Comercio internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 88.5.131.87 (conversa); cambiado á última versión feita por Invadibot
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 12:
Galiza exporta logo o 8,2% das vendas totais de [[España]] fóra das súas fronteiras, que en 2011 ascendeu a 214.485 millóns de euros, mais tamén importa o 5,4% do total estatal, o que sitúa ao país galego en sexto lugar, tamén en importacións, con 14.029 millóns de euros<ref>http://www.laopinioncoruna.es/economia/2012/02/22/galicia-bate-record-exportaciones-cierra-2011-mayor-superavit-espana/582833.html</ref>.
 
O que máis exporta Galiza (datos de 2011-2012) son bens relacionados cos automóbiles (21,9%), téxtiles (21,84%), pesca (10,4%), produtos enerxéticos (4,3%), materias primas animais e vexetais (3,89%), e material de transporte. O que máis importa son produtos enerxéticos (30%), equipamento (8,37%), e téxtiles (11%). O 77,18% expórtase a outros países europeos, supondo a [[Unión Europea]] o 72%, especialmente [[Francia]] (27%), [[Portugal]] (14%), [[Italia]] (8%), [[Alemaña]] (4,9%) e [[Reino Unido]] (4,2%). Outros países son Marrocos (2,9%), Alxeria (2,6%), Estados Unidos (2,5%), Países Baixos (2,10%) e Turquía (1,81%).
 
Á súa vez Galiza importa principalmente de Francia (17%), Portugal (12%), Alemaña (5%), Rusia (4,89%), México (4,49%), Estados Unidos (4,44%), Libia (3,91%), China (3,71%), Italia ou Nixeria<ref>http://galicia.comercio.es/icex/cma/contentTypes/common/records/mostrarDocumento/?doc=4599916</ref>.
 
== Modelos do comercio internacional ==
As diferentes teorías que explican o proceso de funcionamento do comercio internacional, tratan de atopar cales son as causas deste comercio, por que comercian os países e estudan os efectos do comercio internacional sobre a produción e o consumo dos países.<ref name=ice858> {{cita publicación | apelidos= González Blanco |nome= Raquel|autor= ||enlaceautor= ||ano= 2011 |data= |mes= |título=''Diferentes teorías del comercio internacional'' |títulotrad= |url= http://www.revistasice.com/CachePDF/ICE_858_103-118__9F7A85DC90A777675E3E806341418974.pdf |serie= |publicación= Información Comercial Española, Revista de economía|volume= |número=858 |páxina= |páxinas=103-117 |en= |sinpp= |ubicación= |lugar-publicación= |editorial= Secretaría de Estado de Comercio Exterior, Gobierno de España|data-publicación= |apelidos-editor= |apelidos-editor2=, ..., |apelldos-editor4= |nome-editor= |nome-editor2=, |nome-editor3= |ligazón-editor= |ligazón -editor2= |ligazón -editor3= |outros= |idioma= |formato= |issn= |pmid= |pmc= |oclc= |doi= |id= |dataacceso= |anoacceso= |mesacceso= |urlarquivo= |dataarquivo= |resumo= |dataresumo= |fonteresumo= |cita= |ref= |separador= |ampersand= |número-autores= }} </ref>
=== Teorías tradicionais ===
Liña 23:
 
==== Modelo de David Ricardo. Teoría da vantaxe comparativa ====
{{APArtigo principal|Vantaxe comparativa|Economía ricardiana}}
Esta teoría supón unha evolución a respecto da teoría de Adam Smith; para [[David Ricardo]], o decisivo non son os custos absolutos de produción, senón os custos relativos, resultado da comparación cos outros países. De acordo con esta teoría un país sempre obtería vantaxes do comercio internacional, aínda cando os seus custos de produción fosen máis elevados para todo tipo de produtos fabricado, porque este país tenderá a se especializar naquela produción na que comparativamente fose máis eficiente.
 
==== Modelo Heckscher-Ohlin ====
{{APArtigo principal|Modelo Heckscher-Ohlin}}
Este modelo parte da teoría de David Ricardo da vantaxe comparativa e afirma que os países se especializan na exportación dos bens que requiren grandes cantidades dos factores de produción nos que son comparativamente máis abundantes; e que tende a importar aqueles bens que utilizan factores de produción nos que son máis escasos....
 
=== A nova teoría do comercio internacional e a política comercial estratéxica ===
{{VT|Paradoxo de Leontief|Modelo Brander–Spencer}}
O sustento básico das teorías antes expostas era a existencia de [[competencia perfecta]], que permitía, pola vía do [[libre comercio]], aumentar o benestar dos países. A finais dos [[anos 1970]] e principios da [[década de 1980]], xurdiron algúns economistas como [[Paul Krugman]], [[Avinash Dixit]], [[James Brander]] e [[Barbara J. Spencer]] que esbozaron unhas novas elaboracións teóricas fundadas na existencia de [[fallo de mercado|fallos de mercado]] que puñan en cuestión, non en todos os casos, a teoría clásica do comercio internacional de que os intercambios internacionais se fundamentan exclusivamente na teoría da vantaxe comparativa e que a defensa baixo calquera circunstancia do libre comercio e, da non intervención estatal nesta área económica puidese non ser a práctica óptima. En palabras de Krugman: ''a reconsideración da base analítica da política comercial é unha resposta ao cambio real ocorrido no ambiente e ao progreso intelectual logrado no eido da economía''.
 
Estas novas teorías utilizan as ferramentas da teoría económica e mais da formalización matemática e supoñen unha crítica de maior profundidade ás teorías neoclásicas que as provenientes doutros eidos da economía como a socioloxía ou a estrutura económica. Así mesmo, tratan de responder a dúas cuestións: a primeira é por que se comercia e a segunda, como debe ser a política segundo estas novas explicacións.<ref>Steimberg, F. (2004) ''La nueva teoría del comercio internacional y la política comercial estratégica''.</ref>
Liña 73:
 
=== Termos internacionais do comercio (Incoterms) ===
{{APArtigo principal|Incoterms}}
A Comisión de Prácticas Comerciais da [[Cámara de Comercio Internacional]] desenvolveu o que se chamou ''Incoterms'', [[acrónimo]] procedente da expresión inglesa ''International Commercial Terms''. Pretendíase con isto que, con independencia da nacionalidade das partes ou do lugar xeográfico do seu uso, os implicados puidesen en todo momento saber cales eran cadanseus dereitos e obrigas nun contrato determinado.
 
Liña 114:
 
== A balanza de pagamentos ==
{{APArtigo principal|balanza de pagamentos}}
 
A balanza de pagamentos é o instrumento contábel que informa das transaccións exteriores dun país. Defínese coma o documento contábel que rexistra sistematicamente o importe, de todas as operacións comerciais e financeiras que teñen lugar durante un certo período de tempo entre os residentes do país e os do resto do mundo.