Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Con todo, a guerra é o resultado dunha controversia política entre a monarquía e a oligarquía; entre o estilo absolutista e o dos pactos. Tamén está sobre o taboleiro a capacidade política da [[Generalitat de Cataluña|Generalitat]] para asumir a soberanía e gobernar. Ao comezo das hostilidade, toda a sociedade vese obrigada a optar por unha das bandas en función dos seus intereses e ideoloxías.
 
== Contexto social ==
Empeza o [[século XV]] no medio dunha profunda crise que afecta toda Europa Occidental, e especialmente [[Cataluña]]. As causas foron diversas: crise de subsistencia do pobo; crise demográfica debido a grandes epidemias, que afectou gravemente ao campo; crise financeira, co endebedamento excesivo das institucións públicas; redución do volume e de ganancias do comercio internacional.
 
En Cataluña destaca especialmente a crise social agraria, coa aparición do movemento remensa, que reivindica a supresión dos malos usos. No aspecto político, a concepción autoritaria da monarquía bate, por un lado, coa crecente forza das institucións e os poderes económicos e, polo outro, co entorno rural, con fortes tensións coa nobreza e esta cos seus servos.
 
=== O ambiente no campo: A revolta dos remensas ===
{{APArtigo principal|Guerra dos Remensas}}
As continuas reivindicacións dos labregos contra a opresión dos señores foi recollida tímida, pero interesadamente, polo rei [[Afonso o Magnánimo]] na primeira metade do [[século XV]], posto que quería ter máis control sobre a nobreza, aliñada cos poderes institucionais de [[Cataluña]]. O seu sucesor, Xoán II, herdou este clima de revolta no campo que lle resultará beneficioso no seu enfrontamento co poder político catalán. A guerra dos remensas iniciada no [[1462]], coincide en datas coa guerra civil catalá e sitúa á Deputación do Xeneral con dous frontes abertos: loita contra o campo e loita contra o rei. Os remensas acontecen, de inmediato, uns aliados da causa do rei.
 
=== O ambiente en Barcelona: A Biga e a Busca ===
{{APArtigo principal|A Biga e a Busca}}
A crise económica mediterránea cara [[1425]] leva a intervención pola vía de medidas [[proteccionistas]], pero para aplicalas fai falta vencer a resistencia da oligarquía urbana (''[[Ciutadans honrats]]''; en galego, 'cidadáns honrados').
 
Unha vez iniciada a guerra, os da Busca -maioritarios no Consello de Barcelona- tomaron partido por Xoán II. Isto enfrontounos coa Xeneralidade que en 1463 xulgou e condenou a morte por conspiración aos conselleiros [[Pere Destorret]] e [[Francesc Pallarès]], xunto con [[Bernat Turró]], [[Martí Solzina]] e [[Joan Mitjavila]], membros do partido da Busca.
 
=== O enfrontamento entre Xoán II e o Príncipe de Viana ===
Da unión de Xoán II e a súa primeira dona, [[Branca I de Navarra]], naceu [[Carlos de Viana]], primeiro príncipe de Viana, que segundo as capitulacións matrimoniais de [[1419]] herdaría o [[reino de Navarra]] á morte da súa nai. Pero no [[1441]] ao falecer Branca I, Xoán II usurpou o trono navarro. O resultado creou a [[guerra civil Navarra]] entre 1451 e 1455, na que combateron os [[agramonteses]], partidarios do rei Xoan, e os [[beamonteses]], partidarios de Carlos. Xoán II derrota definitivamente a Carlos na [[batalla de Aibar]] en [[1452]].
 
Pero a repentina morte do Príncipe de Viana ás tres semanas da súa liberación alterou a aparente pacificación. Os da Busca e os labregos tentaron recuperar posicións, provocando un levantamento campesiño no [[1462]] e co apoio do rei de Francia, Xoán II penetrou no Principado sen permiso do Consello. A resposta dos cataláns consistiu en organizar un exército para sufocar o levantamento labrego e destituír ao monarca en xuño de [[1462]]
 
== Desenvolvemento da guerra ==
A guerra internacionalizouse posto que Xoán II buscou o apoio de [[Luís XI de Francia]] (polo cal lle dá entre outras cousas en garantía o Rosellón e a Cerdaña) e Gastó de Foix (promesa de herdar [[Navarra]]). O Consello do Principado, pola súa parte, procurará apoios interiores e a desarticulación das forzas opositoras: o partido da Busca e os remensas. Ao non obter os resultados desexados, o Consello empeza a ofrecer o Principado a candidatos que, 50 anos tras Caspe, poidan ter dereito a gobernar [[Cataluña]].
 
A finais de [[1471]], con boa parte de [[Cataluña]] recuperada polo exército real, escomenza un sitio en [[Barcelona]] que durará até o 8 de outubro de [[1472]]. Sen apoios exteriores, que os cataláns deben renderse á realidade: Barcelona entrégase tras unha amnistía xeral.
 
=== A Capitulación de Pedralbes ===
A Capitulación de Pedralbes é firmada o 24 de outubro de [[1472]]. É o final dunha guerra que remata sen vencedores nin vencidos. Xoán II unicamente pide que se anule a Capitulación de Vilafranca. As medidas de clemencia e unha preferencia á Deputación rebelde ante a monárquica, permitindo seguir no cargo a deputados que serían opositores, trouxeron algunha división pero pacificou o país.
 
Ferran, finalmente, toma un compromiso que se plasmará na [[Sentencia Arbitral de Guadalupe]] ([[1486]]) onde os malos usos son redimidos mediante o pago de sesenta soldos por casa e os campesiños conseguirán unha serie de liberdades. Con este diñeiro, os señores foron indemnizados e ao monarca pagóuselle unha multa de cincuenta mil libras. Os señores continuaron tendo dereitos sobre os campesiños cultivadores pero non da forma humillante como até aquel momento.
 
=== Consecuencias para Cataluña ===
A [[Xeneralidade]] sufriu un forte desprestixio ao acabar a guerra, non tan só por ser do bando dos perdedores, senón que concentrou as críticas de tódolos sectores: os do pacto, acusábana de ter mantido as revoltas agrarias, do repregamento dos mercados cara outras latitudes; as clases baixas empobrecidas pola guerra, acusaban as medidas fiscais necesarias para recuperar a facenda. Economicamente, a Xeneralidade estaba exhausta e non puido devolver os préstamos que lle concedera o [[Consello de Ciento]] e tamén particulares.
 
A partir do [[século XVI]] Barcelona non continuará sendo unha cidade grande e importante no novo marco político e comercial, nin a potencia decisoria do período medieval.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* R<small>IERA</small> M<small>EILS</small>, Antoni, ''1359–1518'', volume primeiro de ''Història de la Generalitat de Catalunya i els seus presidents'', Enciclopèdia Catalana, S.A. (editorial), Barcelona, 2004, ISBN 84-412-0884-0.
 
381.287

edicións