Duxame, Vila de Cruces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
engado imaxes e actualizo poboación
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 12:
'''San Miguel de Duxame''' é unha parroquia do concello de [[Vila de Cruces]]. Segundo o [[IGE]] en [[2012]] tiña 66 habitantes (36 mulleres e 30 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 97 habitantes.
 
== Xeografía ==
Está situada ao N-NW da capital, cunha orografía relativamente plana con lixeira inclinación orientada ao sur.
 
== Patrimonio ==
=== Igrexa ===
Data do século XVIII. A planta e unha cruz grega dunha soa nave e dúas ábsidas. A cuberta e unha bóveda de canón. A porta principal está formada a base de arquivoltas tóricas en medio punto peraltado. A torre do campanario é de tres corpos, e o presbiterio está debaixo dunha bóveda de canón que apoia nun arco de medio punto peraltado.
 
A igrexa foi unha doazón de [[Domingo Antonio Otero Bermúdez de Soutomaior]] nado na casa grande de Duxame e á sazón alguacil da cidade de Manila. Tamén foi doada por esta familia a imaxe do San Miguel feito en marfil e desaparecido no 1977.
 
=== Arquitectura civil ===
Duxame conta cun pazo procedente dos Otero, coñecido como Casa de Outeiro ou Casa Grande de Duxame.
 
== Ligazón de Duxame co apelido Otero ==
Algunhas polas dos Otero pasaron a Galicia, onde formaron as casas solariegas en Duxame, Vista Alegre (concello de [[Vilagarcía de Arousa]]), [[Cedeira]], San Simón de Cacheiras, Palmeira e Santa María de Reboreda. Outras polas desta liñaxe estendéronse por Arxentina e o Novo Reino de Granada (Colombia), deste último destaca Blas de Otero, capitán de Milicias de Magangué; e Andrés de Otero y Noya, fillo do anterior, que foi rexedor, correxedor e alcalde de Santafé de Bogotá, e que posuíu unha importante fortuna, sendo voz común que gardaba nun armario 200.000 pesos en onzas.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Duxame, Vila de Cruces}}
<gallery>
Ficheiro:Igrexa de Duxame, Vila de Cruces.JPG|Igrexa de Duxame.
Liña 36:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Duxame ===
{{Lp Duxame}}
=== Parroquias de Vila de Cruces ===
{{Vila de Cruces}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Diccionario Hispano de Apellidos''. Tomo III
 
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Vila de Cruces]]
 
[[Categoría:Parroquias de Vila de Cruces]]