Castelo de Doiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 5:
O '''castelo de Doiras''', tamén coñecido como '''Castelo da Ferrería''', é unha fortificación [[Idade Media|medieval]]. Sitúase no alto dun risco á beira do [[río Cancelada]], no lugar de [[Doiras, Vilarello, Cervantes|Doiras]], na parroquia de [[Vilarello, Cervantes|Vilarello]], do concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Cervantes]], preto da Ferrería de Fonquente.
 
== Descrición ==
Está situado a 700 metros de [[altitude]] dominando o [[río Cervantes]], na desembocadura do [[río Doiras|Doiras]], e é posiblemente o monumento máis coñecido e característico da [[serra dos Ancares]]. Estrutúrase nun polígono rectangular de 25 por 21 metros de ancho elaborado con muros de metro e medio de espesor e oito metros de altura. O altor é desigual, debido ós desniveis do terreo. A torre da homenaxe acada os 14 metros de altura, e ten planta rectangular (10 metros por 8) con muros de 2 metros de espesor.
Segundo [[Ángel del Castillo]] semella obra da segunda metade do [[século XV]]. Está construído en [[cachotaría]] de [[lousa]].
Liña 11:
Unha porta cun [[arco (arquitectura)|arco de medio punto]] permite o acceso ao patio de honra. A [[torre da homenaxe]] levántase cunha altura de 16 metros.
 
== Estado de conservación ==
A pesar de que a primeira vista poida parecer nun óptimo estado de conservación, polo impresionante das estruturas visibles, foi sometido en tempos recentes a diversas restauracións de dubidoso criterio científico e o seu interior atópase nun estado lamentable, ata o punto de que aparece lixo acumulado nalgunhas zonas.
 
== Lendas ==
Conta a lenda que deste castelo desapareceu a princesa máis nova, a fermosa Aldara. Os seus familiares buscárona e pensaron que morrera. Co paso do tempo, un irmán da princesa, Egas, tentando cazar unha [[pita do monte]] viu pasar diante del unha [[cervo|cerva]] branca á que deu morte dun frechazo. Como non podía coa peza cortoulle unha das patas e levouna consigo. Cando chegou e descubriu o que levaba apareceu unha man de doncela, e nun dous seus dedos o anel de Aldara. No lugar onde deixara a peza atoparon o corpo da princesa desaparecida.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes do Castelo de Doiras}}
<gallery>
FiCheiro:Castelo de Doiras, Cervantes, Galiza.jpg
Liña 25:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Castelo (fortificación)|Castelo]]
 
{{Castelos de Galicia}}