Curuxa común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
Liña 36:
 
== Distribución xeográfica ==
Viven nas áreas de clima temperado, subtropical e tropical de [[África]], [[Europa]], suroeste e sur de [[Asia]], [[Australia]], [[Sudamérica]] e [[Norteamérica]]. É unha das aves de distribución máis ampla, faltando só en boa parte de Asia, [[Nova Zelandia]] e o [[Sahara]]. No continente europeo chegan polo norte ata [[Escocia]] e [[Dinamarca]] e polo leste ata [[Ucraína]]. O seu límite norte son os territorios cunha temperatura media invernal de entre 6 e 8 graos.
 
== Hábitat ==
Liña 69:
* '''Curuxa centroeuropea''' (''T. a. guttata''), do centro e sueste do continente europeo, dende o sur de [[Escandinavia]] ata [[Turquía]]. A parte ventral é castaña amarelada, a cara é algo máis escura que na variedade mediterránea.
* '''Curuxa de [[Córsega]] e [[Sardeña]]''' (''T. a. ernesti''), unha forma presente nestas dúas illas mediterráneas. A parte inferior é branca, a superior é moi clara e a cara e a parte inferior das ás brancas de neve. Teñen una mancha avermellada diante os ollos.
* '''Curuxa árabe''' (''T. a. erlangeri'') do sudoestesuroeste de Asia, [[Chipre]], península de Arabia, [[Irán]] e [[Iraq]], coa parte inferior branca, cruzada ás veces por puntos castaños escuros. Teñen as ás claras e as plumas da cola teñen faixas da cor da cinza e unha terminación gris marmórea.
* '''Curuxa africana''' (''T. a. affinis''), espallada por toda África agás o [[Sáhara]] e as selvas chuviosas do centro do continente. A plumaxe da parte inferior do corpo e branca nos machos, ocre nas femias, con manchas amarelas ferruxentas. As partes superior e lateral teñen un debuxo de puntos e liñas castaños escuros.
* '''Curuxa de Madagascar''' (''T. a. hypermetra'') de [[Madagascar]], as illas [[Comores]] e o [[atol]] de [[Aldabra]]. Meirande cá forma africana e de cores semellantes.
Liña 77:
* '''Curuxa de São Tomé''' (''T. a. thomensis''), indíxena da illa de [[São Tomé]] no [[golfo de Guiné]]. Ten a parte superior do corpo moi escura, ás veces case negra, con manchas brancas e negras. A cara e castaña, a parte inferior do corpo marrón dourada con manchas grandes ou pequenas.
* '''Curuxa da India''' (''T. a. stertens'') de parte da India, [[Sri Lanka]], [[Assam]] e norte de [[Myanmar]]. Ten a parte superior do corpo gris mate e amarela acastañada, con puntos finos brancos e negros. A plumaxe da parte inferior vai do branco ó amarelo acastañado, con moitos puntos pequeniños.
* '''Curuxa xavanesa''' (''T. a. javanica''), á súa área de distribución é contigua á da anterior, superpoñéndose as súas beiras respectivas. Vive no sueste de Asia e en [[Indonesia]]. Semellante á ''curuxa india'', pero máis escura e con manchas máis abundantes e intensas.
* '''Curuxa de Andamán''' (''T. a. deroepstorffi'') vive só nas illas [[Andamán]]. Caracterízase polos dedos fortes e longos e polas grandes manchas de cor castaña ferruxenta que marcan a plumaxe gris da parte superior do corpo. É a forma máis escura das formas insulares. A parte inferior do corpo é de cor ocre clara con puntos castaños escuros.
* '''Curuxa de Kisar''' (''T. a. kuehni''), só presente na illa de [[Kisar]] do [[arquipélago da Sonda]]. Semellante de color á forma da India, por riba a plumaxe é amarela ocre con puntos negros anchos. Por debaixo ten manchas e barras acastañadas.
* '''Curuxa de Savu''' (''T. a. everetti''), endémica da pequena illa de [[Savu]], situada ó oeste de [[Timor]]. Algo máis pequena cá anterior, co bico máis fino e os dedos non tan longos.
