Curantes, A Estrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 12:
'''San Miguel de Curantes''' é unha parroquia que se localiza no concello da [[A Estrada|Estrada]]. Segundo o [[IGE]] en 2009 tiña unha poboación de 204 habitantes (114 mulleres e 90 homes), distribuída en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 448 persoas.
 
== Xeografía ==
O río Curantes, afluente do [[río Liñares|Liñares]], forma un espazo natural onde se atopan dúas fervenzas denominadas “Picho da Fervenza” e “Poza de Maimón”. Estes saltos de auga foron aproveitados para a instalación de muíños. O val nas ladeiras do monte de San Sebastián foi declarado de Interese Paisaxístico.
 
== Patrimonio ==
* Casa de Recarei.
* Cruceiro en Pousada.
* Muíño no picho de Curantes.
 
=== Hórreos ===
* Hórrea na casa de Xesús Reboredo en Curantes Vello.
* Hórrea da Pica en Curantes.
 
== Festas ==
Na Carballeira de Pousada celébrase a '''Romaría Interxeracional dos Pereiriños''', como homenaxe ao labor cultural e económico dos emigrantes que a principios do século XX crearon as Sociedades de Instrución para construír escolas en Galicia. A súa orixe remóntase a [[1916]] cando se fixo o primeiro certame escolar na carballeira co obxectivo de incentivar a asistencia dos nenos á escola; foi organizado polo [[Sindicato Agrario de Pardemarín]], con fondos dos emigrantes de América.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Curantes, A Estrada}}
<gallery>
Ficheiro:Busto de Ramón Verea, A Estrada.jpg|Busto de [[Ramón Verea]].
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Curantes ===
{{Lp Curantes}}
=== Parroquias da Estrada ===
{{A Estrada}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares da Estrada]]
 
[[Categoría:Parroquias da Estrada]]