcontinente indio. No [[1857]] a rebelión dos sipaios; soldados indios ao servizo dos británicos; no norte e centro da India e a súa posterior derrota, causou que o Parlamento británico transferise o poder político e administrativo da Compañía á Coroa, sendo esta a administradora directa das colonias británicas naquela rexión ata a súa independencia.
 
== O movemento independentista ==
 
{{APArtigo principal|O movemento de Independencia indio}}
 
Ao final do [[século XIX]] a India, naquel entón unha colonia británica, deu os primeiros pasos cara á independencia coa designación de conselleiros nativos ao Vicerrei da India e a creación dos concellos provinciais cuxos membros eran indios. No [[1920]], o líder indio Mohandas K. [[Gandhi]] (tamén coñecido como ''Mahatma'' [ou quizabes alma grande]) transformou o partido do [[Congreso Nacional Indio]] nun movemento de masas en protesta contra a dominación británica. O movemento atinxiu o seu obxectivo a través de accións parlamentarias, resistencia non violenta e desobediencia civil.
381.287

edicións