Crecente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 75:
{{Hab info| 5.247 | 5.317| 5.584 |4.432| 2.756|2.540| 2.533 }}
 
== Xeografía ==
Limita cos concellos de [[Arbo]] e [[A Cañiza]] ([[provincia de Pontevedra]]); [[Melón]], [[A Arnoia|Arnoia]], [[Cortegada]], [[Pontedeva]] e [[Padrenda]] ([[provincia de Ourense]]) e fai fronteira con [[Portugal]], separado polo [[río Miño]]. Ten 57,1 km².
 
Cara ao norte está formado por unha zona montañosa, e cara ao sur está formado por un grupo de vales profundos, dirixidos cara ao río Miño, que o separa de Ourense e Portugal.
 
== Historia ==
No límite co concello de Arbo atópanse uns [[petróglifo]]s no monte, e nos lindeiros coa provincia de Ourense un [[mámoa|túmulo megalítico]].
 
Liña 89:
O rei [[Fernando IV de España]] outorgou a [[Fernando Yáñez]] o señorío de Crecente. Durante a [[idade moderna]], xa en [[1642]], o rei [[Filipe IV de España]] concedeu o título de conde de Crecente a Baltasar de Soutomaior por intercesión dun familiar seu na corte de Madrid. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa Crecente volveu ó ambiente militar, coa refortificación de Fornelos e varios outeiros para impedir ataques e lanzar ofensivas ó país veciño, aínda que estivo lonxe dos grandes conflitos bélicos desta guerra, que sucedían en [[Salvaterra de Miño]].
 
== Natureza ==
O entorno natural de Crecente está demarcado polos diversos vales, destacando á vista o encoro do río Frieira. Desde o [[monte de Chan de Moeiras]], en Filgueira, hai unhas boas vistas panorámicas dos meandros do Miño, desde [[Meréns, Cortegada|Meréns]] ata [[Cortegada]].
 
== Patrimonio ==
O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.
 
Liña 101:
A capela da Virxe do Camiño, de estilo románico tardío, sitúase nunha antiga ruta do [[camiño de Santiago]], e conta cun cruceiro ornamental. Na capela de Fátima, no Couto da Cruz, venérase a primeira imaxe existente en España vinculada á [[Virxe de Fátima]], traída a ombreiros dende Portugal.
 
== Alcaldes ==
* [[Julio César García-Luengo Montero]] [[AP]] (1979-1987) [[PP]] (1987-2007) (1979-2007).
* [[Julio César García-Luengo Pérez]] [[PP]] (2007-2014).
* Marisol Gómez Domínguez PP (2014-actualidade).
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Crecente}}
<gallery>
Ficheiro:Iglesia-Cruceiro.JPG|Igrexa de [[Filgueira, Crecente]]
Ficheiro:Crecente, Crecente, Crecente.JPG|Crecente.</gallery>
 
== Parroquias ==
{{Crecente}}
 
== Lugares de Crecente ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Crecente vexa: [[Lugares de Crecente]].
 
== Notas ==
{{referencias}}