Diferenzas entre revisións de «Catoira»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
'''Catoira''' é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[Comarca de Caldas]]. Segundo o padrón municipal ([[INE]] [[2013]]) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|catoirense}}».
 
== Poboación ==
{| {{Táboabonita}}
|-----
{{Hab info|1.916|2.507|2.827|3.583|3.510|3.473 |3.489|3.484|3.421}}
 
== Xeografía ==
O concello, de 29,1 km², abrangue catro parroquias. Limita ao noroeste co [[río Ulla]] xa na desembocadura na [[ría de Arousa]], ao nordeste con [[Valga]], ao sueste con [[Caldas de Reis]] e ao suroeste con [[Vilagarcía de Arousa]].
 
O punto de maior altitude é no [[monte Xiabre]] (641 m), no límite con Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis. Está comunicada con [[Pontecesures]] e [[Vilagarcía de Arousa]] a través da [[PO-550]], e co [[Península do Barbanza|Barbanza]] (na [[provincia da Coruña]]) a través dunha ponte. Na [[estación de Catoira]] fan parada algúns trens da liña [[Vigo]]-[[A Coruña]].
 
== Historia ==
O [[Monte das Mámoas]] é un conxunto de dúas [[mámoa]]s do [[neolítico]], situadas na parroquia de [[Oeste, Catoira|Santa Baia de Oeste]], descubertas en [[1956]] por [[Ramón Sobrino Buhigas]]. Teñen uns 22 metros de diámetro cada unha, e están orientadas en dirección N-S. No lugar de Cores (de Abalo) foi atopada en 1988 unha hacha do [[calcolítico]]., feita con rocha metamórfica puída.
 
A zona sufriu as [[viquingos en Galicia|invasións normandas]], tendo lugar os principais ataques nos anos 858, 968 e 1016. No segundo deles unha escuadra de cen naves desembarcou en Cabreira dirixíndose cara a [[Iria Flavia]]. Na batalla de Fornelos, á beira do río Louro, na que faleceu o [[arquidiocese de Santiago de Compostela|bispo compostelán]] [[Sisnando]].
 
O rei [[Afonso V o Nobre]] doou a illa de Oneste no ano [[1024]] ó [[diocese de Iria Flavia|bispo iriense]] [[Vistruario]] para construír unha fortaleza, as [[Torres do Oeste]], co fin de facer fronte aos ataques viquingos. O bispo de Iria [[Cresconio]] reformou a fortaleza e mandou tender unha grosa cadea entre as dúas beiras da ría para impedir o paso das naves. Os sucesores de Cresconio, [[Diego Páez]] e [[Diego Xelmírez]], seguiron mellorando o recinto, que tomou a súa estrutura definitiva no [[século XII]], quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos.
 
Xelmírez mandou construír unha capela adicada ao [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]]. A partir do [[século XV]],a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano [[1525]] gran parte das construcións foron destruídas.
 
== Turismo ==
A [[Romaría Vikinga de Catoira]], celebrada o primeiro domingo de agosto, está declarada de [[Festas de Interese Turístico de Galicia|festa de interese turístico internacional]]. No segundo domingo de xullo celébrase a festa de San Antón de Padua, no marco da cal ten lugar a [[festa da solla de Catoira]].
 
O concello está irmandado coa vila [[Dinamarca|dinamarquesa]] de [[Frederikssund]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Catoira}}
 
<gallery>
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.catoira.es/ Web oficial do Concello de Catoira]
* [http://www.catoira.net/ Web da Sociedade de Santo Antonio]. Contén información sobre historia, xeografía, arqueoloxía, festas...
* [http://www.ateneovikingo.com/ Ateneo Vikingo]
* [http://www.vikinga.es/ Web oficial da Romaría Vikinga]
* [http://www.astorres.com/ Web do clube de piragüismo].
 
{{ConcellosCaldas}}
393.002

edicións