Cánnabis (droga): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 9:
Unha variedade manufacturada da marihuana é o [[haxix]] (que en árabe significa ''herba seca''), e que é a [[secreción]] resinosa da planta (a resina), normalmente secada e cortada en bloques de cor castaña bastante escura e levemente verdosa e do que tamén existe unha variedade líquida ou ''hash oil'' (aceite de haxix).
 
== Formas de consumo ==
A forma máis usual de consumo é en forma de cigarro leado á man: nestes casos úsanse directamente as follas ou os gromos, secos e desfeitos, ou ben a resina mesturada co tabaco louro. Outros métodos inclúen o uso de pipas comúns e de "narguiles" ou "cachimbas" (pipas de auga), para fumar o cánnabis mentres arrefría o fume, ou no caso dos "bongs", quitando o alcatrán ou as impurezas non desexadas.
 
Liña 16:
A [[posoloxía]] é variable, como é natural, e depende do xénero consumido e da persoa, aínda que algúns expertos{{cómpre referencia}} no seu consumo informan que non se rexistra [[intoxicación]] letal ningunha (nin sequera intoxicación aguda) por vía respiratoria. A intoxicación aguda por vía dixestiva require grandes cantidades do produto.
 
== Usos ==
Actualmente investíganse os usos médicos da marihuana para diversas enfermidades, o que xerou, de novo, certa polémica. Os seus defensores afirman{{cómpre referencia}} que hai evidencias segundo as cales é beneficiosa para eliminar as náuseas da [[quimioterapia]] e, no tratamento contra a [[sida]], o seu efecto estimulante do apetito axuda a combater a inapetencia. Tamén pode axudar a reducir a presión dos fluídos nos ollos asociados ao [[glaucoma]]. Hai numerosos estudios{{cómpre referencia}} que demostraron que pode axudar a reducir o medo e os tremores da [[esclerose múltiple]]. Outras visións más restritivas afirman que actualmente existen tratamentos e medicacións, sempre legais, para conseguir os mesmos efectos que se poidan lograr coa marihuana, se ben os críticos argumentan que esa maior eficiencia non foi probada nin contrastada pola comunidade científica.
 
== Efectos do consumo de cánnabis ==
{{APArtigo principal|Toxicidade do cánnabis}}
Os efectos da marihuana dependen da interrelación de diferentes factores, como as características da substancia e a forma en que se consuma ou as características persoais do consumidor (personalidade, peso, idade, estado de saúde e de ánimo, así como as experiencias pasadas). Tamén dependen das circunstancias nas cales se consume a droga (compañía, lugar, legalidade).
Liña 35:
Por outra banda, pode conducir a certa dependencia psicolóxica, entendendo por tal a dificultade para experimentar determinadas sensacións e facer fronte a certas esixencias cotiás se non se está baixo os efectos da substancia.
 
== Riscos ==
Os principais riscos do cánnabis están asociados aos efectos prexudiciais que podería chegar a xerar no sistema respiratorio cando é fumada. O fume da marihuana pode chegar a producir bronquite crónica, enfisema pulmonar e cancro de pulmón.