Estroma (tecidos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 5:
{{en}}</ref>. Por tanto, o estroma está formado por [[tecido conxuntivo]] reticular.
 
== O concepto histolóxico de estroma ==
O concepto de estroma en histoloxía fai referencia ao tecido (celulas e elementos extracelulares) que cumpre función cohesiva unindo outros tipos de tecidos nun organismo pluricelular. É parte importante da histoarquitectura dun órgano. Clasicamente, considerábase ao estroma como o tecido de sostén ou soporte do outro tecido do órgano, e era este último o que cumpría a función específica dese órgano. O órgano tamén está está formado por [[célula|células]]s que forman o tecido denominado "[[parénquima]]", polo que se contrapón estroma a parénquima <ref>Parénquima e estroma, con imaxes {{es}} [http://hjaldanamarcos.bravepages.com/unidades/unidad5/par.htm]
</ref>.
 
Estes conceptos están baseados nas ideas de épocas pretéritas da [[Histoloxía]], e teñen unha visión morfolóxica máis que funcional, cando ao tecido conectivo se lle asignaba soamente as funcións de sostén e cohesividade, debido ao descoñecemento "doutras funcións" do tecido conectivo. Actualmente as interaccións estroma-parénquima están sendo investigadas, e enténdese que sen ditas interaccións (colaboración morfofisiolóxica) tanto o parénquima coma o estroma perden a súa específicidade. Illados un do outro, en medios de cultivo celular, perden as súas características típicas e sobreviven pouco tempo. Xa que logo, hoxe enténdese que o estroma é tan funcional coma o parénquima e non só un compoñente de sostén.
 
En xeral, podemos dicir que o estroma é [[tecido conectivo]] de tipo laxo; e parénquima refírese aos [[Tecido epitelial|tecidos epiteliais]] e á súa función endócrina ou exócrina. O estroma é un compoñente distribuído de forma xeneralizada en órganos e sistemas corporais.
Liña 26:
* Estroma da [[medula ósea]]
 
== Outros usos do termo estroma ==
O termo estroma utilízase tamén en [[citoloxía]] vexetal para referirse ao fluído que enche o interior do [[cloroplasto]], no cal ten lugar a [[fase escura]] da [[fotosíntese]], entre outras cousas <ref>Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. 1986. Páxina 547. ISBN 84-282-0752-6</ref>.
{{APArtigo principal|Estroma}}
En [[Micoloxía]] (estudo dos [[fungos]]) o termo estroma significa estrutura fúnxica somática formada por [[hifa]]s na que se forman frutificacións. <ref>Plantas y hongos. Glosario. [http://www.plantasyhongos.es/glosario/estroma.htm] {{es}}</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Parénquima]]
 
[[Categoría:Histoloxía]]