Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 44:
Entre 1921 e 1938 as investigacións da intolerancia celíaca encamíñanse cara unha intolerancia aos hidratos de carbono.
 
En 1950, o pediatra holandés Willem-Karel Dicke, na súa tese de doutoramento, foi quen demostrou que se se excluía o trigo, a avea e mailo centeo, a doenza celíaca melloraba drasticamente. Se se substituían por arroz e millo, o apetito tornaba, a absorción de graxas melloraba e a diarrea graxa desaparecía; decatouse deste feito durante a II Guerra Mundial, ante a falla de aprovisionamento de produtos derivados do trigo. Trala guerra cando dispoñían doutra volta destes produtos, o índice de afectados pola enfermidade, retornou ao mesmo nivel que había previamente á guerra.
 
En 1954, Paully describiu por vez primeira a lesión intestinal: atrofia vilositaria.
Liña 76:
 
== Clasificación ==
* '''Celiaquía clásica''': Onde predominan os trastornos intestinais, é a máis doada de detectar e constitúe a punta do iceberg celíaco.
* '''Celiaquía potencial''': Comprende as persoas que teñen predisposición xenética (familiares en 1º celíacos), presentan alteracións inmunitarias mais as vilosidades do seu intestino están intactas.
* '''Celiaquía silente''': A sintomatoloxía é practicamente nula mais os doentes teñen alterada a mucosa [[Xexuno|xexunal]] (atrofia nas vilosidades). Presentan [[marcador serolóxico|marcadores serolóxicos]] positivos e HLA- DQ2/DQ8.
* '''Celiaquía latente''': Os doentes non teñen síntomas, en xeral trátase de persoas con predisposición xenética . Poden desenvolver a doenza de xeito súbito. Esta tipoloxía é a máis difícil de diagnosticar.
* '''Celiaquía refractaria''': A dieta libre de glute non elimina os trastornos intestinais, estes doentes teñen só 50% de supervivencia xa que a predisposición a desenvolver procesos neoformativos, como o linfoma intestinal e infeccións concomitantes é moi alta.
 
== Cadro clínico ==
Liña 114:
 
== O glute ==
{{APArtigo principal|Glute}}
O [[glute]] é unha proteína amorfa que se atopa nas sementes de moitos [[Cereal|cereais]] (trigo, orxo, centeo, millo vermello, kamut, triticale e posibelmente avea) combinada co [[amidón]]. Representa un 80% das proteínas do trigo e está composta de [[gliadina]] e [[glutenina]].
 
== A importancia da etiquetaxe ==
Polo sinalado anteriormente, cómpre que as lexislacións dos diferentes estados obriguen aos industriais a certificar con claridade a ausencia de glute nos seus produtos, xa que moitos deles non informan aos consumidores.
 
Liña 126:
A lexislación sobre etiquetaxe de alimentos en Galicia corresponde coa española (Real Decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimentarios). Ademais a Unión Europea obriga ao fabricante a indicar na etiqueta dos alimentos envasados se estes conteñen coma ingredientes cereais con glute (trigo, centeo, orxo, avea, espelta, kamut ou as súas variedades híbridas).
 
Ademais, o Regulamento (UE) nº 41/2009 da Comisión do 20 de xaneiro de 2009 sobre a composición e etiquetaxe de produtos alimentarios axeitados para persoas con intolerancia ao glute, aplicábel a partir do 1º de xaneiro de 2012, regula o emprego das indicacións “sen glute” cando o alimento ou produto dietético conteña menos de 20 mg de glute por Kg de produto ou o que é o mesmo 20 partes por millón (ppm). No caso de certos alimentos dietéticos, nos que se ten usado amidón de trigo especialmente procesado para reducir o contido de glute, o fabricante poderá utilizar o termo ”moi baixo en glute” se o produto contén menos de 100 ppm de glute. Estes produtos con “moi baixo contido en glute” só deben tomarse se o doutor o aconsella, por mor a que existen distintos graos de sensibilidade ao glute.
 
Existen diferentes empresas que se acreditaron pola ''Federación de Asociaciones de Celiacos de España'' (FACE). A Marca de Garantía "Controlado por FACE" ten como obxecto garantir ao consumidor celíaco que os produtos que a portan cumpriron cos requisitos que FACE establece respecto a niveis máximos de glute, garantindo que os produtos verificados son aptos para o consumo por persoas celíacas. A novidade que aporta esta marca é a inclusión, no [[APPCC]] da industria, dun novo perigo, o glute, e a súa prevención a través do control exhaustivo das materias primas e do proceso de produción baseado na [[rastrexabilidade]] do produto. Estas empresas están autorizadas a utilizar un logo na etiquetaxe, que indica que o alimento está certificado e non contén máis de 10 ppm de glute.
 
