Guerras italianas (1494-1559): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 4:
Inicialmente tratouse dunha disputa dinástica sobre os dereitos hereditarios de [[Francia]] sobre o [[Ducado de Milán]] e o [[Reino de Nápoles]], pero as guerras convertéronse rapidamente en loitas territoriais e de poder entre os distintos participantes, que estiveron marcadas por xogos de alianzas, contra-alianzas e frecuentes traizóns.
 
== Introdución ==
A [[Italia|península Italiana]] sufrira durante a [[Idade Media]] numerosos e constantes conflitos entre as diversas [[estado|entidades políticas]] que ocupaban o seu territorio.
 
Liña 13:
O Reino de Nápoles, por cuxa disputa se iniciaron as Guerras de Italia, pertencía a Aragón desde que en [[1442]] [[Alfonso V de Aragón|Alfonso V o Magnánimo]] llo arrebatara a [[Renato I de Nápoles|Renato de Anjou]]. Desde entón estaba rexido por monarcas da dinastía [[Aragón|aragonesa]], o que, na práctica, convertíao nun protectorado do rei de Aragón. Ademais era [[Feudo|feudatario]] do [[Papado|Papa]].
 
== Conflitos ==
=== Primeira guerra italiana (1494 - 1498) ===
{{APArtigo principal|Primeira guerra de Italia}}
Crendo ter neutralizado a [[Fernando o Católico]] mediante o [[Tratado de Barcelona (1493)|tratado de Barcelona]] ([[1493]]), despois da morte de [[Fernando I de Nápoles]] ([[1494]]), [[Carlos VIII de Francia]] intenta obter para si, aducindo o seu parentesco con [[Renato I de Nápoles|Renato de Anjou]], a soberanía deste reino.
 
Liña 30:
Os últimos episodios militares importantes da guerra foron as conquistas españolas de [[Rocca Guglielma]] e [[Diano]], en [[1497]]. O [[4 de agosto]] de [[1498]] Fernando o Católico firmou con [[Luís XII de Francia|Luís XII]], sucesor de Carlos VIII, o [[Tratado de Marcoussis]], concluíndo así definitivamente o conflito.
 
=== Guerra italiana de 1499 - 1501 ===
{{APArtigo principal|Guerra italiana de 1499 - 1501}}
O novo rei francés, Luís XII, seguindo a política do seu antecesor, continuou reclamando para el o ducado de Milán e o reino de Nápoles. Coa intención de ocupar o norte de Italia pola vía militar pactou alianzas coa república de Venecia, á que lle ofreceu a cambio da súa axuda [[Cremona]], e co papa [[Alexandre VI]] e o seu fillo [[César Borgia]], ofrecéndolles territorios na [[Romaña]]. En agosto de [[1499]] un exército francés cruzou os [[Alpes]] e marchou sobre o [[Milanesado]], que estaba baixo o goberno do duque [[Ludovico Sforza]]. Ante a superioridade militar francesa, este abandonou Milán, que foi ocupado por [[Gian Giacomo Trivulzio]] ao mando das tropas de Luís XII.
 
Sforza buscou a axuda dos [[Turquía|turcos]] do sultán [[Beyazid II|Bajazet]] (enfrontado xa desde antes con Venecia), e recrutou un exército de mercenarios suízos cos que en xaneiro conseguiu recuperar as principais cidades do ducado, pero en abril foi traizoado polos soldados suízos en [[Novara]], sendo apresado, ao igual que o seu irmán [[Ascanio Sforza|Ascanio]].
 
César Borgia, mentres tanto, tomou [[Imola]], [[Forli]], [[Rímini]], [[Pésaro]] e [[Faenza]], na Romaña, ante a pasividade ou a prudencia dos pequenos estados veciños, temerosos do enfrontamento contra a coalición franco-veneciana-papal.
 