* '''Curuxa de Sumba''' (''T. a. sumbaensis'') da illa do mesmo nome, de plumaxe ventral branca e coas plumas da cola descoloridas, case brancas.
* '''Curuxa de Nova Guiné''' (''T. a. meeki''), presente sobre todo nas partes norte é oeste de [[Nova Guinea]]. A plumaxe da parte inferior do corpo vai do branco ó branco prateado, a da superior e a da cola son moi claras.
* '''Curuxa de Australia''' (''T. a. delicatula''), en toda [[Australia]], [[Tasmania]] e algunhas illas próximas. Branca por embaixo e gris con tons castaños por enriba.
* '''Curuxa de Boang''' (''T. a. crassirostris'') da illa de [[Boang]] no [[arquipélago de Bismarck]]. Semellante á forma australiana, pero co bico e as gadoupas máis fortes e a plumaxe algo máis escura.
Liña 88:
* '''Curuxa de Samoa''' (''T. a. lulu'') de [[Samoa]], illas da Sociedade, [[Tonga]], [[Nova Caledonia]], sur das [[Novas Hébridas]] e a illa de [[Layauté]]. Máis pequena cá forma australiana e cunha mancha negra co centro branco en cada unha das plumas do lombo.
* '''Curuxa norteamericana''' (''T. a. pratincola''), vive principalmente no sur dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o norte de [[Mexico]]. Moi grande, con ás que miden ata 37 cm e unha lonxitude total de case 43. A parte superior do corpo ten cores alaranxadas, ás veces con marcas grises. por debaixo a coloración varía entre o branco e o alaranxado claro con manchas escuras moi marcadas.
* '''Curuxa de Guatemala''' (''T. a. guatemalae'') do oeste de [[Guatemala]], [[O Salvador]], oeste de [Nicaragua]] e [[Panamá]]. Máis escura cá forma americana pero con debuxos semellantes
* '''Curuxa de Cuba''' (''T. a. furcata''), propia das illas do [[mar Caribe|Caribe]]. Case totalmente branca coa parte superior máis alaranxada. A cola, branca, ten ás veces bandas e, ocasionalmente, manchas na parte inferior.
* '''Curuxa das Indias occidentais''' (''T. a. glaucops'') da illa da [[Tartaruga]] e o leste de [[Haití]]. Tamén branca, cun debuxo en zigzag na parte inferior e a cara gris.
* '''Curuxa das Bahamas''' (''T. a. lucyana'') das [[Bahamas]], semellante á forma norteamericana, agás polas puntas das plumas que teñen puntos tirando a negros.
* '''Curuxa antillana''' (''T. a. insularis'') das [[Pequenas Antillas]]. Relativamente pequena e escura, con manchas oceladas na parte inferior e un "garabato" branco na superior.
* '''Curuxa da Dominica''' (''T. a. nigrescens'') da illa [[Dominica]], moi semellante á anterior, pero sen as manchas en forma de ollos da parte inferior.
Liña 97:
* '''Curuxa das Galápagos''' (''T. a. punctatissima'') moi semellante de cores á curuxa da illa Dominica. Cun tamaño de só 230 mm é unha das variedades máis pequenas. Castaña mate moi escura con manchas brancas. Na illa de [[Illa Santa Cruz, Galápagos|Santa Cruz]] do arquipélago das [[Galápagos]] cría en túneles de [[lava]] no chan .
* '''Curuxa peruana''' (''T. a. contempta'') de [[Perú]], [[Ecuador]], [[Venezuela]] e [[Colombia]]. Coa parte superior do corpo de gris a castaña escura con manchas grises e a inferior marrón clara con manchas castañas irregulares en forma de cruz. A cara e castaña pálida.
* '''Curuxa colombianae''' (''T. a. subandeana'') dalgunhas rexións de Colombia e Ecuador. Imita a anterior pero as manchas ventrais son menos evidentes.
* '''Curuxa do Brasil''' (''T. a. tuidara'') vive dende a rexión amazónica ata o sur da [[Patagonia]]. Semellante á variedade centroerurpea, pero coas patas máis longas.
