Diferenzas entre revisións de «Grindhouse»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
(agora faise en d:Wikidata)
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}})
 
== ''Planet Terror'' ==
{{APArtigo principal|Planet Terror}}
Nun pobo rural de [[Texas]], a bailarina de striptease Cherry Darling decide abandonar o seu traballo e atopar outro no que poida usar os seus numerosos "talentos inútiles". Encóntrase co seu misterioso ex-mozo El Wray no Bone Shack, o restaurante propiedade de J.T. Hague. Mentres tanto, un grupo de militares, liderados polo demente Tenente Muldoon, fan negocios cun científico chamado Abby para adquirir cantidades industriais do axente bioquímico mortal coñecido como DC2. Muldoon descobre que Abby tiña máis DC2 do que dicía e ameázao con quitarllo. Abby libera intencionalmente o gas polo aire. O gas chega ó pobo e volve ós habitantes en criaturas grotescas e devoradores de homes, chamadas "sickos" polos humanos superviventes. Os veciños afectados son tratados polo sinistro Doutor William Block e a súa maltratada muller e anestesista Dakota. Como os pacientes se volven axiña violentos, Cherry e El Wray lideran un equipo de guerreiros improvisados para atopar un lugar seguro.
 
 
== ''Death Proof'' ==
{{APArtigo principal|Death Proof}}
Tres amigas – Arlene, Shanna e a disc jockey da radio "Jungle" Julia Lucai pasan a noite en [[Austin, Texas]] celebrando o aniversario de Julia, sen saber que son seguidas por un home misterioso nun Chevy Nova do 71. O home, Stuntman Mike, persegue as tres mozas co seu "death proof car" e acaba por matalas. Catorce meses despois, Stuntman Mike, agora en [[Tennessee]] e conducindo un Dodge Charger do 69, segue a outro grupo de mulleres – Lee, Abernathy, Kim e a stuntwoman [[Zoë Bell|Zoë]] cuxo Dodge Challenger do 70 proba ser un adversario digno
 
393.002

edicións