Falange Española Tradicionalista y de las JONS: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 1:
'''Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista''' ('''FET y de las JONS''', en [[lingua galega|galego]]: ''Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista'') era o nome do [[partido único]] da [[España franquista]] creado o [[19 de abril]] de [[1937]], a iniciativa da xefatura do denominado ''Estado Nacional'', por fusión dos distintos partidos e movementos que apoiaban a sublevación militar (denominada ''[[Alzamento Nacional]]'') que iniciou a [[Guerra Civil Española]], e que non desapareceron realmente, senón que se articularon nas denominadas ''[[familias do franquismo]]''. ''FET y de las JONS'' concibiuse como a rama política do denominado ''[[Movimiento Nacional]]'', concepto máis amplo co que se definía ao complexo mecanismo [[Totalitarismo|totalitario]] de inspiración [[Fascismo|fascista]] que pretendía ser a única canle de participación na vida pública española. O seu discurso político expresaba tamén a mestura de elementos [[Ideoloxía|ideolóxicos]] e retóricos fascistas, ultra[[nacionalista]]s, [[Militarismo|militaristas]], [[Tradicionalismo|tradicionalista]], [[Conservadorismo|conservadores]], [[católico]]s (ou [[Nacionalcatolicismo|nacionalcatólicos]]), [[monárquico]]s, etc.
 
== Simboloxía e uniformidade ==
{{APArtigo principal|Simboloxía do franquismo}}
FET y de las JONS adoptou unha combinación de símbolos que reflectía a distinta procedencia das forzas que conformaron o partido. Así, vestíase como uniforme a camisa azul da [[Falange Española|Falange]] e a boina vermella dos [[requeté]]s. Engadiuse así mesmo unha gravata negra en sinal de loito por [[José Antonio Primo de Rivera]].
 
Liña 11:
O saúdo co brazo no alto e os berros rituais, como "¡Arriba España!" ou "España, Una, Grande y Libre", de procedencia falanxista, completaban a imaxe externa que se proporcionou ao partido.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/02449421981244052976613/index.htm Ley de Principios del Movimiento Nacional de 1958]
 
[[Categoría:Partidos políticos de España]]