== Diagnóstico ==
Liña 134:
 
=== Seroloxía ===
As probas serolóxicas detectan e ás veces cuantifican anticorpos no sangue específicos para a doenza. Realízante en pacientes nos que se sospeita enfermidade celíaca, xa for por clínica, por ser grupo de risco, etc. Axudan a decidir a que pacientes hai que realizar biopsia e a quen non. Tamén se empregan para ver se a dieta se está a facer correctamente e para a detección de posíbeis casos en estudos epidemiolóxicos a grande escala.
 
Existen diferentes tests desenvolvidos por diferentes laboratorios, cada un cos seus propios valores para determinar se o resultado é + ou -. Os máis utilizados son:
Liña 155:
'''A cápsula de Crosby''' é unha cápsula pectoral. Con ela hai que facer o seguimento con raios X para coñecer a súa posición ao longo do tubo dixestivo, e só se pode tomar unha biopsia cada vez. Unha vez localizada a cápsula no duodeno, a biopsia realízase por succión dende o outro extremo da sonda. Non require anestesia nin sedantes, aínda que se pode empregar.
 
'''O endoscopio''' é o sistema da cámara e tubo flexíbel. Segundo onde se use recibe un nome: gastroscopia é para o tracto dixestivo alto, a colonoscopia para tracto dixestivo baixo, cistoscopia para a vexiga urinaria, entre outras.
 
Neste caso faise unha gastroscopia para acadar o duodeno, lugar no que se tomará a biopsia, mediante un accesorio do endoscopio.
 
A extracción consiste nun anaquiño miúdo de mucosa intestinal que se analizará despois co microscopio.
 
A mucosa intestinal dun neno celíaco non tratado é diferente á dun rapaz san. Co microscopio óllase que as vilosidades están atrofiadas, es dicir esmagadas. Se se compara coa mucosa dun individuo normal a diferenza é claramente apreciábel. No celíaco tratado axeitadamente, a mucosa chega a se normalizar resultando indistinguíbel dun individuo san.
 
A observación ao microscopio tras tinguidura mediante hematoxilina-eosina e inmunohistoquímica permite analizar a histoloxía e o número e distribución dos linfocitos intraepiteliais. Estes axudan a saber o grao de lesión segundo o sistema máis utilizado a día de hoxe: “criterios de Marsh en 1993 revisados por Oberhüber en 1996”, segundo os cales hai estas lesións:
Liña 179:
A primeira, cando o neno acode por vez primeira con síntomas sospeitosos da doenza. Nela comprobarase que existe unha atrofia severa das vilosidades e se procederá á supresión do glute da dieta.
 
A segunda, cando o cativo leve polo menos dous anos coa dieta sen glute e os síntomas desapareceran. Trátase de comprobar que a supresión do glute conseguiu a normalización das vilosidades. Se así for, o paso a seguir consiste na reintrodución do glute para ver se con iso reprodúcese a alteración intestinal. O habitual é que esta recaída anatómica (a atrofia) sexa acompañada de recaída clínica (diarrea, vómitos, perda de peso, etc.) pero non é raro que téndose reproducido xa a atrofia, o neno aínda se atope asintomático, é dicir sen síntoma algún da doenza. Esta reintrodución non se debe facer antes dos 6 anos de idade (se podería danar o esmalte da dentición definitiva) nin na puberdade pois se interferiría no período de crecemento rápido propio desta idade.
 
A terceira biopsia trata de confirmar esta recaída. Adóitase facer aos 6 meses da reintrodución do glute ou antes se reaparecesen os síntomas ou se producen alteracións analíticas.
Liña 205:
 
* [[Pan]] e [[fariña]]s trigas, centeo, orxo e mais avea.
* [[pastel|BoloBolos]]s, [[pasta]]s italianas, [[galleta]]s, [[empanada]]s trigas, [[filloa]]s, [[biscoito]]s, [[madalena]]s e pastelaría en xeral.
* [[Sémola]] triga.
* Produtos manufacturados en cuxa composición entren calquera das fariñas citadas e, en xeral, calquera alimento preparado ou manufacturado se o comerciante non específica que non contén glute.
Liña 225:
* O [[leite]] e derivados lácteos (queixo, [[manteiga]], [[requeixo]], [[nata]]).
* A [[carne]], o [[peixe]] e os [[marisco]]s frescos.
* Os [[Ovo (alimento)|ovoovos]]s.
* A [[froita]]s
* As [[verdura]]s, as [[hortaliza]]s e os [[legume]]s ([[feixón]]s, [[chícharo]]s, [[pataca]]s, [[lentella]]s, [[soia]]).
Liña 293:
Existe unha asociación galega de celiaquía: a '''Asociación de Celíacos de Galicia''', que organiza actividades e dá información sobre a doenza e sobre restaurantes, establecementos e tendas onde atopar produtos axeitados aos celíacos.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Glute]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.celiaco.info/ Celiaco.info] (información para o celíaco, alimentación, receitas celíacas, a doenza "castelán").
* [http://consensus.nih.gov/2004/2004CeliacDisease118html.htm NIH Consensus Development Conference on Celiac Disease ] (Conferencia de Desenvolvemento da Enfermidade Celíaca ''inglés'')