Dogma central da bioloxía molecular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3196811 de CommonsDelinker (conversa)penso que os problemas coa imaxe están arranxados/image problems solved
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 45:
[[Ficheiro:Central Dogma of Molecular Biochemistry with Enzymes gl.png|dereita|miniatura|256px]]
 
{{APArtigo principal|Transcrición xenética}}
A transcrición é o proceso polo cal a información contida nunha sección de ADN se transfire a unha molécula de [[ARN mensaxeiro]] que se ensambla nese momento. Isto está catalizado por unha [[ARN polimerase]] e por [[factor de transcrición|factores de transcrición]]. Nas células eucariotas o transcrito primario ([[pre-ARNm]]) debe ser [[modificación postranscricional|procesado]] ulteriormente para asegurar a tradución. Isto inclúe normalmente a adición dunha [[carapucha 5']], unha [[cola poli-A]] e o [[splicing]]. Tamén pode haber [[splicing alternativo]], o cal contribúe á diversidade de proteínas que un só ARNm pode producir.
 
=== Tradución ===
{{APArtigo principal|Tradución de proteínas}}
Posteriormente, o ARNm maduro diríxese a un [[ribosoma]], onde é [[tradución (proteínas)|traducido]]. Nas células [[procariota]]s, que non teñen núcleo, os procesos de transcrición e tradución poden producirse simultaneamente. Nas células eucariotas, o sitio de transcrición (o [[núcleo celular]]) está separado do sitio da tradución (o [[citoplasma]]), de modo que o ARNm debe ser transportado fóra do núcleo ata o citoplasma, onde se une aos ribosomas. O ARNm é lido polo ribosoma de tres en tres nucleótidos (son os tripletes ou [[codón]]s, que xeralmente empezan polo codón AUG ([[adenina]]−[[uracilo]]−[[guanina]]), ou [[codón de iniciación]] da [[metionina]] ''[[augas abaixo]]'' do sitio de unión ao ribosoma. Complexos de [[factor de iniciación|factores de iniciación]] e [[factor de elongación|factores de elongación]] traen [[ARNt]]s [[aminoacilación|aminoacilados]] (unidos a un aminoácido ou [[aminoacil-ARNt]]) no complexo ribosoma-ARNm, de modo que se corresponda o codón do ARNm co [[anticodón]] do ARNt (as súas secuencias deben ser complementarias), e deste modo engaden o [[aminoácido]] correcto no lugar da secuencia codificada polo [[xene]]. Como os aminoácidos se enlazan na cadea peptídica en crecemento, empezan a pregarse na correcta conformación da proteína. A tradución remata cando se chega a un [[codón de finalización]], que pode sedr UAA, UGA, ou UAG. A cadea polipeptídica nacente é despois liberada do ribosoma. Nalgúns casos a nova cadea polipeptídica require un procesamento adicional para obter a proteína madura definitiva, que se chama [[modificación postraducional]]. O proceso de [[pregamento das proteínas|pregamento]] correcto é bastante complexo e pode requirir outras proteínas, chamadas [[chaperona]]s. Ocasionalmente, as proteínas poden sufrir un splicing; cando isto ocorre, a sección interna descartada denomínase [[inteína]].
 
=== Replicación do ADN ===
{{APArtigo principal|Replicación do ADN}}
Como paso final do dogma central, debe producirse a replicación do ADN para que se transmita fielmente a información xenética á proxenie de calquera célula ou organismo. A replicación lévana a cabo un grupo complexo de proteínas chamado [[replisoma]], que consta da [[helicase]] que desenrola a [[superhélice]] e a [[dobre hélice]] do ADN, e a [[ADN polimerase]] e as súas proteínas asociadas, o cal insire a nova cadea de ácido nucleico dun modo específico de secuencia. Este proceso ten lugar tipicamente durante a [[interfase|fase S]] do [[ciclo celular]].
 
Liña 61:
[[Ficheiro:Extended Central Dogma with Enzymes gl.png|dereita|miniatura|550px|Fluxos inusuais de información xenética en verde.]]
 
{{APArtigo principal|Transcrición inversa}}
A [[transcrición inversa]] ou reversotranscrición é a transferencia de información do ARN ao ADN (o contrario da transcrición normal). Isto ocorre nos [[retrovirus]], como o [[VIH]], e tamén en [[eukarya|eucariotaeucariotas]]s, no caso dos [[retrotransposón]]s e a síntese de [[telómero]]s. É o proceso por medio do cal a información xenética do ARN se ensambla nunha molécula de ADN nova.
 
