Herdanza mendeliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 2:
 
== Historia ==
{{APArtigo principal|Historia da xenética|Gregor Mendel}}
[[Ficheiro:Gregor Mendel.png|miniatura|dereita|Gregor Mendel.]]
As leis da herdanza derivan dos traballos de [[Gregor Mendel]], un monxe agostiño que vivíu no [[Imperio Austro-Húngaro]] no [[século XIX]], que realizou experimentos de hibridación con distintas razas de chícharos de xardín (''[[Pisum sativum]]''). <ref name=Henig>{{cite book
Liña 45:
Mendel descubriu que cando se cruzan chícharos de flores brancas e púrpuras, o resultado non é unha mestura, senón que a descendencia ten flores púrpuras. Concibiu entón a idea da existencia de unidades hereditarias, que denominou "factores", un dos cales é unha característica [[recesivo|recesiva]] e a outra [[dominancia (xenética)|dominante]]. Mendel dixo que os factores, despois chamados [[xene]]s, normalmente aparecen en pares nas células somáticas ordinarias, pero que segregan (sepáranse) durante a formación das células sexuais. Cada membro do par acaba situado en células sexuais ([[gameto]]s) separadas. O xene dominante, como o púrpura da flor do chícharo, oculta a presenza do xene recesivo, o de flor branca. Unha vez que Mendel [[autofecundación|autofecundou]] a xeración F<sub>1</sub> e obtivo a proporción 3:1 na descendencia, teorizou correctamente que os xenes poden emparellarse de tres maneiras para cada carácter: AA, aa, e Aa. A letra "A" maiúscula representa o factor dominante e a minúscula o recesivo, "a". A combinación Aa aparece con dobre frecuencia ca calquera das outras dúas, xa que pode orixinarse de dúas formas: Aa ou aA.
 
Mendel afirmou que cada individuo ten dous factores para cada caracter, un procedente de cada proxenitor. Os dous factores poden conter ou non a mesma información. Se os dous factores son idénticos, o individuo dise que é [[homocigoto]] para ese carácter. Se os dous factores levan diferente información, o individuo denomínase [[heterocigoto]]. As formas alternativas de cada factor denomínanse hoxe [[alelo]]s. O [[xenotipo]] dun individuo está constituído por todos os alelos que posúe. A aparencia física dun individuo ou [[fenotipo]], está determinada polos seus alelos e pola influencia ambiental. Un individuo posúe dous alelos para cada carácter; un alelo recibiuno da nai e o outro do pai. Os alelos pasan á seguinte xeración través dos gametos: [[óvulo]]s e [[espermatozoide]]s. Cando se forman os gametos, os alelos sepáranse de forma aleatoria e cada gameto recibe só unha copia de ditos alelos. A presenza dun alelo non significa que o carácter se exprese no individuo que o posúe, xa que nos heterocigotos só se expresa o alelo dominante. O alelo recesivo está presente tamén no heterocigoto, pero non se expresa, aínda que pode transmitirse á descendencia (hai tamén excepcións como a [[codominancia]]).
 
Os descubrimentos de Mendel resúmense en dous principios básicos: '''lei da segregación''' e '''lei da distribución independente'''.
Liña 96:
 
En palabras do propio Mendel:<ref name=Sinnott>Sinnott, Edmund Ware; Dunn LC & Dobzhansky T. (1961). «Mendel G. Experimentos de hibridación en plantas, 1866.». Principios de Genética. Barcelona: Omega. pp. 528-549. B 12915-1961.</ref>{{cita|"Por tanto, non hai dúbida de que a todos os caracteres que interviñeron nos experimentos se lles aplica o principio de que a descendencia dos híbridos na que se combinan varios caracteres esenciais diferentes, presenta os termos dunha serie de combinacións, que se orixina pola reunión das series de desenvolvemento de cada parella de caracteres diferenciais".|Gregor Mendel}}
[[Ficheiro:Dihybrid cross.png|miniatura|dereita|300px|'''Figura 2:''' Os fenotipos de dous caracteres independentes mostran a proporción 9:3:3:1 na F<sub>2</sub>. Neste exemplo, os caracteres son "cor do pelo", que ten os alelos '''B''' (castaño, dominante) ou '''b''' (branco) e "lonxitude do rabo", cos alelos '''S''' (curto, dominante) ou '''s''' (longo). Cando cruzamos dous dobres homocigotos (SSbb x ssBB), os fillos da F<sub>1</sub> son todos heterocigotos SsBb castaños e de rabo curto. Se cruzamos dous individuos dihíbridos da F<sub>1</sub> obteremos unha F<sub>2</sub> con todas as combinacións posibles de cor e lonxitude da rabo na proporción 9:3:3:1 (9 castaños/curto (en fondo púrpura no gráfico), 3 brancos/curto (en fondo rosa), 3 castaños/longo (fondo azul) e 1 branco/longo (fondo verde)), tal como predí a lei da distribución independente.]]
 
== Carácter mendeliano ==