=== Guerra de Nápoles (1501-1504) ===
{{APArtigo principal|Guerra de Nápoles (1501-1504)}}
[[Ficheiro: Batalla del Garellano (1503) 01.png|miniatura|300px|Esquema da batalla de Garellano]]
Conquistado o norte da península e antes de atacar Nápoles, Luís XII buscou a alianza coa única potencia militar capaz de frear o seu avance cara ao sur. En novembro de 1500 asinou con [[Fernando II de Aragón]] o [[Tratado de Granada (1500)|tratado de Granada]], polo que ambos os dous acordaban dividirse o reino de Nápoles: o sur quedaría para a coroa de Aragón e o norte para Francia. En marzo de 1501 as tropas de [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], o Gran Capitán, ocuparon [[Calabria]] e [[Apulia]], e no verán seguinte os franceses avanzaron desde o norte e, tras tomar [[Xénova]], conquistaron o [[Abruzzo]] e [[Labor]]. O rei [[Federico I de Nápoles]], sen diñeiro nin exército despois da guerra anterior, foi incapaz de conter o avance de ambos os contendentes; en outubro foi deposto e o seu reino dividido entre Aragón e Francia.
Liña 47:
En 1504 Luís XII cedeu a totalidade de Nápoles a Fernando de Aragón mediante o [[Tratado de Lyon (1504)|tratado de Lyon]]. Nápoles permanecería baixo soberanía española até [[1707]].
 
=== Guerra da Liga de Cambrai ===
{{APArtigo principal|Guerra da Liga de Cambrai}}
[[Ficheiro:Marignan.jpg|miniatura|esquerda|260px|''A batalla de Marignano'']]
O papa [[Xulio II]] formou a denominada [[Liga de Cambrai]] en [[1508]], co obxectivo de frear a expansión territorial da [[República de Venecia]]. Estaba formada por [[Francia]], o [[Papa|Papado]]do, [[España]] e o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
Aínda que a Liga destruiu gran parte do exército veneciano na [[batalla de Agnadello]] (1509), non logrou a captura de [[Padua]].
Liña 60:
A paz firmouse en [[1516]], e o resultado foi o retorno ao [[statu quo]] de [[1508]].
 
=== Guerra italiana de 1521 - 1526 ===
{{APArtigo principal|Guerra italiana de 1521 - 1526}}
[[Ficheiro:Habsburg Map 1547.jpg|miniatura|250px|dereita|Os dominios de Carlos V en Europa]]
[[Ficheiro:Battle of Pavia, oil on panel.jpg|miniatura|dereita|250px|''A [[Batalla de Pavía]]'', pintura dun artista [[Flandres|flamengo]] descoñecido.]]
Liña 68:
O propio Francisco I dirixiu ás súas tropas internándose en [[Lombardía]] en [[1525]], sendo derrotado na [[batalla de Pavía]], onde foi preso. Desde o seu encerro viuse obrigado a facer grandes concesións a España sobre os seus territorios en Italia.
 
=== Guerra da Liga de Cognac ===
{{APArtigo principal|Guerra da Liga de Cognac}}
En [[1526]] o papa [[Clemente VII]], alarmado polo crecente poder do [[Imperio español]], aliouse con [[Francia]], [[República de Venecia|Venecia]], [[Florencia - Firenze|Florencia]] e outros pequenos estados de Italia formando a [[Liga de Cognac]] para combater a [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]].
 
Venecia rexeitou contribuír á alianza con tropas e, despois da retirada do exército francés de Lombardía, as forzas españolas tomaron [[Florencia - Firenze|Florencia]] e, en [[1527]], saquearon [[Roma]] ([[Saqueo de Roma]]). O papa foi apresado polas tropas do Imperio. A guerra rematou coa sinatura da [[Paz de Cambrai]], en [[1529]], mediante a cal Francia retirábase da guerra. Venecia firmou a paz con España, mentres Florencia foi colocada baixo o goberno dos [[Medici]].
 
=== Guerra italiana de 1536 - 1538 ===
{{APArtigo principal|Guerra italiana de 1536 - 1538}}
A terceira guerra entre Carlos I de España r Francisco I de Francia comezou á morte de [[Francisco II Sforza|Francesco Maria Sforza]], [[Ducado de Milán|duque de Milán]]. Cando [[Filipe II de España|Filipe]] (o fillo primoxénito de Carlos) herdou o ducado, Francisco invadiu Italia, conquistando [[Turín]], pero fracasando no seu intento de tomar [[Milán]]. En resposta á invasión francesa, Carlos invadiu a [[Provenza]], na [[campaña de Francia de 1536]], avanzando cara a Aix-en-Provence, pero preferiu retirarse a España antes que atacar a fortaleza de [[Avignon]]. A guerra terminou coa [[tregua de Niza]], deixando Turín en mans francesas, pero sen máis cambios significativos no mapa italiano.
 