=== Replicación do ARN ===
Liña 73:
 
=== Modificación postraducional ===
{{APArtigo principal|Modificación postraducional}}
A secuencia de aminoácidos dunha proteína pode ser modificada ("editada") despois da tradución pola acción de diversos [[encima]]s. Este é un caso de proteínas (eses encimas) que afectan á secuencia doutras proteínas, que non está explicitamente incluído no dogma central.
 
=== Inteínas ===
{{APArtigo principal|Inteína}}
Unha inteína é un segmento "parasito" (ou intercalado) dunha proteína que pode escindirse el mesmo da cadea de aminoácidos cando emerxe do ribosoma e unir (empalmar) as restantes porcións do péptido formando outra vez unha cadea proteica. Este é un caso dunha proteína que afecta á súa propia [[estrutura primaria das proteínas|estrutura primaria]] que era a que estaba codificada orixinalmente no xene de ADN. Ademais, a maioría das inteínas conteñen unha [[endonuclease homing]] ou [[dominio proteico|dominio]] HEG, que pode encontrar unha copia do xene parental que non contén a secuencia de nucleótidos da inteína. Cando se pon en contacto con esta copia sen inteína, o dominio HEG inicia o mecanismo de [[reparación do ADN|reparación de roturas na dobre hélice do ADN]]. Este proceso causa que a secuencia da inteína se copie desde o xene fonte orixinal a un xene sen inteína. Este é un exemplo de proteína que "edita" directamente unha secuencia de ADN, e incrementa a propagación herdable da secuencia.
 
=== Metilación ===
{{APArtigo principal|Epixenética}}
A variación na [[metilación do ADN]] fai que un ADN poida alterar os niveis da súa [[expresión xenética]] significativamente. A variación na metilación ocorre xeralmente pola acción de ADN [[metilase]]s. Cando o cambio é herdable, considérase [[epixenética|epixenético]]. Cando o cambio no estado da información non é herdable, dise que é un [[epitipo somático]]. Aquí, o contido de información efectivo cambiou por medio da acción dunha proteína ou proteínas sobre o ADN, pero a secuencia primaria do ADN non foi alterada.
 
=== Prións ===
{{APArtigo principal|Prión}}
Os [[prión]]s son proteínas que se "propagan" por si mesmas provocando cambios [[conformación das proteínas|conformacionais]] noutras moléculas do mesmo tipo de proteína. Este cambio afecta ao comportamento da proteína. Nos fungos este cambio pode ocorrer dunha xeración á seguinte, é dicir, é un cambio Proteína → Proteína. Aínda que isto representa unha transferencia de información, as interaccións do prión deixan a secuencia de proteína igual como estaba (só cambia a conformación), polo que tecnicamente non se considera unha excepción ao dogma central.
 
Liña 112:
Un [[dogma]] é unha crenza inamovible na que se cre sen probas, polo que non é apropiado o seu uso en ciencia, onde as [[hipótese]]s e [[teoría]]s dependen da carga da proba e con frecuencia hai que retocalas ou substituílas por outras. Na súa [[autobiografía]], ''What Mad Pursuit: A Personal View of Scientific Discovery'', Crick escribe sobre a súa elección da palabra dogma, lamentándose de tela usado, e dalgúns dos problemas que isto lle causou:
<blockquote>
"Chameille a esta idea dogma central por dúas razóns, sospeito. Xa utilizara a palabra obvia [[hipótese]] na [[hipótese da secuencia]], e ademais quería suxerir que esta nova asunción era máis central e máis poderosa. ... Como ao final resultou, o uso da palabra dogma causou case máis problemas do que valía a pena. Moitos anos máis tarde [[Jacques Monod]] sinaloume que eu non parecía comprender o correcto uso da palabra dogma, que é unha crenza ''que non se pode poñer en dúbida''. Eu comprendía isto dunha maneira vaga, pero como eu pensaba que ''todas'' as crenzas relixiosas non tiñan fundamento, usei a palabra na forma en que eu a entendía, e non como o resto do mundo o facía, e simplemente a apliquei a unha grande hipótese que, aínda que plausible, tiña pouco apoio experimental directo."
</blockquote>
 
Liña 127:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Splicing alternativo]]
* [[Código xenético]]
Liña 133:
* [[Barreira de Weismann]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.youtube.com/watch?v=J3HVVi2k2No Animation: The Central Dogma] - Vídeo de ''Nature''
* [http://sandwalk.blogspot.co.nz/2007/01/central-dogma-of-molecular-biology.html Discusión sobre os retos aos que se enfronta o dogma central]
* [http://scienceonthesquares.blogspot.com/2012/09/a-primer-for-molecular-biology.html Explicación do dogma central usando unha analoxía musical]
 
[[Categoría:Bioloxía molecular]]