Hipocótilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1426202
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 4:
 
== Etimoloxía ==
O termo ''hipocótilo'' é a adaptación do neoloxismo do [[latín|latín científico]] ''hypocotylus'', á súa vez tirado do neoloxismo grego ὑποκοτυλών ''hypokotylón'', abreviatura de ὑποκοτυληδών, de ὑπό, ''hypo'' "por baixo de", e κοτυληδών ''kotylēdōn'', "cotiledón".<ref name=FQ></ref>
 
== Formación e evolución ==
Liña 21:
O desenvolvemento temperán da plántula das plantas [[monocotiledóneas]], como os [[cereal|cerais]] e outras [[gramínea]]s é algo diferente. Unha estrutura chamada ''coleóptilo'', esencialmente unha parte do cotiledón, protexe o caule novo e a plúmula en crecermento empuxa cara a arriba a través do solo. Un ''mesocótilo'' —que é unha parte das plantas novas que se encontra entre a semente (que sigue enterrada) e a plúmula— esténdese até a superficie do solo, onde se desenvolven raíces secundarias xusto debaixo da plúmula. Logo pode non desenvolverse máis a raíz principal. O mesocótilo considérase que é parcialmente hipocótilo e parcialmente cotiledón.
 
Non todas as monocotiledóneas se desenvolven como as gramíneas. A [[cebola]], por exemplo, desenvólvese de maneira similar á primeira secuencia descrita anteriormente, a ''testa'' (cuberta) e o [[endospermo]] (órgano de reserva de alimentos), empuxa cara a arriba estendendo o cotiledón. Máis tarde, a primeira folla verdadeira crece desde o nó entre a radícula e o cotiledón rompendo o cotiledón que semella unha vaíña.
 
== Órganos de reserva ==
{{APArtigo principal|Órgano de reserva}}
Nalgunhas plantas, o hipocótilo medra como un órgano de almacenamiento de alimentos ([[órgano de reserva]]). Exemplos son os casos do [[ciclame]], as ''[[Gloxinia]]'' ssp e o [[apio]].