* '''Curuxa da Guiana''' (''T. a. hellmayri'') de [[Suriname]], [[Güiana]], a [[Güiana francesa]] e o norte do Brasil. Por embaixo é branca cun zarriscado negro. Algúns exemplares teñen a barriga amarela ferruxenta. O debuxo imita moito ó da anterior.
* '''Curuxa de Chile''' (''T. a. hauchecornei'') vive en [[Chile]] e é moi semellante ás outras razas sudamericanas.
Liña 107:
=== Reprodución ===
[[Ficheiro: Young_barn_owl_(Tyto_alba_pratincola).jpg|miniatura|200px|Cría femia de curuxa de 30 días de idade]]
Os niños en localizacións naturais non son habituais en moitas partes de Europa, onde as curuxas crían en edificios, graneiros ou ruínas. Poñen, separados por uns dous día de distancia, entre tres e doce [[Ovo (bioloxía)|ovoovos]]s. Chocan as femias soas durante uns 30 días. A incubación comeza cando poñen o primeiro ovo, o que provoca que os polos saian do ovo con días de separación. Ata que os polos teñen unhas tres semanas o macho ocúpase en solitario de traer comida ó niño. Os polos poden comezar a voar ós dous meses, cambiando a penuxe directamente nas plumas propias do adulto.
A dependencia que a reprodución ten da abundancia de alimento fai que nalgunhas rexións poidan pasar anos con taxas de reprodución baixas, pero tamén que na mesma estación una femia faga ata tres niñadas.
Liña 126:
 
== O home e a curuxa ==
Coma outras aves de rapina nocturnas, pero especialmente no seu caso por ser unha seguidora da agricultura a curuxa está asociada con moitas [[superstición]]s. En moitas rexións o seu berro considérase desavogoso e anuncio dunha morte próxima.
{{cita|''Hai bestas e paxaros de antigo carácter augural que en Galiza, como en case todas partes, anuncian a morte.'' [...] ''a curuxa que canta preto da casa, ou que vén pousar no tellado''|V. Risco: "Etnografía: cultura espiritual", en ''Historia de Galiza''. Ed. Nós, Bos Aires 1962, I, 416.}}
Cravábanse curuxas enriba das portas para protexer as casas do lóstrego e as desgrazas. Pola contra, noutras zonas o seu papel coma cazadora de ratos fixo que se lle facilitaran furados axeitados en edificios para que puideran criar.
 
== A curuxa na cultura popular galega ==
Liña 138:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* John A. Burton (Hrsg.): ''Eulen der Welt - Entwicklung - Körperbau - Lebensweise.'' Neumann-Neudamm, Melsungen 1986. ISBN 3-7888-0495-5
* Jochen Hölzinger (Hrsg.): ''Die Vögel Baden-Württembergs.'' Gefährdung und Schutz. Bd 1.2. Ulmer, Stuttgart 1987, S.1054-1069. ISBN 3-8001-3440-3
* Hanns Bächtold-Stäubli, Eduard Hoffmann-Krayer (Hrsg.): ''Handwörterbuch des deutschen Aberglaubens.'' Bd 2. Stichwort ''Eule''. Walter de Gruyter, Berlin 1927, 1987 (Repr). ISBN 3-11-011194-2
* Theodor Mebs: ''Eulen und Käuze. Alle europäischen Eulen und Käuze.'' Franckh, Stuttgart 1987, S.68-73. ISBN 3-440-05708-9
* Theodor Mebs, Wolfgang Scherzinger: ''Die Eulen Europas.'' Franckh, Stuttgart 2000. ISBN 3-440-07069-7
* Wolfgang Schneider, Siegfried Eck: ''Schleiereulen.'' Neue Brehm-Bücherei. Bd 340. Westarp, Magdeburg 1977, Spektrum Verlag Heidelberg 1995. ISBN 3-89432-468-6
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Tyto alba}}
* [http://www.egeeulen.de/inhalt/eulenarten/schleiereule.php A curuxa na ''Sociedade para a protección das rapaces nocturnas''] (Alemán)
* [http://www.owlpages.com/species/tyto/alba/Default.htm A curuxa en owlpages.com] (Inglés)
* [http://ibc.hbw.com/ibc/phtml/especie.phtml?idEspecie=2555 Videos sobre a curuxa na Internet Bird Collection]