=== Guerra italiana de 1542 - 1546 ===
{{APArtigo principal|Guerra italiana de 1542 - 1546}}
Francisco I, aliado con [[Solimán I]] do [[Imperio otomán]] lanzou unha invasión da península Italiana. Unha flota conxunta franco-otomá capturou a cidade de [[Niza]] en agosto de [[1543]] e puxo asedio á cidadela. Os defensores foron socorridos un mes máis tarde polas tropas imperiais, que conseguiron levantar o asedio. Os franceses, baixo o mando de François, conde de Enghien, derrotaron ás forzas do Imperio na [[batalla de Cerisoles]], en [[1544]], pero fracasaron no seu intento de penetrar en [[Lombardía]].
 
Carlos I de España e [[Henrique VIII de Inglaterra]] uníronse para a invasión do norte de Francia, sitiando [[Boulogne-sur-Mer]] e [[Soissons]]. A falta de colaboración entre ingleses e españois e os agresivos ataques otománs levaron a Carlos a abandonar estas conquistas, restaurando o ''statu quo'' unha vez máis.
 
=== Guerra Habsburgo-Valois (1547 - 1559) ===
[[Ficheiro:MunsterBM.jpg||miniatura|270px|Vista da toma de San Quintín en 1557. Gravado en madeira publicado na ''Cosmografía'' de [[Sebastian Münster]] (edición de 1598)]]
 
Liña 93:
A entrada de [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] ese mesmo ano na guerra, ao lado de Francia, permitiu aos franceses tomar [[Calais]] e atacar as posesións españolas nos [[Países Baixos]]. Aínda así, Francia viuse forzada a asinar a [[Paz de Cateau-Cambrésis]], na que renunciaba á reclamación dos seus dereitos sobre os territorios italianos.
 
== Consecuencias ==
Ao final das guerras italianas, en [[1559]], a [[Casa de Austria]] conseguira asentarse como a primeira potencia mundial, en detrimento de [[Francia]]. Os [[estado]]s de [[Italia]], que durante a [[Idade Media]] e o [[Renacemento]] acumularan un poder desproporcionado ao seu pequeno tamaño, viron reducido o seu peso político e militar, quedando reducidos a potencias secundarias, e algúns deles desapareceron.
 
A esta serie de guerras, séguenlles as [[Guerras de relixión de Francia]], nas que España toma parte de maneira activa.
 
== As guerras italianas na historiografía ==
A división entre os distintos conflitos que forman o conxunto das guerras italianas nunca foi normalizada, variando segundo se clasifiquen en función das datas en que tiveron lugar, dos monarcas que participaron nelas ou das causas que as motivaron. A complexidade do conxunto, dados os numerosos participantes, teatros de operacións, alianzas e traizóns, fixo posíbel que algúns dos conflitos aquí mencionados poidan ser considerados como a suma de varios conflitos menores (ou viceversa), provocando que distintos historiadores organicen o conxunto de distintas maneiras.
 
== Véxase tamén ==
{{commons|Italian Wars}}
=== Outros artigos ===
* [[Carlos I de España|Carlos V]].
* [[Filipe II de España]].
Liña 109:
* [[Imperio Español]].
 
=== Bibliografía ===
* Catalano, F. (1962): "Dall'equilibrio alla crisi italiana del rinascimento", in ''Storia d'Italia. Dalla crisi della libertà agli albori dell'illuminismo'', a cura di F. Catalano, G. Sasso, V. De Caprariis, G. Quazza. Torino: UTET, volume II.
* Martín Gómez, A. L. (200): ''El Gran Capitán. Las Campañas del Duque de Terranova y Santángelo''. ISBN 84-930713-1-5.