Diferenzas entre revisións de «Endoderme»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot: Retiro 9 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1295298)
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
Cando se produce o crecemento secundario, coa formación profunda de [[periderme]], a endoderme é separada da raíz xunto co córtex. Cando a periderme se forma superficialmente, a endoderme é estirada e esmagada ou se acomoda á expansión do cilindro vascular por divisións anticlinais.
 
== Estrutura da endoderme ==
{{APArtigo principal|Banda de Caspary}}
A endoderme desenvólvese como a capa máis interna do córtex. Pode constar dunha soa capa de células con forma de barril sen espazos intercelulares ou ás veces de varias capas de células. As células da endoderme tipicamente teñen as súas paredes celulares primarias engrosadas en catro das súas seis caras (caras radiais e transversas) cunha impregnación de [[suberina]], unha substancia impermeable, cerosa, que nas células endodérmicas novas se deposita formando bandas características, chamadas [[banda de Caspary|bandas de Caspary]]. Estas bandas varían en amplitude pero son normalmente menores ca o grosor da parede celular na cal se depositaron. Se comparamos a endoderme cun ciindro de ladrillos, os ladrillos representarían as células endodérmicas e o cemento que os une sería as bandas de Caspary. En células endodérmicas máis vellas, a suberina pode estar depositada máis extensivamente sobre todas as paredes celulares e as células poden mesmo lignificarse, formando unha capa impermeable completa.
 
Algunhas plantas teñen un gran número de [[amiloplasto]]s ([[plasto]]s que conteñen [[amidón]]) nas súas células endodérmicas, e nese caso a endoderme denomínase vaíña amilífera.
A endoderme pode resaltarse con certas tinguiduras con floroglucinol debido á natureza fenólica e lipídica da banda de Caspary ou á abundancia de amiloplastos.
 
== Funcións da endoderme ==
 
A endoderme impide que a auga e os solutos disolvidos nela pasen a través da vía apoplástica. A auga pode só pasar a través da endoderme cruzando a membrana das células endodérmicas en dúas ocasións, unha para entrar e outra para saír. O fluxo de auga que se move dentro e fóra do [[xilema]], que forma parte do apoplasto, pode así ser regulado, xa que deben entrar no [[simplasto]] (polo [[citoplasma]] das células) na endoderme. A endoderme divide o apoplasto da raíz en dous compartimentos, o que é moi conveniente para o desprazamento selectivo de minerais e auga. Os ións presentes na solución do chan poden difundir libremente en todo o córtex, mais non poden atravesar a banda de Caspary. Para entraren no cilindro vascular, é dicir, á corrente transpiratoria, deben cruzar a membrana plasmática dunha célula endodérmica (simplasto), e así la planta controla os ións que pasan e os que non.
 
Na endoderme pode haber unhas células chamadas '''células de paso'''. Estas células endodérmicas, que son propias das raíces vellas, manteñen as súas paredes celulares finas e non suberizadas, polo que permiten o fluxo simplástico cara ao interior. As probas experimentais indican que as células de paso funcionan permitindo a transferencia de solutos como o calcio e o magnesio na [[estela (botánica)|estela]], para que finalmente chegan ao sistema de transpiración. <ref name="Peterson 1996">{{cite journal | title = Functions of passage cells in the endodennis and exodermis of root | journal = PHYSIOLOGIA. PLANTARUM | volume = 97 | year = 1996 | pages = 592-598 | author1 = Peterson. C. A. | author2 = Enstone, D. E. | url = http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1399-3054.1996.tb00520.x/pdf | doi=10.1111/j.1399-3054.1996.tb00520.x}}</ref> Porén, na maior parte dos casos, as raíces vellas teñen unha endoderme impermeable completa e só serven para conducir a auga e os minerais absorbidos desde as raíces novas de niveis inferiores.
 
As células endodérmicas poden conter gránulos en forma de amiloplastos, que ademais de serviren de almacenamento de amidón, están implicados no [[gravitropismo]] nalgunhas plantas. <ref name="Morita">[http://www.plantcell.org/content/14/1/47.short Involvement of the Vacuoles of the Endodermis in the Early Process of Shoot Gravitropism in Arabidopsis], Miyo Terao Morita1, Takehide Kato1, Kiyoshi Nagafusaa, Chieko Saitoc, Takashi Uedac, Akihiko Nakanoc and Masao Tasaka, 2002. ''The Plant Cell'' 14:47-56</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
* Gifford, Ernest M. & Foster, Adriance S. (1988). ''Morphology and Evolution of Vascular Plants'', (3rd ed.). New York: W. H. Freeman and Company. ISBN 0-7167-1946-0.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Periciclo]]
* [[Suberina]]
387.734

edicións