Fachada das Pratarías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mellor foto
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 4:
 
== Historia e características ==
Edificouse entre [[1103]] e [[1117]] e contén, ademais dos relevos románicos orixinais, outros procedentes dunha porta que nunca se chegou a edificar e da [[fachada do Paraíso]]. A fachada das Praterías sufriu un incendio en 1117 durante un ataque dos burgueses contra [[Diego Xelmírez]] e outro nas mediadas do [[século XV]]. En [[1884]] [[Antonio López Ferreiro]] colocou nesta portada unha serie de estatuíñas que procedían do [[coro do Mestre Mateo]].
 
A fachada das Praterías debe o seu nome aos obradoiros de [[prata]] que existían no lugar.
Liña 14:
Das once columnas inferiores desta fachada, tres son de [[mármore]] (a central e as extremas) e o resto de [[granito]]. Na central aparecen as figuras de doce [[profeta]]s e nas laterais os [[apóstolo]]s.
 
Para o [[friso]] tamén se aproveitaron algunhas das figuras da porta da Acibecharía. Dous leóns, sobre os que repousa un [[crismón]] e unha figura descoñecida, apóianse sobre a columna central. Nun [[medallón]] aparece o [[Pai Eterno]] (ou a [[Transfiguración]]), coas mans abertas e rodeado por dous [[Anxo (cristianismo)|anxoanxos]]s que tocan [[corno (instrumento)|cornos]]. No centro do friso aparece Cristo abenzoando acompañado do [[apóstolo Santiago]] e de seis figuras máis, as colocadas por Antonio López Ferreiro. Tamén aparecen Santo André, a [[Virxe María|Virxe]] e máis o Neno e catro apóstolos e un anxo. Á dereita de Santiago está San [[Xoán o Evanxelista|Xoán]], unha escena da expulsión de Adán e Eva do [[Paraíso]] e outras figuras soltas, incluído un [[centauro]].
 
O friso sepárase do [[corpo (arquitectura)|corpo]] superior por un [[tornachoivas]] sostido por [[canzorro]]s grotescos. As dúas xanelas están adornadas por [[arquivolta]]s. Os arcos interiores están descentrados por causa das reformas realizadas no século XIII. Á esquerda hai unha grande cuncha que sostén a escaleira de acceso ao primitivo tesouro.
Liña 20:
Orixinariamente había dúas torres románicas a ambos os dous lados desta fachada (só se conservan os alicerces dunha delas, sobre a que se ergueu a Torre do Reloxo) e o tema da portada era o do [[Mesías]].
[[Ficheiro:Adúltera.jpg|miniatura|''A adúltera''.<ref name=ADU>[[Serafín Moralejo|Moralejo, Serafín]]: "ADÚLTERA, A", na ''Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada''.</ref>]]
== A ''muller adúltera'' ==
 
No tímpano da porta esquerda aparece unha muller sentada cunha caveira nas mans, coñecida popularmente como a ''muller adúltera''. Recibe esta denominación pola descrición que fai [[Aimery Picaud]] na súa interpretación do ''[[Codex Calixtinus]]'' (libro V, cap. IX) <ref>A cita está tomada da ''Gran Enciclopedia Galega'', 2003, s. v. ''adúltera''.</ref>:
Liña 30:
Unha última interpretación, de Francisco Xabier Ocaña Eiroa <ref>''30 artigos sobre o Camiño de Santiago'' (1999). Nunha restauración que se fixo na Portada en 1993 comprobouse que a peza era de distinta cor ás do resto do tímpano.</ref>, nega calquera destes simbolismos e parte da base de que a figura foi colocada alí para restaura-los danos que sufrira a Portada das Praterías nunha revolta popular en 1117, o que explica o feito de te-lo seu lado esquerdo recortado para acomodala ó espazo e á curva da arcada. Para este autor, a figura representa a beleza e xuventude da muller, enfrontada á realidade da morte.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes da fachada das Praterías}}
{{Commonscat|Fachada das Praterías (Catedral de Santiago de Compostela)}}
{{Galería
Liña 39:
}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}