Diferenzas entre revisións de «Coca-Cola»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
}}
[[Ficheiro:Coca-Cola.JPG|miniatura|dereita|]]
'''Coca-Cola''' é a marca rexistrada en [[1886]], nos [[Estados Unidos de América]], dunha [[bebida de cola ]] gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en [[1960]]. Nos países anglosaxóns recibe a denominación popular de ''Coke''.
 
== Historia e características ==
A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "''contour bottle''" dentro da compañía, foi creada en [[1915]] polo deseñador de botellas [[Earl R. Dean]]. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...''unha botella que unha persoa poidera recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicir de que era con só unha ollada''...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun [[coco]] con forma de [[cabaza]] que ollaron na [[Encyclopedia Britannica]], e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en [[1916]], e, en [[1920]], era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo.
 
== Coca-Cola en Galiza ==
{{APArtigo principal|Begano}}
[[FileFicheiro:Begano SA coca cola A Coruña.jpg|miniatura|esquerda|Begano, A Coruña]]
BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos [[Andrés Fernández-Albalat Lois]] e [[Antonio Tenreiro]] en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, [[Sprite]], [[Fanta]], Nordic Mist, Schuss, [[Nestea]], [[Aquarius]], Powerade, Burn, [[Minute Maid]], [[Aquabona]] e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
 
En maio de 2012, Cobega a embotelladora de Coca-Cola en Cataluña, mercou o 60% de Begano. Actualmente Begano está a traballar para trasladar a fábrica ao concello de [[Oza-Cesuras]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/05/25/embotelladora-catalana-coca-cola-adquiere-60-begano/0003_201205G25P37991.htm La embotelladora catalana de Coca-Cola adquiere el 60 % de Begano. La Voz de Galicia]</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
393.002

edicións