Diferenzas entre revisións de «Diego Velázquez»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
(desenrolar ==> desenvolver)
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}})
== Obra ==
=== A rendición de Breda ===
{{APArtigo principal|A rendición de Breda}}
[[Ficheiro:Velázquez - de Breda o Las Lanzas (Museo del Prado, 1634-35).jpg|miniatura|300px|''[[A rendición de Breda]]'', (1635). ''307x367cm.'' Nesta obra atopou unha nova forma de captar a luz. Velázquez xa non empregou o modo «caravaggista» de iluminar os volumes con luz intensa e dirixida, como fixera na súa etapa sevillana. A técnica volveuse moi fluída.<ref name="Perez10">[[#PerezArte|Pérez Sánchez]], ''Velázquez y su arte'', pp. 37-38.</ref> Sobre a marcha modificou a composición varias veces borrando o que non lle gustaba con lixeiras superposicións de cor. Así as lanzas dos soldados españois engadíronse nunha fase posterior.<ref name=LR10/>]]
Este cadro da batalla de [[Breda]] estaba destinado a decorar o gran Salón de Reinos do Palacio do Bo Retiro, xunto con outros cadros de batallas de varios pintores. O Salón de Reinos concibiuse coa fin de exaltar á monarquía española e a [[Filipe IV de España|Filipe IV]].<ref name=Perez10/>
 
=== As Meninas ===
{{APArtigo principal|As Meninas}}
[[Ficheiro:Las Meninas 01.jpg|miniatura|300px|''[[As Meninas]]'', (1656). ''318x276cm.'' Este cadro é considerado o cumio da súa pintura. A súa luz fai sentir como verdadeiro o aire da habitación.<ref name="Perez13">[[#PerezEscuela|Pérez Sánchez]], ''Escuela espanola'', p. 118.</ref>]]
Velázquez atopábase, despois da súa segunda viaxe a Italia, en plena madureza vital e artística. En 1652 fora nomeado apousentador maior de palacio dispoñendo de pouco tempo para pintar, pero aínda así os escasos cadros que realizou nesta última etapa da súa vida considéranse excepcionais. En 1656 realizou ''As Meninas''.<ref name="csa">''[[#Calvo|Calvo Serraller]]''; Las Meninas de Velázquez; p. 9-30</ref><ref name="psa">[[#PerezSanchez|Pérez Sánchez]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 46-50</ref> Trátase dunha das obras máis famosas e controvertidas do noso tempo. Grazas a Palomino sabemos os nomes de case todos as personaxes. No centro aparece a infanta Margarita, asistida por dúas damas de honor, tamén coñecidas como ''meninas''. Na dereita están dúas personaxes da corte, que padecían [[ananismo]], [[Mari Bárbola|María Bárbara Asquín]] e [[Nicolasito Pertusato|Nicolás Pertusato]], este último dando un golpe a un [[can]] tumbado en primeiro plano. Detrás, en penumbra, aparecen unha dama de compañía e un [[garda de corps]], ó fondo, na porta, José Nieto, [[apousentador]] da raíña. Á esquerda pintando un gran lenzo que se ve por detrás, atópase Diego Velázquez. No espello adivíñanse os reis, [[Filipe IV de España|Filipe IV]] e a súa muller Mariana.<ref name="JB40">[[#BrownTecnica|Brown]], ''Velázquez. La técnica del genio'', pp. 181-194.</ref> Este cadro pintouse para ser colocado no despacho de verán do rei.<ref name=psa>[[#PerezCatalogo|Pérez Sánchez]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 46-50</ref>
 
=== A fábula de Aracne ===
{{APArtigo principal|A fábula de Aracne}}
 
Velázquez pintou ''A fábula de Aracne'' para un cliente particular, Pedro de Arce, que pertencía á corte real. No cadro represéntase o [[mito]] de [[Aracne]], una extraordinaria tecedora, que [[Ovidio]] describiu en ''[[Metamorfoses]]''. Segundo a lenda, desafiou a [[Minerva]] para demostrar que tecía coma unha deusa. O resultado foi un empate e concluíuse que o tapiz de Aracne era de igual calidade que o de Minerva. No primeiro plano vense á deusa e a Aracne tecendo os seus respectivos tapices. No fondo represéntase o momento posterior, colgados nas paredes os tapices rematados, cando se declaran de calidade equivalentes.<ref name="JB50">[[#BrownPintor|Brown]], ''Velázquez. Pintor y cortesano'', p. 252.</ref> O motivo representado no tapiz, o ''[[Europa (mitoloxía)|Rapto de Europa]]'', é unha nova homenaxe aos seus mestres Tiziano, autor del cadro, e Rubens, que pintou a copia que se atopaba no palacio real.
393.002

edicións