Estremadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*Junta / Xunta
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 65:
== Historia ==
[[Ficheiro:Monasterio de Guadalupe.jpg|miniatura|Mosteiro de Guadalupe]]
{{APArtigo principal|Historia de Estremadura}}
Algúns dos pobos prerromanos que habitaron Estremadura son os vetóns, nas provincias actuais de [[Provincia de Cáceres|Cáceres]] e [[Provincia de Salamanca|Salamanca]], ademais de [[Provincia de Ávila|Ávila]] e [[Provincia de Toledo|Toledo]]. Os lusos habitaban case toda a actual Estremadura e o centro de [[Portugal]]. Cerca do [[Guadalquivir]] vivían os [[celtas]], principalmente urbanos e que non ofreceron resistencia ás tropas romanos cando chegaron.
 
Liña 124:
 
[[Ficheiro:Extremadura municipalities.png|miniatura|250px|Mapa municipal de Estremadura.]]
As importantes cidades de [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]] e [[Cáceres]] non pertencen a ningunha comarca administrativa. Ademais desta división comarcal, todos os municipios, fóra de [[Badaxoz]], [[Cáceres]], [[Mérida, España |Mérida]], [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]] e [[Navalmoral de la Mata]], pertencen a algunha das 32 [[mancomunidade]]s nas que se dividiu a rexión, 16 en cada unha das dúas provincias.
 
Algunhas comarcas desapareceron debido á nova estructuración da Comunidade Autónoma, estas son: [[Tierra de Alcántara]] (dividida entre as [[Vegas del Alagón]] e a [[Comarca de Tajo-Salor]]), [[Señorío de Galisteo]] (integrada nas [[Vegas del Alagón]]), [[Tierra de Belalcázar]], [[Tierra de Capilla]], [[Tierra de Cáceres]], [[Condado de Siruela]] e [[Campana de Albalat]].
Liña 178:
 
=== [[Fala de Estremadura|A fala]] ===
[[Fala de Estremadura|A fala]] é un dialecto galaico-portugués con claras influencias do astur-leonés que se emprega en tres vales do noroeste cacereño (España) limítrofe con Portugal e Salamanca. Calcúlanse uns 6.000 falantes. É unha variedade lingüística romance, [[Lindley Cintra]], [[Xosé Henrique Costas]] estableceron que tiña unha orixe galega popularizando este último a expresión galego de Estremadura, segundo Martín Galindo derivaría do portugués arcaico, portugués das Beiras <ref>"Portugués del antiguo dialecto alto-beirão de Riba-Coa", segundo J. L. Martín Galindo, "Os falaris do Val de Xálima: o manhegu, o valverdeiru i o lagarteiru", Universo Extremeño, 1, 2006, p. 42</ref>. Fálase en [[Valverde do Fresno]], [[As Ellas]] e [[San Martiño de Trebello]] dando lugar ó Valverdeiro, Lagarteiro e Mañego respectivamente.
 
A comarca foi repoboada por galegos nos séculos XII e XIII. A súa fala deriva da lingua galega que falaban estes colonizadores. Recentemente foi recoñecido como BIC (Ben de Interese Cultural) pola Xunta de Estremadura co fin de protexela e conservala.